-
Como funciona o Acceso seguro móbil? O Acceso seguro móbil é un sistema seguro para asinar operacións que está instalado na túa aplicación (app) de banca móbil. Proporciónache unha chave única para cada operación que fagas, como se fose a tarxeta de coordenadas. Cando vaias asinar unha operación de banca electrónica, enviarémosche unha notificación aao móbil co código necesario para que a asines.
Podes activar este sistema de protección desde a banca electrónica ou chamándonos ao 900 815 023 (ou no +34 981 910 522 se nos chamas desde o estranxeiro), de luns a venres, de 8 da mañá a 10 do serán.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/acceso-seguro-mobil#121 -
Que pasa co Acceso seguro móbil se non teño cobertura? Se non tes conexión de datos e nese momento careces de cobertura no móbil non che chegará a notificación. Pero podes obter o código destoutro xeito alternativo:
Abre a túa app de banca móbil e, en lugar de introducires o PIN, preme a icona do cadeado, que equivale ao Acceso seguro móbil.
Aparecerache un código de 8 díxitos que debes teclear na páxina de banca electrónica. De contado a aplicación xerarache un novo código. É como unha chave que che serve para xerar outra chave (para que todo sexa máis seguro).
Introduce ese novo código na cela da páxina de banca electrónica, para asinar a operación que estás facendo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/acceso-seguro-mobil#122 -
Cal é o meu código de usuario para ABANCA Pay? O teu código de usuario de ABANCA Pay é o mesmo que utilizas para acceder á túa banca electrónica, o teu NIF/ NIE con letra. Lembra que se debe teclear sempre con 8 díxitos + letra, incluíndo tamén os ceros que teña á esquerda. Por exemplo: 00123456A. No caso de que non dispoñas de NIF, o teu código de usuario será o teu número de contrato de banca a distancia. Se non o tes, podes solicitalo na túa oficina.
Para instalar ABANCA Pay tes que utilizar ese usuario e o teu PIN de banca electrónica. Se non lembras o teu PIN, podes solicitar un novo agora mesmo.
Lembra que para acceder a ABANCA Pay é necesario ter contrato de banca electrónica así que, se non tes este servizo ou non dispós de claves de acceso, podes solicitalas directamente na nosa web. Podes realizar a contratación totalmente online de forma rápida e sinxela.
Se despois de todo necesitas axuda para acceder co teu usuario a ABANCA Pay, podes chamarnos ao 900 815 023 (ou no +34 981 910 522 se nos chamas desde o estranxeiro) e axudarémoste.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/acceso-seguro-mobil#711 -
Podo usar a banca electrónica, móbil e telefónica desde fóra de España? Abofé que si. As opcións de banca a distancia están ao teu dispor tamén cando te atopas no estranxeiro.
Por exemplo, tes ao teu dispor a banca electrónica, que funciona exactamente igual esteas onde esteas. De todos os xeitos, pode ser que para facer operacións teñas dificultades co móbil porque as mensaxes internacionais ás veces se demoran considerablemente. Para evitar este problema, podes usar o Acceso seguro móbil. Este Acceso seguro móbil funciona aínda que non teñas cobertura nin tarifa de datos. Podes activalo desde a túa banca electrónica ou chamándonos ao 900 815 023 (ou no +34 981 910 522 se nos chamas desde o estranxeiro), de luns a venres, de 8 da mañá a 10 do serán.
Lembra que para usares a banca móbil, ou sexa a app de ABANCA, si che cómpre ter conexión de datos ou wifi. E, se queres empregar a banca telefónica desde o estranxeiro, debes chamar ao 0034 981 910 522.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/acceso-seguro-mobil#148