COMEX
As opcións de financiamento do programa COMEX impulsan á túa empresa a exportar e están deseñadas especialmente para iso. Consúltanos e empeza a vender no extranxeiro.
- 981 910 534 tel:0034981910534
- Chamámoste? #llamada-gratis
- Solicítao xa https://solicitudonline.abanca.com/empresas/gl/solicitar_comex
Axudámoste a dar o salto a outros países
As exportacións das empresas españolas representan preto do 25% do PIB. Se a expansión a outros países tamén se atopa na túa estratexia empresarial, nós contamos con experiencia e produtos específicos para axudarte.
En ABANCA traballamos para impulsar a internacionalización das empresas. É por isto que poñemos á túa disposición as liñas de comercio exterior (COMEX), pensados para axudarte a financiar as operacións de importación e exportación do teu negocio.
Moitas empresas xa se benefician deste tipo de financiamento. E ti, anímaste a dar o salto?
Déixanos os teus datos de contacto e os nosos expertos poñeranse en contacto contigo á hora que ti elixas para asesorarte en todo o que necesites. Sen ningún tipo de compromiso e con total confianza.
Un servizo integral de calidade
En ABANCA axudámoste a mellorar a seguridade, fiabilidade e financiamento nas túas operacións internacionais. Para iso acompañamos á túa empresa nas operacións de importación e exportación cun servizo integral de calidade: crédito, afianzamento e xestión de cobranzas e pagos, sabendo que contarás co respaldo dun banco con presenza en 11 países.
Poñemos ao dispor da túa empresa unha ampla rede internacional, unha plataforma informática de vangarda e, sobre todo, o asesoramento personalizado dun equipo de xestión próximo que se adapta ás túas necesidades de internacionalización.