Menu
  • icon-vida-familia

    A túa familia, o máis importante

    Para que o día a día siga adiante en caso de enfermidade grave, incapacidade permanente absoluta e/o falecemento.

  • ico-personalizacion-seguro-negocios

    Personalizado

    Calculamos o capital asegurado tendo en conta todas as túas necesidades, actuais e futuras.

  • ico-vida-descubierto

    Préstamos e créditos

    Con cancelación de cotas pendentes de Tarifa Plana, saldos tarxetas de crédito e descubertos ata 3000€.

  • ico-tps-seguro-negocios

    Págao mes a mes

    Poderás dividir o seguro e pagalo mes a mes, sen xuros nin comisións, TIN 0%, TAE 0%.

  • icon-on-off-70x70

    ON - OFF

    Podes acender e apagar a cobertura por falecemento accidental desde o teu app, por si necesitas un extra de protección.

  • icon-vida-ong

    Comprometido socialmente

    Doaremos 1 € para a iniciativa social que escollas.

Todo o que necesitas no teu seguro de vida e máis coberturas opcionais

Nosos Seguro de vida de ABANCA permíteche elixir as opcións que máis se adaptan ás túas necesidades e ás dos que máis queres:

Coberturas

Básicas

  • Falecemento por calquera causa
  • Anticipo do capital por falecemento para a liquidación do imposto de sucesións
  • Cancelación das cotas pendentes da Tarifa Plana, saldos das tarxetas de crédito e descubertos. Ata 3000€
  • Segunda opinión e xestión médica

Coberturas

Opcionais

  • Falecemento por accidente
  • Incapacidade permanente e absoluta
  • Incapacidade permanente e absoluta por accidente
  • Enfermidades graves
  • Cancro de mama
  • Falecemento accidental

Que capital deberías asegurar?

  • icon-vida-estudios

    Tes fillos estudando

  • icon-vida-econofamilia

    Xeras a maior parte dos ingresos familiares

  • icon-vida-deudas

    Tes unha hipoteca ou algún préstamo persoal

Axudarémosche a calcular o capital que deberías asegurar para a tranquilidade da túa familia. Variará en función da túa situación actual e dalgunhas variables coma se tes fillos estudando, ti xeras a maior parte de ingresos a familiares, ou se tes algún tipo de préstamo persoal. Un dos nosos xestores especializados, estarache a esperar na túa oficina ABANCA máis próxima para estudar cal é a mellor solución para ti. Ademais, cuantos máis anos contrates o teu seguro, poderémosche ofrecer un prezo máis competitivo.

ilus-seguros-bienvenida

Contrata agora o teu seguro e aforra un 15%

Porque a túa tranquilidade e a dos teus é o primeiro. Se che deches de alta como cliente en 2023 o 2024 e contratas o teu seguro de vida ABANCA con Tarifa Plana Seguros antes do 31 de decembro, non só ganas en seguridade, tamén che devolvemos o 15% na prima anual do primeiro ano nunha tarxeta regalo.

Paga o teu seguro mes a mes

Agrupa o pagamento dos seguros nun único recibo coa Tarifa Plana Seguros. Aínda que teñas un ou varios, poderalos pagar mes a mes sen xuros nin comisións (0% TAE, 0% TIN).

Por exemplo, se as primas anuais dos teus seguros suman 1500 €, pagarás doce cotas mensuais de 125 €. O importe total debido serían 1500 €. Poderás aforrar ata un 7% e contarás cun teléfono específico para consultas e a posibilidade de aprazar dous pagamentos ao ano.

pintor
abanca-seguros-banner-bocadillo

Este é un seguro como ti o farías

Todos os seguros de ABANCA Seguros son así, coma se cada persoa fixese o seu propio. Para que atopes xusto o seguro que necesitas.

Información legal desde seguro

Suxeito ás condicións de subscrición da entidade aseguradora.

En canto á cobertura ON-OFF, poderala activar e desactivar segundo as necesites. O custo non se imputará cando o teñas apagado. Pódese activar e desactivar desde a app de ABANCA. Paga só polos días en que o seguro estea activado, con facturación mensual.

Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista do CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co núm. OV-0044. Consulta aseguradoras coas que o mediador ten celebrado un contrato de axencia. Aseguradora: ABANCA VIDA Y PENSIONES DE SEGUROS Y REASEGUROS S.A. (SOCIEDADE UNIPERSOAL) CIF: A-15140387. Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 607 do arquivo, libro 335, sección 3ª, folio 123, folla 3694, inscrición 1ª. Domicilio social: avenida da Mariña 1, 3ª planta, 15001, A Coruña.

O mediador conta con seguro de responsabilidade civil e a capacidade financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Consulta as aseguradoras coas que o mediador ten celebrado un contrato de axencia.

Podes consultar as condicións do seguro aquí o en calquera oficina de ABANCA.

Sobre a Tarifa Plana Seguros. A bonificación será de ata o 7% é para seguros exclusivamente comercializados por ABANCA pertencentes aos seguintes modalidades: vida risco, fogar, saúde, decesos e auto. Bonificación en función do número de modalidades de seguros contratados. Non serán obxecto de bonificación os seguros vinculados a operacións de activo formalizados con ABANCA nin os seguros de protección de pagamentos. Consulta as condicións xerais da Tarifa Plana Seguros.

Detalles da promoción. Válida para novas contratacións e solicitude da tarxeta regalo desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2024. Entrega dunha tarxeta regalo ABANCA a todos aqueles novos clientes, dados de alta en 2023 e 2024, que contraten un novo seguro das modalidades Fogar libre, Saúde, Coche, Vida risco libre ou Accidentes e o domicilien na Tarifa Plana Seguros, por un importe bruto equivalente ao 15% da prima total anual do primeiro ano. A entrega da tarxeta regalo por parte de ABANCA constitúe un rendemento de capital mobiliario suxeito ao IRPF do seu perceptor; rendemento sometido, de ser o caso, á correspondente obriga de retención por parte do pagador. Consulta a promoción en calquera das nosas oficinas.

Para saber máis...

dúbidas

  • Documentación de Seguro de Vida

    Se a persoa falecida tiña contratado un dos nosos Seguros de Vida, debes presentarnos:

    • DNI do falecido.
    • DNI dos beneficiarios.
    • Fe de vida, se hai un segundo asegurado.
    • Libro de Familia.
    • No caso de falecemento por enfermidade: historia clínica que recolla as causas do falecemento, a data de diagnóstico da enfermidade e evolución da mesma, así como os antecedentes persoais e datas de diagnóstico de calquera enfermidade relacionada.
    • No caso de falecemento por mor dun accidente:
      • Atestado sobre as causas do accidente.
      • Accións seguidas polo xulgado ou policía.
      • Informe forense.

    No caso de que a información médica achegada non sexa suficientemente detallada, cabe a posibilidade de que o beneficiario teña que achegar máis documentación que será indicada oportunamente pola oficina.

DOCUMENTACIÓN