Conta online sen comisións
1 / 6
Escala numérica, na que 1/6 é o indicador de menor risco e 6/6, de maior risco
FONDO DE GARANTÍA
ABANCA está adscrita ao Fondo de Garantía de Depósitos de entidades de crédito. O Fondo garante ata un máximo de 100.000 euros por depositante e entidade de crédito.
Unha conta que te axuda a medrar, sobes?
En ABANCA queremos darche o impulso que necesitas para chegar ao máis alto. Por iso, se domicilias a túa nómina durante 24 meses dámosche ata 370€ brutos e ademais remunerámosche o 2% TAE para saldos de ata 15.000€ durante o primeiro ano, co que poderías obter outros 300€ brutos. E, se tes entre 18 e 34 anos, temos outra oferta para ti.
Como podo beneficiarme desta oferta
-
Trae a túa nómina
Poderás conseguir ata 370€ pola túa nómina ou pensión se é igual ou superior a 1200€. Se é inferior (entre 800€ e 1200€), podes levar 185€ brutos.
-
Alta online en 10 minutos
Só necesitas ter a man o teu móbil e o teu DNI ou NIE con foto. Identificarémoste mediante un vídeo selfie, así que necesitas ter a cámara do teu smartphone activada.
-
Rendibilidade
Por traer a túa nómina, remunerámosche o teu saldo en conta cun 2% TAE durante o primeiro ano, para saldos ata 15.000€. Aforra sen darte conta e co teu diñeiro sempre dispoñible.
Unha conta online con todo o que precisas
A conta Online Clara é un pack que integra todos los productos ABANCA que vas necesitar:
-
Bizum, Apple Pay, Google Pay…
-
Tarxeta de débito, 0€, sen comisión de emisión nin mantemento.
-
Tarxeta de crédito, sen custo1 o primeiro ano, sen comisión de emisión.
-
App e online banking, sen custo.
-
Servicio de cambio de conta.
-
Tarifa Plana Seguros, para fraccionar sen custe os teus seguros (0% TAE).
Esta conta online admite ata dous titulares. E cada cliente pode ter un máximo de dúas Contas Onlie Clara en ABANCA.
-
Todas as operacións desde o móbil
Sabemos que o teu tempo vale moito, por iso a Conta Online Clara ten unha xestión 100% online. Coa nosa app poderás realizar todas as xestións do día a día desde o teu móbil:
-
Facer transferencias ou traspasos.
-
Recibir alertas cando che ingresen a nómina ou teñas outros movementos na túa conta.
-
Pagar recibos só con facerlles fotos coa cámara do móbil.
-
Activares e desactivares as tarxetas e outras opcións.
-
Crear tarxetas virtuais para non dar os teus datos reais cando compres por internet.
-
Enviar ou retirar diñeiro dun caixeiro en efectivo, a débito sen necesidade de tarxeta, so co teu móbil! e ABANCA Cash.
-
Bizum para enviares diñeiro de móbil a móbil, gratis e instantáneo, e tamén para realizar pagamentos en Internet.
-
Traslada tus recibos en un clic
Sen grandes trámites ou xestións, e 100% online. Poñemos á túa disposición un servizo dixital de cambio de recibos para que unha vez que teñas a túa nova Conta Online Clara poidas traer a ABANCA os recibos que teñas domiciliados noutro banco de forma gratuíta. Ti decides cales queres mover e cales non.
-
Un banco dixital con 900 oficinas? Ti mandas
Se nos necesitas, podes falar con nós. Somos 8000 persoas traballando para ti.
- Máis de 900 oficinas á túa disposición.
- Podemos asignarche un xestor especialista para axudarte a resolver as túas dúbidas.
Ata un 15% nos teus seguros2
Devolvémosche o 15% da prima anual do primeiro ano do Seguro de Vida, Accidentes, Coche, Fogar ou Saúde, nunha tarxeta regalo… Só por ser novo cliente e contratar o teu seguro ABANCA coa Tarifa Plana Seguros antes do 31 de decembro.
Descubre os seguros ABANCA e goza da túa tarxeta regalo.
Condicións e exemplos representativos desta Conta Online sen comisións e a súa remuneración
Incentivo de 300€ netos, que son 370€ brutos, ata o 31 de xullo de 2024 para novas domiciliacións de nómina ou pensión cun importe mínimo 1200€/mes, se a túa nómina está entre 800€ e 1200€ o incentivo será de 150€ netos que son 185€ brutos. Deberás mantela durante 24 meses e asinar o compromiso de permanencia. Rendemento de capital mobiliario dinerario suxeito a retención. Non acumulable a outras campañas de nómina. Non se aplicará a promoción a clientes que xa tivesen a súa nómina ou pensión domiciliada en ABANCA nalgún momento dos últimos 12 meses. No caso de incumprir o requisito de permanencia, deberás reembolsarnos a parte proporcional do incentivo bruto aos meses que resten para alcanzar a permanencia de 24 meses.
Remuneración da conta online Clara para novos clientes domiciliando unha nova nómina ou pensión dun importe mínimo de 800€. A remuneración será TXN 2% TAE 2% durante o primeiro ano, a contar desde o día 1 do mes seguinte á data de contratación da conta, para saldos de ata 15.000€. Liquidación mensual de xuros. Exemplo representativo para un saldo de 15.000€: TXN: 2% TAE: 2% Xuros brutos liquidados no ano: 300€. Remuneración dos saldos a partir do segundo ano: TIN 0% TAE 0%. Válida para contas abertas a partir do 23/03/2023.
Para poder contratar a Conta Online Clara só tes que ser maior de idade, vivir en España e non ser cliente de ABANCA. Unha vez contratada a Conta Online Clara, se queres gozar de todas as vantaxes da conta debes estar ao día cos teus pagos se tes algún préstamo, crédito ou calquera outro produto con ABANCA. Ademais, como se trata dunha conta para clientes dixitais, tes que realizar as túas operacións habituais a través da túa app ou banca electrónica.
Se vemos que vas ás nosas oficinas para realizar operacións en ventanilla como ingresos ou reintegros de menos de 600€ (que podes facer desde moitos dos nosos caixeiros) ou transferencias e traspasos (que podes facer gratis desde a túa app), durante dous meses seguidos a túa Conta Online Clara pasaría a ter as condicións dunha conta corrente normal, que si que ten comisións de administración e mantemento, e, ademais terías outras comisións nas tarxetas ou transferencias.
Para que non te teñas que preocupar e evitar que isto ocorra, avisarémoste previamente. Recomendámosche que consultes a FIPRE e o contrato, onde tamén o explicamos.
No pack de Conta Online Clara tamén contratarás a nosa Tarifa Plana Seguros, así se algún día contratas un seguro con ABANCA poderás pagalo mes a mes, sen xuros nin comisións (TXN 0%, TAE 0%). Poñémosche un exemplo do pago dos seguros domiciliados na túa Tarifa Plana Seguros sen ter en conta a bonificación. Supón que o importe anual das primas de todos os seguros é de 420€, o importe que terías que pagar en cada unha das doce cotas mensuais sería de 35€. Por tanto, o importe total debido serían 420€. Sen comisións, TXN 0% TAE 0%. A concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade.
1A tarxeta Visa Tú de crédito será sen custo, sen comisión de emisión, durante o primeiro ano. Despois poderás seguir gozando desta tarxeta de crédito sen pagar nin un céntimo se fas compras anuais con ela por valor de polo menos 3000€. A concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade.
2Detalles de la promoción de Seguros: Promoción válida para novas contratacións e solicitude da tarxeta regalo desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2024. Entrega dunha tarxeta regalo ABANCA a todos aqueles novos clientes, dados de alta en 2023 e 2024, que contraten un novo seguro das modalidades Fogar libre, Saúde, Coche, Vida risco libre ou Accidentes e o domicilien na Tarifa Plana Seguros, por un importe bruto equivalente ao 15% da prima total anual do primeiro ano. A entrega da tarxeta regalo por parte de ABANCA constitúe un rendemento de capital mobiliario suxeito ao IRPF do seu perceptor; rendemento sometido, de ser o caso, á correspondente obriga de retención por parte do pagador. Consulta a promoción en calquera das nosas oficinas. Consulta as condicions da Tarifa Plana Seguros en abanca.com/tpsCCGG
MEDIADOR: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social en la avda. de la Marina núm. 1, 4ª, A Coruña, inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña, tomo 3321, folio 64, hoja C-38698 en el Registro Especial de Mediadores de la Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones con núm. OV-0044. Con seguro de responsabilidad civil profesional y capacidad financiera necesaria exigidos por la normativa de distribución de seguros vigente. CIF: B-70049630.
ASEGURADORAS: ABANCA Vida y Pensiones de Seguros y Reaseguros, S.A.U, CIF: A15140387, con clave de registro en la DGSFP C0628 y domicilio social en la avda. de la Marina 1, 3ª, A Coruña. ABANCA Generales de Seguros y Reaseguros, S.A., con NIF A14715270 y domicilio social en A Coruña, Avda Linares Rivas 30 3ª, CP 15005. Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña, tomo 3407, folio 9, hoja C-47133 con clave de registro en la DGSFP C-0808. CASER, Caja de Seguros Reunidos, Compañía de Seguros Y Reaseguros, S.A. con domicilio social en en Avenida de Burgos, 109 - 28050 Madrid y con clave de registro en la DGSFP C0031 y SANITAS, Sanitas Sociedad Anónima de Seguros con domicilio social en Ribera del Loira, 52 –28042 Madrid y con clave de registro en la DGSFP C0320. Consulta el resto de entidades aseguradoras con las que el mediador tiene concertado un contrato de agencia en el apartado de seguros de abanca.com
Para saber máis...
dúbidas
-
Que pasa se deixo de cumprir os requisitos da Conta Online Clara?
A Conta Online Clara está pensada para clientes con perfil dixital e que prefiren realizar as súas operacións a través da app de banca móbil ou na banca electrónica. Se realizas ingresos, reintegros, traspasos ou transferencias na oficina durante dous meses seguidos perderás os privilexios desta conta e pasarás a ter unha conta estándar.
Unha conta estándar trae asociada unha serie de pagos polos servizos que che ofrecemos e que terías que empezar a pagar. Con todo, co Programa Servizos ABANCA é moi fácil que non pagues por estes servizos se cumpres uns requisitos moi sinxelos. Podes comprobalo na nosa web.
En calquera caso, antes de que teñas que empezar a pagar, avisarémoste.
-
Que pasa coa miña Conta Online Clara se fago algunha operación na oficina?
A Conta Online Clara está pensada para clientes con perfil dixital e que prefiren realizar as súas operacións a través da app de banca móbil ou na banca electrónica. Se realizas ingresos, reintegros inferiores a 600€ en ventanilla ou vas a oficina a realizar transferencias ou traspasos de calquera importe durante dous meses seguidos perderás os privilexios desta conta e pasarás a unha conta estándar.
Para que isto non suceda, avisarémoste a tempo no caso de que estés incumprindo algunha das condicións e poder evitar deste xeito a cancelación da Conta Online Clara.
DOCUMENTACIÓN
- Amosámosche a información da Conta Clara no seguinte PDF que contén a Ficha de Información Precontractual (FIPRE) (En pdf)
- Consulta o Documento Informativo de Comisións (DIC). (En pdf)
- Queres saber máis da tarxeta Tú? Aquí tes toda a información baixo os estándares da Unión Europea (INE) (En pdf)
- Lista de servizos máis representativos asociados a esta conta (En pdf)
- Consulta o modelo de contrato da Conta Clara (En pdf)
- Consulta toda a información xeral previa de servizos de pago. (En pdf)
- Se queres solicitar un traslado de contas a ABANCA, contámosche como facelo
- Precisas máis información? Fixemos un vídeo para explicar o máis básico :)
NO BLOG