Banca electrónica
Dende o teu computador, portátil ou tablet. Cando queiras terás todo o banco ao alcance dun clic!
-
Canto custa?
Ao igual que todos os servizos da banca a distancia, a banca electrónica é completamente gratuíta.
-
Que aforro?
Tempo e diñeiro, e gañas en comodidade, pois moitas operacións son gratis, e poden ser aínda máis co Programa Servizos ABANCA
-
Como funciona?
Accede agora desde o botçon da parte superior desta web. Só tes que escribir o teu usuario e contrasinal, nada máis!
-
É seguro, verdade?
Nada nos preocupa máis cá túa seguridade. Por iso cumprimos os requisitos internacionais máis esixentes, para darche a tranquilidade que procuras.
Dende a banca electrónica poderás realizar entre outras estas operacións, para que todo sexa máis doado e práctico:
- Consultar os saldos e movementos.
- Xestionar as alertas e correspondencia.
- Pagar ou devolver os recibos.
- Consultar e dar de baixa domiciliacións.
- Facer transferencias.
- Mudar o límite e a modalidade de pagamento da túa tarxeta.
- Solicitar ou contratar produtos.
- Saca diñeiro dun caixeiro sen tarxeta, só co teu móbil! con ABANCA Cash.
- Crear tarxetas virtuais para pagar en internet.
- …E moitas máis!
Porque sabemos que hai cousas mellores ca ir ao banco
Grazas á banca electrónica poderás xestionar o diñeiro cando queiras, dende onde queiras. O único que necesitas son as túas chaves da banca a distancia, que podes conseguir ao contratar este servizo gratuíto, e conectarte a internet co ordenador, o portátil ou a tablet.
Con ela poderás consultar o saldo e os movementos, pagar e devolver os recibos, facer transferencias, consultar e dar de baixa domiciliacións, mudar o límite e a modalidade de pagamento das tarxetas, crear tarxetas virtuais para pagar en internet e moitas cousas máis. E todo iso, sen ter que ir a ningunha parte.
Nunca foi tan sinxelo xestionares os cartos, os recibos e as operacións que realizas habitualmente (e as que non son tan habituais) sen ter que ir a unha das nosas oficinas. Ademais, operar a distancia permitirache acceder de forma moi doada a aínda máis vantaxes grazas ao Programa Servizos ABANCA.
Moito máis cás túas contas
Dende a banca a distancia e a web de ABANCA podes facer moito máis ca consultar as contas e operacións, podes ter o banco enteiro onde queiras.
Podes, por exemplo, abrir unha conta en cuestión de minutos, sen moverte do sofá, pero tamén pedir cita nunha oficina para que falemos cara a cara (dun proxecto, dun desafío… e do que queiras!). Á mañá ou á tarde, o día e á hora que queiras.
Se cres que che podemos axudar con algunha das solucións financeiras que che ofrecemos aquí, poderás contratala ou solicitala dende esta web. E se non o tes claro, dispós de diferentes formas de contacto para resolver as túas dúbidas da forma que che veña máis ao xeito.
Cero custos, e coa máxima seguridade
E todo coa maior seguridade. Ofrecémosche os sistemas máis seguros con tarxetas virtuais para comprar en internet, servizos de alertas para evitar o uso fraudulento das tarxetas, chaves de reforzo que che permiten operar con toda tranquilidade dende o móbil ou dende o ordenador.
De todos os xeitos, non esquezas seguir as recomendacións de seguridade que aconsellamos sempre. E se tes algunha dúbida podes porte en contacto connosco chamándonos ao 981 910 534 (ou ao 0034 981 179 600 se estás no estranxeiro, e resolverémoschas encantados.
Para saber máis...
dúbidas
-
Esquecín o meu PIN de banca a distancia, podo solicitar un novo? E modificalo?
Poderás solicitar un PIN novo de banca a distancia desde a túa app de banca móbil. Para asegurarnos de que es ti, necesitas ter a man unha tarxeta ABANCA da que sexas titular.
Tamén podes chamarnos ao 900 815 669 (ou ao 34 981 980 505 se nos chamas dende o estranxeiro), dispoñible 24 horas do día e os 365 días do ano.
Se queres modificar o teu PIN de banca a distancia, accede á túa banca electrónica coas túas claves, no menú ‘O meu Perfil’ > ‘Cambiar PIN da túa banca electrónica’. Ou desde a túa banca móbil, accedendo ao menú esquerdo > ‘Seguridade e privacidade > ‘Cambiar PIN’.
-
Realicei unha compra online e pediume unhas chaves da miña banca electrónica, iso que é?
Para garantir en todo momento a túa seguridade debemos ter a certeza de que es ti quen está a facer a compra. Por iso ademais de introducir os datos da túa tarxeta, pedirémosche, nunha pantalla de ABANCA, as claves da túa banca a distancia. Así podemos estar seguros de que es ti quen está a realizar a compra.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG