Traslado de contas
Solicitude de traslado de contas a ABANCA
Os clientes que manteñan unha conta en ABANCA poderán solicitar de forma gratuíta, o traslado dunha conta doutra Entidade a ABANCA ou, se dispós de dúas contas dentro de ABANCA, poderás trasladar a operativa dunha conta a outra. Con este servizo encargámonos de pasar todas as túas transferencias e adeudos á conta de ABANCA que ti queiras.
Deste xeito, traeremos a ABANCA, sempre que o solicites expresamente:
- As túas ordes permanentes de transferencia (as que se abonan na túa conta e as que ti emites).
- Os adeudos domiciliados con cargo á túa conta (recibos).
Podes facelo en calquera das oficinas de ABANCA ou a través da caixa de correos solicitudtraslado@abanca.com. No caso de que a solicitude se realice través da caixa de correos, a operativa poderá realizarse de forma 100% online.
Que se necesita para a solicitude de traslado de contas?
O primeiro que se necesita para poder realizar o traslado da túa conta, xa sexa unha conta de ABANCA ou doutra entidade, é ter unha conta aberta en ABANCA.
Unha vez que cumpras este requisito, deberás cubrir o formulario de solicitude de traslado de conta , no que debes indicar a conta de destino onde queres que se trasladen as túas operacións, a conta de orixe onde actualmente realizas todas as túas operacións (conta a trasladar) e o tipo de operacións que queres trasladar:
- As transferencias periódicas que entran na túa conta.
- As ordes permanentes de transferencia que se emiten desde a túa conta.
- As ordes de domiciliación de adeudos ás que deba aplicarse o traslado.
Tamén nos debes indicar a data na que desexes que se faga o cambio á nova conta de domiciliación (ten en conta que hai uns prazos establecidos para a tramitación do traslado e, por tanto, esta data debe ser como mínimo 13 días despois de entregar a solicitude de traslado na Entidade, debidamente cumprimentada), a data na que queres que deixen de aceptarse as ordes de adeudos domiciliados e transferencias entrantes e a data de cancelación de ordes permanentes emitidas na conta que queres trasladar.
Por último, no caso de que queiras, tamén poderías solicitar a transferencia do saldo que manteña a conta e a cancelación da conta para trasladar (e, neste último caso, tamén dos instrumentos de pago que estean vinculas a esta, como poden ser as tarxetas). No caso de que o solicites, tamén deberás especificar a data na que desexas que se realicen estas operacións (ten en conta que pode haber operacións en curso, por exemplo, liquidacións de tarxetas de crédito).
Ten en conta que coa firma da solicitude,estás a autorizar a ABANCA a que solicite toda esta información no teu nome.
IMPORTANTE: Lembra que, no caso de que na conta que queiras trasladar haxa máis dun titular, a conta de destino deberá manter a mesma titularidade, e a solicitude de traslado deberá ir asinada por todos os titulares.
Como será o proceso de traslado?
-
Unha vez recibido o formulario de solicitude, ABANCA farao chegar á Entidade correspondente (para isto dispón dun prazo máximo de 2 días desde a recepción da solicitude debidamente cumprimentada e asinada por todos os titulares da conta), para que esta nos envíe a listaxe das operacións obxecto de traslado e farémoslles chegar a solicitude de tramitación que eles teñan que realizar (cesamento de cargo de domiciliacións, baixa de transferencias periódicas, transferencia do saldo acredor da conta e/ou cancelación da mesma).
-
A Entidade propietaria da conta para trasladar ten un prazo de 5 días para responder á solicitude da información.
Ademais, debe tramitar o cesamento de aceptación de transferencias entrantes e adeudos domiciliados e a cancelación das ordes permanentes, todo isto con efecto a partir da data especificada na solicitude.
Por último, no caso de que o pidas expresamente, deberá proceder a transferir o saldo que manteña a conta e cancelar, tamén na data especificada na túa solicitude de traslado, se non tes obrigacións pendentes de pago nesa data. No caso de que exista algún inconveniente, a entidade propietaria da conta obxecto de traslado informarache da imposibilidade da cancelación da conta.
-
Unha vez recibida en ABANCA a información sobre as operacións que viñas realizando na túa conta anterior, no prazo de 5 días realizaremos todas as xestións para vinculalas á conta de ABANCA que ti decidiras (e vaia especificado no formulario de solicitude información e autorización de traslado). Se nalgún caso non nos é posible realizar o cambio, solicitarémosche máis información para poder finalizar o trámite ou, en todo caso, notificarémosche que accións nos foron imposibles de levar a cabo.
-
Por último, se decides realizar pola túa conta algunha das accións anteriores, só deberás informarnos e poñeremos á túa disposición un documento cos datos da túa conta.
No caso de que xurda algún conflito, terás á túa disposición os procedementos alternativos de resolución de litixios previstos na disposición adicional primeira da Lei 7/2017, do 2 de novembro.