Menu

Desde a entrada en vigor, en xaneiro de 2021, da directiva europea de Servizos de Pago (máis coñecida polas súas siglas en inglés, PSD2), modificouse a forma na que os europeos compramos e pagamos en internet, co obxectivo, entre outros, de protexer os nosos cartos e os nosos datos persoais.

Quizais xa che ten pasado: cando compras en determinados sitios web ou nalgunhas aplicacións móbiles, é necesario que che identifiques co teu móbil, e dunha forma máis rigorosa que o facías agora. Contámosche como e por que.

Pola túa seguridade

Todos os bancos do Eurosistema adaptámonos para cumprir con esta lexislación, e en ABANCA esforzámonos para que este cambio sexa o máis sinxelo posible. Basta cun click. Presta atención!

  • captacion-prestamo-1

    Merca

    Emprega as túas tarxetas ABANCA para pagar en calqueira ecommerce. Nos máis deles non terás que facer nada máis.

  • captacion-prestamo-2

    Autoriza

    Pola túa seguridade, algunhas veces terás que autorizar a compra. Faino co teu app de forma áxil, rápida e segura.

  • captacion-prestamo-3

    Disfruta

    Dedicamos moitos recursos para que poidas comprar coa tranquilidade de saber que estás nas mellores mans.

Se xa tes a nosa app

Centos de milleiros de persoas utilizan nosa app cada día para xestionar o seu diñeiro. Se es unha delas, parabéns! As túas compras online serán moi, moi sinxelas.

Só debes asegurarte de que tes as notificacións activadas (podes facelo desde aquí se navegas desde o teu móbil). Cando realices o pago dunha compra por internet, e se o ecommerce así o require, enviarémosche a confirmación da operación a través dunha notificación da túa app de ABANCA. Poderás facer os teus pagos da forma máis cómoda e segura, e seguir comprando o que che apeteza e onde che apeteza.

Esta comprobación de seguridade é unha das melloras da directiva PSD2 da UE, a Autenticación Reforzada de Clientes, un extra de seguridade para as túas compras por internet.

Se (aínda) non tes a app

Se por algún motivo non queres descargar a app de ABANCA ? ten en conta que o proceso para validar as túas compras non será tan sinxelo.

Sexa cal for o teu banco ou o a túa tarxeta, para poder comprar en determinados sitios necesariamente terás que validar a operación. En ABANCA, se non utilizas a app, pedirémosche que utilices a túa NIF e o contrasinal da túa banca electrónica ou o PIN do teu cartón financeiro. Ademais, enviarémosche un SMS cunha clave dun só uso, polo que é importante que che asegures de que temos o teu número de móbil actualizado.

E lembra: mantente alerta por favor se chégache un destas mensaxes e non se corresponde cunha compra real, e segue sempre as nosas recomendacións de seguridade online.

Resposta ás preguntas frecuentes

Agrupamos as dúbidas que che poderían xurdir ao utilizar os teus cartóns ABANCA para pagar unha compra en internet. Queremos que teñas toda a información a man.

Por que unhas veces teño que autorizar unha compra online e outras non?

Téñense en conta diferentes factores: a información que nos facilita o comercio, a frecuencia de uso da túa tarxeta, o importe da compra, as operacións que fixeses antes, o dispositivo que esteas a utilizar…. e moitos outros datos que utilizamos para poder garantir a túa seguridade sen afectar á túa experiencia de compra.

Iniciei un pago online, pero despois de autorizar a compra non pasa nada que está a pasar?

O máis probable é que non vises a notificación que enviamos á túa app de banca móbil para autorizar a compra. Abre esa notificación, identifícate como o adoites facer para entrar en banca móbil e confirma a operación. Se non a recibiches,asegúrate de que tes as notificacións activadas. Se estas lendo isto desde un teléfono móbil, podes facelo agora mesmo nesta ligazón.

Se continúas sen recibir as notificacións, na pantalla na que deberías confirmar a operación tamén tes unha opción para indicar que non a recibiches, e poderás pasar a outros métodos alternativos para autorizar a compra.

A páxina do comercio dime que o meu cartón ABANCA non está soportada. Que podo facer?

Pola túa seguridade, os bancos só podemos permitir operar en comercios que cumpren coa normativa PSD2 se temos algunha forma de comprobar que es ti quen o está facendo. Para iso, a mellor alternativa é que instales a nosa aplicación de banca móbil. Se non queres ou podes facelo, será necesario que nos facilites e manteñas actualizado o teu número de teléfono móbil.