• Axudámosche
  • Oficinas
  • @somosABANCA
  • fa fa-facebook
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-instagram
  • Blog
  • Sala de comunicación
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Área cliente
  • Faite cliente
  • Área cliente
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
  • Sala de comunicación
  • B Blog
  • Tusitiodecompras.es
  • Vive la vida
  • Para a túa empresa
  • Español
Volver a axuda
Banca a distancia
ABANCA Pay
  • Como funciona ABANCA Pay?

    ABANCA Pay permíteche realizar e recibir pagos desde o teu móbil da forma máis fácil e cómoda. Para rexistrarte só tes que confirmar os teus datos de usuario, PIN e o teu número de móbil e seleccionar a conta onde queres que se realicen os pagos e ingresos que fagas a través da app.

    Tamén podes utilizalo para pago en comercios e pagar directamente co teu móbil sen necesidade de sacar a tarxeta. Iso si, debes ter un móbil Android con tecnoloxía NFC e o establecemento debe aceptar o pago mediante contactless no seu TPV.

    Para gozar de todo o que ABANCA Pay che ofrece, realizar pagos e recibir ingresos, pagar co móbil ou con Masterpass e crear tarxetas virtuais é necesario ser cliente de ABANCA e que dispoñas das claves de acceso á túa banca electrónica.

    Cando realices as túas operacións desde a app ten en conta que existe un límite sobre a cantidade que podes enviar: 500 € por operación e 1000 € por mes. Poderás realizar ata 150 operacións nun mes. 

    Ademais, se tes algunha dúbida podes acudir á axuda da propia app, accedendo a través do 'Menú superior esquerdo' > 'Axuda' e poderás saber como pagar e solicitar diñeiro de forma máis detallada.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/abanca-pay#296
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Se devolvo unha compra que paguei con Masterpass, que pasa cos meus cartos?

    Para devolver unha compra débese volver a utilizar ABANCA Pay e seleccionar a mesma tarxeta coa que se realizou o pago. 

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/abanca-pay#561
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Paguei unha compra con ABANCA Pay, como podo devolvela?

    Se pagaches unha compra co teu móbil e ABANCA Pay e queres devolvela, tes que utilizar esta mesma aplicación.

    ABANCA Pay está vinculado coas túas tarxetas pero por motivos de seguridade, na aplicación nunca se mostrará a numeración real da tarxeta (para que poida ser certificado por VISA ou Mastercard). Por eso, non podes devolver a compra coa túa tarxeta de crédito ou débito.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/abanca-pay#563
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como funciona o pago con Masterpass?

    Masterpass é un servizo de pagamento dixital que permite realizar compras rápidas, cómodas e seguras a través de calquera dispositivo, simplificando ao máximo a experiencia de compra. 

    1. A primeira vez que utilices este servizo, deberás activalo na túa app ABANCA Pay nol Menú>Ajustes>Masterpass e incluír os teus enderezos de envío habituais.
    2. Cando teñas a túa compra online lista, fai clic no botón “Pagar con Masterpass” e selecciona ABANCA.
    3. O servizo redirixirache a ABANCA Pay. Deberás introducir o usuario e contrasinal, seleccionar a tarxeta coa que desexas pagar, o enderezo de envío ¡e listo! A túa compra estará feita.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/abanca-pay#564
    • En Twitter
    • En Facebook
  • É seguro utilizar o servizo de ABANCA Pay?

     ABANCA Pay utiliza as mesmas chaves cá app de ABANCA para identificarte, o que che garante a confianza de sempre coa máxima seguridade.

          Ademais, a diferenza doutras aplicacións, con este servizo de ABANCA os teus cartos e todos os teus datos están no sitio máis seguro: o teu banco. E non precisas máis usuarios nin contrasinais cós habituais da túa banca a distancia.
     

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/abanca-pay#297
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como realizo operacións dende a app de ABANCA Pay?

          ABANCA Pay está pensada para facer o teu día a día moito máis sinxelo. Por iso realizar calquera tipo de operación é moi doado. Se queres facer un pagamento só tes que seleccionar un dos teus contactos ou escribir directamente o seu email ou móbil, e ABANCA Pay encargarase de facerlle chegar o pagamento ou de indicarlle como pode cobralo se non ten a aplicación.

          Poderás saber en todo momento se a outra persoa recibiu xa os cartos cun resumo de todas as operacións que atoparás dentro da app. Un sistema de cores indicarache en que estado se atopa cada unha.
          
          Se es ti o que recibiches o pagamento chegarache un aviso ao móbil. Dende ese momento xa terás o diñeiro dispoñible na túa conta. 
     

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/abanca-pay#298
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Canto tardará en facer efectiva unha operación feita a través de ABANCA Pay?
    Abanca Pay é un servizo desenvolvido sobre Bizum, unha plataforma tecnolóxica á que nos unimos máis de 30 bancos españois. Os cobros e pagamentos que realices con clientes de calquera dos bancos asociados serán inmediatos, pero se envías diñeiro a clientes doutras entidades o prazo de envío será o mesmo có de  calquera outra transferencia.
     
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/abanca-pay#299
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como me dou de baixa de ABANCA Pay?
         Podes darte de baixa cando o desexes, dende a propia aplicación de ABANCA Pay.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/abanca-pay#300
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como funciona o pago en comercios con ABANCA Pay?

    Para utilizar este novo servizo, deberás rexistrar na app de ABANCA Pay as tarxetas que queiras usar e asignarlle a cada unha un PIN de pago en comercios. 

    Para efectuar un pago menor de 20 euros, só terás que desbloquear o móbil –nunca poderás realizar un pago sen desbloquear o dispositivo–, e aproximar o teu smartphone ao TPV e esperar á confirmación da operación.

    En cambio, para realizar compras de importe superior a 20 euros, deberás realizar os mesmos pasos que no caso anterior e, a maiores, introducir o PIN de pago en comercios no datáfono da tenda.

    Lembra que este funcionamento é para pagar coa tarxeta que teñas como favorita. Doutra banda, se queres seleccionar unha tarxeta diferente a que tes como favorita, estes son os pasos que debes seguir:

    1. Entra na aplicación e selecciona “Directo a pagar”
    2. Introduce o PIN de pago en comercios
    3. Selecciona o cartón que queiras utilizar e pica en “Iniciar pago”
    4. Achégao ao TPV e introduce o PIN se é necesario
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/abanca-pay#557
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como podo pagar con Masterpass e ABANCA Pay?

    Unha vez descargada a aplicación de ABANCA Pay, deberás seleccionar a opción "Directo a pagar" e seguir as instruccións para activar as tarxetas coas que queres realizar os pagamentos, se aínda non as incorporaches na aplicación. 

    Posteriormente, cando realices un pago online e selecciones a opción de pagar con Masterpass simplemente terás que confirmar a operación.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/abanca-pay#559
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como podo doar diñeiro a ONG con ABANCA Pay?
    Para efectuar unha doazón deberás seleccionar na app ABANCA Pay o 'Menú esquerdo' > 'Doar'. A continuación, deberás introducir o código de pagamento correspondente á ONG (podes atopalo en https://bizum.es/ongs/) e seleccionar o importe desexado.

    O límite máximo por operación é de 500 euros e o límite diario de 1.000 euros, sen comisións e efectuando a doazón no momento.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/abanca-pay#580
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Que é a clave Bizum e como a consigo?

    A clave Bizum é un PIN de catro díxitos que che permite pagar as compras que fagas en comercios electrónicos que acepten Bizum como método de pago.

    Obter a túa clave Bizum é moi sinxelo! Na túa app de ABANCA  Pay deberás acceder ao 'Menú' > 'Axustes' > ' Bizum', e teclear a clave Bizum que ti queiras. Poderás modificala tantas veces como queiras neste mesmo sitio da app.

    Para máis información, consulta a nosa web.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/abanca-pay#673
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Cal é o meu código de usuario para ABANCA Pay?

    O teu código de usuario de ABANCA Pay é o mesmo que utilizas para acceder á túa banca electrónica, o teu NIF/ NIE con letra. Lembra que se debe teclear sempre con 8 díxitos + letra, incluíndo tamén os ceros que teña á esquerda. Por exemplo: 00123456A. No caso de que non dispoñas de NIF, o teu código de usuario será o teu número de contrato de banca a distancia. Se non o tes, podes solicitalo na túa oficina.

    Para instalar ABANCA Pay tes que utilizar ese usuario e o teu PIN de banca electrónica. Se non lembras o teu PIN, podes solicitar un novo agora mesmo.

    Lembra que para acceder a ABANCA Pay é necesario ter contrato de banca electrónica así que, se non tes este servizo ou non dispós de claves de acceso, podes solicitalas directamente na nosa web. Podes realizar a contratación totalmente online de forma rápida e sinxela.

    Se despois de todo necesitas axuda para acceder co teu usuario a ABANCA Pay, podes chamarnos ao 981 910 522 e axudarémoste.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/abanca-pay#711
    • En Twitter
    • En Facebook

Se non atopas o que buscas, podes...

  • @somosABANCA
  • preguntárnoslas por escrito
  • venir a las oficinas
  • Productos y servicios
  • Programa Cero comisiones
  • Términos financieros: Glosario
  • Promociones y ofertas
  • Seguros
  • Operaciones habituales
  • Productos y servicios
  • Oficinas, horarios, valores
  • Tarjetas
  • Banca a distancia
  • Axudámosche
  • @somosABANCA
  • SomosABANCA
  • fa fa-youtube
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-bold
  • fa fa-instagram
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Presenza Internacional
    • Sala de comunicación
    • Banesco Internacional
    • Traballa con nós
    • Contáctanos
    • Servizo de Atención ao Cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Información MIFID
    • Seguridade
    • Outra información legal
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Cuentas Claras: Blog de ABANCA
    • Área cliente
    • Área cliente empresas
    • Bróker online
    • ABANCA Servicios financieros
    • ABANCA USA
    • ABANCA Portugal
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Open Banking
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
prb-logo-colour
logo-pie-pri
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.