-
Pódese realizar unha compravenda de divisas en Banca electrónica? Podes realizar compravenda de divisas a través de Banca electrónica sempre que teñas unha conta en moeda estranxeira. Por exemplo, se tes unha conta en dólares poderás realizar un traspaso desa conta a outra en euros ou viceversa.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#527 -
Podo utilizar unha tarxeta de crédito para pasar diñeiro á miña conta? Se nalgún momento necesitas aumentar o saldo dunha das túas contas, podes facer un traspaso desde a túa tarxeta de crédito de forma moi sinxela (ten en conta que pagarás unha comisión, a mesma que se sacas diñeiro dun caixeiro ca túa tarxeta de crédito). É moi fácil:
Na túa banca electrónica, selecciona a opción Tarxetas > Traspaso a conta. Elixe a tarxeta na que queres realizar o cargo, a conta á que desexas enviar o diñeiro o importe, e listo!
Na túa banca móbil, selecciona a pestana Tarxetas > Máis > Traspasos. Elixe a conta de destino indicando el importe e o concepto.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#544 -
Podo gardar unha xestión que fago habitualmente como unha operación favorita? As operacións favoritas están pensadas para gardar aquelas operacións que se realizan habitualmente, de forma que non haxa que teclear todos os datos cada vez que se realiza esa operación. Para gardar unha operación como ?Operación favorita?, unha vez realizada a operación abonda con que pulses o botón ?Engadir favorito? que aparece na última pantalla, cando se mostra o xustificante da operación. Unha vez gardada a operación favorita poderás consultala sempre que queiras na parte superior en Operacións favoritas. Iso si: para modificar algún dato é necesario volver realizar a operación e engadila a favoritos novamente.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#546 -
Podo recargar o saldo do meu móbil desde a vosa app de banca móbil? Claro! Para recargar un teléfono móbil tan só tes que acceder á opción Servizos móbiles >Recarga de móbiles e introducir os datos referentes ao terminal que se solicitan na pantalla: o número, o operador e o importe. Fácil e rápido, verdade?Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#547 -
Que pasa se intentan cobrarme un recibo e non teño saldo na miña conta? En ABANCA realizamos varios intentos para cobrar o recibo ata as 15 horas do día seguinte á data de cobro. Se antes dese momento non hai saldo suficiente na conta de cobro, infórmase o emisor de que o recibo foi rexeitado. Posteriormente se o provedor volve a emitir o recibo, realizarase un novo intento de cobro.
Podes xestionar os teus recibos pendentes desde:
- Banca móvil, na opción ‘Contas' > 'Recibos domiciliados’, accede á empresa do recibo e preme en ‘Pagar recibo’.
- Banca electrónica de particulares, na opción 'Recibos e impostos' > 'Recibos pendentes'.
- Banca electrónica de empresas, na opción 'Pagos/Domiciliacións' > 'Domiciliacións' > 'Os meus recibos pendentes'.
-
Na túa oficina de ABANCA.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#551 -
Como podo xestionar as miñas contas dende a miña casa? Podes consultar a numeración e o saldo da túa conta na pestana Posición Global ou na opción Contas da túa Banca Electrónica. Tamén podes realizar esta consulta a través de banca móbil ou de Banca Telefónica (981 910 522) identificándote coas claves do servizo de banca a distancia.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#190 -
Como podo devolver un recibo domiciliado, podo facelo sen ter que ir a unha oficina?? Podes devolver un recibo domiciliado dende a opción Recibos e impostos da túa banca electrónica ou chamando a Banca Telefónica ao 981 910 522 en horario 08:00 a 22:00 de luns a venres.
Tamén podes devolvelo a través da túa banca móvil, desde o menú Contas e Depósitos > Máis > Recibos domiciliados.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#207 -
Enviei un ficheiro de transferencias. Cando chegarán aos seus destinatarios? Se realizaches o envío antes das 12 h chegarán ese mesmo día a todos os destinatarios. Se enviaches o ficheiro de transferencias antes das 20 h, chegarán o mesmo día aos clientes de ABANCA e ao día seguinte hábil, ás contas doutras entidades financeiras.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#187 -
Como podo obter un certificado ou xustificante da miña conta de ABANCA? Podes descargar e imprimir un xustificante de titularidade desde a pestana "contas" da túa Banca Electrónica Particulares. Pulsa sobre a numeración da conta e visualizarás os datos xerais da mesma. Se descendes na pantalla, tes a posibilidade de descargar un xustificante de titularidade en formato PDF.
Se dispós de Banca Electrónica Empresas, podes acceder á configuración de certificados de titularidade a través da consulta da conta (Contas-Detalle de Conta), picando na ligazón que aparecerá na parte inferior da pantalla. Tamén podes acceder a través da opción Utilidades - Xestión de Certificados.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#221 -
Como podo anular unha transferencia? Para anular unha transferencia realizada mediante a túa Banca Electrónica Particulares ou Banca Móbil, tes que poñerte en contacto co servizo de Banca Electrónica no teléfono 981 910 522 en horario de 08:00 a 22:00h de luns a venres.
Se realizaches a transferencia a través de Banca Electrónica Empresas, podes solicitar a anulación a través do formulario web da propia páxina, na opción Contas - Transferencias - Anulación Transferencia.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#222 -
Como podo consultar as comisións das transferencias? As transferencias en Banca a Distancia son gratuitas se as fas a contas de ABANCA. Consulta aquí as tarifas vixentes.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#198 -
Como podo actualizar os meus datos de contactos? Ter actualizados os teus datos é fundamental para poder ofrecerche o mellor servizo. Por iso, se mudas de enderezo, de teléfono, ou de correo, é importante que os actualices. Poñemos a túa disposición tres formas moi sinxelas de facelo. Podes chamarnos ao 981 910 522, podes actualizalos na Banca electrónica, accedendo a “Datos persoais” dentro de “O meu perfil”, ou podes darnos os novos cando pases por unha das moitas oficinas que temos preto de ti.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#227 -
Como podo realizar un traspaso? Se dispós do servizo de Banca a Distancia podes realizar un traspaso entre as túas contas ou unha transferencia a outro titular mediante a banca eletrónica, seleccionando a opción Transferencias.
Tamén podes realizalos desde a túa banca móbil seleccionando a conta desexada, pulsas Traspasos e seleccionas a conta de destino; ou chamando ao servizo de banca telefónica ao teléfono 981 910 522.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#241 -
Podo pagar imposto, multas ou recibos pola Banca Electrónica ou pola web? Se xa es cliente e descargácheste a *App" de Banca móbil, é moi sinxelo, só tes que entrar na túa Banca móbil e capturar o código de barras da multa ou recibo (como facer unha foto) e seleccionar a conta ou cartón desde a que queres facer o pago. Tamén podes realizar o pago desde a túa Banca electrónica ou Banca telefónica. Se non tes as claves para usar a túa Banca a distancia, podes contratala facilmente aquí e enviámoschas.
Se non es cliente, podes pagar cunha tarxeta financeira unha multa ou un recibo utilizando a pasarela de pagos.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#246 -
Como funciona o informe de gastos na Banca electrónica? O informe de gastos é unha ferramenta gratuíta fantástica para xestionar o teu diñeiro da forma máis eficiente. A través dun documento moi completo onde agrupamos os teus gastos por categorías (caixeiros, supermercados, restaurantes, saúde…) poderás saber dunha ollada en que gastas os aforros.
Interésache? Activalo é moi sinxelo: podes facelo cando e onde ti queiras, dende a túa banca electrónica ou o móbil. Na túa banca electrónica accede ao apartado “Tarxetas”, e dentro deste a “Informe de gastos”, na columna da esquerda. Se xa tes a app de banca móbil, podes activar o servizo dende o apartado de tarxetas, onde deber seleccionar unha delas e premer no gráfico de barras do interior do debuxo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#287 -
Como podo realizar unha compravenda de billetes en moeda estranxeira (divisas)? Podes solicitar ou ingresar moeda estranxeira en calquera das nosas oficinas.
Se necesitas billetes en moeda estranxeira para as túas viaxes u outras cuestións, podes solicitar ou ingresar moeda estranxeira en calquera das nosas oficinas.
Tamén podes facelo a través do servizo de Banca telefónica, no que che daremos unha cita na oficina máis preta de ti para que non fagas colas e teñas os billetes preparados. Chámanos ao 981 910 522 e selecciona a opción de Banca telefónica con horario de L a V de 8:00 a 22:00 (agás festivos nacionais).
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#209 -
Operacións dispoñibles con contas en divisas Se es cliente de Banca a Distancia, podes ordenar traspasos en euros ou en divisas entre as túas contas. Para iso debes acceder á opción Transferencia – A outros países da túa Banca Electrónica. Antes de realizar o traspaso confirmarémosche o tipo de cambio que se aplica na operación e os datos para que comprobes que a transacción é correcta.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#210 -
Como podo acceder ao meu perfil de banca electrónica? Podes consultar o teu perfil de cliente de ABANCA a través da túa banca electrónica accedendo no menú superior á opción ‘O meu perfil’. Aquí podes comprobar, entre outras cousas, os teus datos persoais e o nivel que tes asignado dentro do Programa Cero Comisións. Tamén podes modificar algúns datos do teu perfil, como o "alias" das contas, ou ocultar as contas que non desexas consultar.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#242 -
E podo enviarme diñeiro a min mesmo con Hal-Cash? Xaora que si! Do mesmo xeito que lles envías cartos a outras persoas, podes mandarchos a ti mesmo/a. E iso que sentido ten? Pois moi doado, porque como con Hal-Cash non necesitas tarxeta, podes enviar cartos a ti mesmo directamente desde a túa conta coa app do móbil ou coa banca electrónica. Disporás de dous contrasinais tamén, que serán os que deberás usar no caixeiro para retirar o diñeiro. É moi sinxelo, e xa verás como cando o fagas algunha vez repites.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#302 -
Como acceder ao buzón dixital? Se accedes ao buzón dixital por primeira vez, por seguridade, terás que crear un contrasinal. Poderás facelo de forma sinxela desde a ‘Área cliente’ en www.abanca.com.
Unha vez teñas as túas claves, xa poderás acceder co teu NIF e contrasinal desde a mesma “Área cliente”.
Pero lembra, só terás este servizo dispoñible se che avisamos previamente por correo postal.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#601 -
Para que serve o buzón digital? O buzón dixital é sinxelo, cómodo e sustentable. Grazas a el poderás:
- Consultar os movementos das túas contas e traxetas
- Gardar e imprimir todas as comunicacións do teu banco desde calquera dispositivo con acceso a internet
- Recibir un aviso mensual de nova correspondencia por email ou SMS, que poderás xestionar en ‘O meu perfil’
- Realizar procuras das comunicacións que che enviemos
- Modificar o contrasinal
Lembra que só terás este servizo dispoñible se che avisamos previamente por correo postal.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#602 -
Cal é o meu número ou código de usuario da miña banca electrónica e da miña app de banca móbil? O teu usuario para acceder á túa banca electrónica é o teu NIF/ NIE con letra. Lembra que se debe teclear sempre con 8 díxitos + letra, incluíndo tamén os ceros que teña á esquerda. Por exemplo: 00123456A. No caso de que non dispoñas de NIF, o teu código de usuario será o teu número de contrato de banca a distancia.
Para acceder á túa banca electrónica, tes que utilizar ese usuario e un PIN. Se non o lembras, podes solicitar un novo agora mesmo.
Lembra que se non tes o servizo de banca electrónica contratado ou non dispós de claves de acceso podes solicitalas directamente na nosa web. Podes realizar toda a contratación de forma online de forma rápida e sinxela.
Se despois de todo necesitas axuda para acceder co teu usuario á túa banca electrónica ou app de banca móbil, podes chamarnos ao 981 910 522 e axudarémoste.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/operatoria-banca-electronica#708