• Axudámosche
  • Oficinas
  • @somosABANCA
  • fa fa-facebook
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-instagram
  • Blog
  • Sala de comunicación
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Área cliente
  • Faite cliente
Menu
  • Opcións accesibilidade
    • Texto

    • Filtros de cor

    • Seleccionar cores

  • Área cliente
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
  • Sala de comunicación
  • B Blog
  • Tusitiodecompras.es
  • Vive la vida
  • Para a túa empresa
  • Español
Volver a axuda
Banca a distancia
PSD2
  • Que é a dobre autenticación ou a Autenticación Reforzada de Clientes (SCA) e que significa para min?

    A Autenticación Reforzada de Clientes, tamén coñecida como “ Strong Customer Authentication” ou “ SCA” polas súas siglas en inglés, supón a aplicación de novas medidas de seguridade que farán que os pagos con tarxeta sexan aínda máis seguros, xa que será a forma na que vas identificarte cando ordenes pagos en comercios presenciais ou por internet.

    Estas novas medidas de seguridade introducíronse a través da nova Directiva de Servizos de Pago, tamén coñecida como PSD2, unha norma que temos que cumprir todos os provedores de servizos de pago (como os bancos) e que comezou a aplicarse nas compras presenciais xa en setembro de 2019.

    Para as compras online comezou a aplicarse o 1 de xaneiro de 2021, e os factores de autenticación que che pedimos non son os mesmos que para as compras presenciais. Cando compres online, pedirémosche 2 dos seguintes 3 tipos de factores de autenticación:

    • Coñecemento: algo que sabes, como o teu contrasinal de acceso á banca electrónica, ou determinadas posicións do PIN da túa tarxeta.
    • Posesión: algo que posúes, como a nosa app vinculada ao teu smartphone, ou o móbil no que recibes os contrasinais dun só uso que che enviamos por SMS.
    • Inherencia: algo que "es", por exemplo, elementos biométricos como o recoñecemento facial ou a pegada dactilar.

    Estes novos factores de autenticación foron deseñados para darche aínda máis confianza e protección ao pagar.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/psd2#678
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Teño que facer algo para que as novas medidas de seguridade funcionen?

    É importante que teñamos unha canle de comunicación contigo para poder pedirche e que nos poidas mandar os factores de autenticación de forma segura, por iso, é necesario que te asegures de que temos os teus datos actualizados, en particular, o teu número de móbil.

    Ademais, se queres facer compras por internet deberás estar dado de alta na nosa banca electrónica, se aínda non o estás podes facelo desde a nosa web.

    Se te descargas a nosa app, todo o proceso será máis sinxelo. Tamén deberás descargarche nosa app, para que os pagos ademais de seguros, sexan cómodos e rápidos.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/psd2#679
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como podo rexeitar a modificación contractual relacionada con PSD2 que recibín?
    Recentemente modificamos os contratos dos nosos clientes para dar acollida a este cambio lexislativo comunitario. Non debes preocuparte, ao contrario, porque precisamente esta directiva o que fai é que ninguén, salvo ti, poida compartir os teus datos financeiros, e que para facelo debes mostrar a túa autorización inequívoca e expresa. 
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/psd2#663
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Que é PSD2?

    PSD2 (Payment Service Directive 2) é unha directiva europea que ten como obxectivo mellorar a seguridade e reforzar a protección contra fraudes nas operacións financeiras feitas a través de internet. Ademais, tamén regula o acceso á información que custodia o teu banco sobre o teu diñeiro por parte de terceiros, para que sexas ti o que teña sempre o control. Tes información práctica sobre PSD2 en Cuentas Claras, o noso blog.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/psd2#680
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Por que me pedides unha clave cando fago unha consulta de movementos antigos?

    Facémolo pola túa seguridade e porque así o que esixe a lexislación europea que o regula. A directiva PSD2 ampliou o uso de medidas de autenticación reforzada ou dobre autenticación (que utilizamos desde hai tempo en ABANCA) nalgúns casos concretos co obxectivo de aumentar a seguridade. Un deses casos é cando levas tempo sen autenticar a túa identidade ou cando queres ver información de máis de 90 días de antigüidade. Desde a entrada en vigor da norma é necesario teclear unha clave que enviaremos ao teu móbil.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/psd2#681
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Cando debo usar clave para realizar unha transferencia?

    Sempre che pediremos unha clave de seguridade -que che enviaremos ao teu móbil- para realizar unha transferencia, excepto nos seguintes casos:

    • Cando fagas un traspaso entre contas do mesmo titular.
    • Se a conta destino está na túa lista de 'Beneficiarios de confianza'.
    • Se a operación está na túa lista de 'Operacións favoritas'.
    • En transferencias de menos de 500 euros.
    • En pagos de menos de 30 euros, aínda que cha poderemos pedir se fas varios pagos continuados de pequeno importe.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/psd2#682
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Por que podo realizar operacións sen introducir a clave de seguridade?

    Seguindo os estándares de seguridade da normativa europea PSD2 nalgunhas operacións non che solicitaremos ningunha clave para finalizar a operación.

    Isto sucede sempre que a normativa o permita e só se as nosas medidas de seguridade indícannos que a operación está exenta de risco, desta forma evitamos a dobre autenticación e facémosche a operación máis cómoda.

    Por exemplo, se usas a app de ABANCA non necesitarás unha clave cada 90 días para consultar as túas contas na banca electrónica; en transferencias de baixo importe só che pediremos a clave para finalizar a operación cando realices varias de forma continuada; non necesitarás clave cando fagas transferencias aos teus ‘Beneficiarios de confianza’, etc.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/psd2#683
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Que é e cando se me vai a pedir a clave de seguridad?

    A clave de seguridad é un código dun só uso que utilizamos para confirmar a túa identidade, de acordo coa lexislación e as mellores prácticas. Enviarémoscha nos seguintes casos.

    • No acceso á túa banca electrónica (particulares ou empresas). Esta solicitude puntual repetirase cada 90 días. Non che pediremos esta clave se te conectaches á app de ABANCA nos 90 días anteriores.
    • Na consulta de movementos. Cando solicites movementos de máis de 90 días de antigüidade.
    • En operacións de ABANCA Cash, creación de tarxetas virtuais, recarga de móbiles ou envío de ficheiros de pagos.
    • En transferencias solicitarémosche a clave de seguridade, excepto nestes casos:
      • Cando fagas un traspaso entre contas do mesmo titular
      • Se a conta destino está na túa lista de ‘Beneficiarios de confianza’, que ti mesmo podes xestionar en ‘O meu perfil’ > ‘Open Banking’
      • Se a operación está na túa lista de ‘Operacións frecuentes’ que deses de alta en ‘O meu perfil’ > ‘Open  Banking’
      • En transferencias de menos de 500 euros exentas de risco
      • En pagos de menos de 30 euros, aínda que cha poderemos pedir se fas varios pagos continuados de pequeno importe

     

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/psd2#684
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Por que o meu token físico xa non é válido?

    A normativa europea que regula estes asuntos de seguridade, PSD2, esixe informar da operación que se vai a realizar con cada clave que se envía. Os tokens físicos actuais (que teñen un só botón) non informaban da operación que o cliente vai validar, polo que non cumpren os requirimentos legais esixidos. Para solucionalo simplemente debes rexistrar o teu teléfono móbil para que podamos enviarche as claves con toda a información necesaria.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/psd2#685
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Que son os ‘Beneficiarios de confianza’?

    Desde a túa banca electrónica poderasnos indicar as contas dos teus amigos, provedores, clientes habituais… Estes serán os teus ‘Beneficiarios de confianza’, polo que non necesitarás unha clave de seguridade cando lles envíes diñeiro. Ademais, tamén poderás definir as túas ‘Operacións frecuentes’ para executalas cun só clic e sen necesidade de introducir claves adicionais.

    Podes xestionalos na túa banca electrónica, en ‘O meu perfil’ > ‘Open Banking’.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/psd2#686
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Por que necesito unha dobre clave para conectarme?

    A normativa europea que regula estes aspectos de seguridade relacionados coa túa información financeira (PSD2) determina en que casos é necesario empregar medidas de autenticación reforzada ou dobre autenticación para reducir a fraude e aumentar a seguridade. Isto significa que ás veces necesitaremos que empregues polo menos dous destes métodos:

    • Algo que tes (o móbil onde se reciben as mensaxes coas claves de seguridade)
    • Algo que sabes (o PIN da túa banca electrónica)
    • Algo que es (pegada dactilar ou recoñecemento facial no móbil

    Como estas medidas de control son independentes entre si, no caso de que unha delas estea comprometida a efectos de ciberseguridade, o risco de ameaza diminúe dado que vai ser necesario pasar un dobre filtro de control. Isto, sen dúbida, suma un motivo de tranquilidade para os usuarios en canto á protección dos seus datos e actividades financeiras.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/psd2#688
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como podo dar de alta ‘Beneficiarios de confianza’ e ‘Operacións frecuentes’?

    É moi fácil! Accede ao teu perfil de banca electrónica e entra na sección ‘Open Banking’. Aquí poderás xestionar e dar de alta e de baixa aos teus beneficiarios de confianza e as túas operacións frecuentes. Ademais, tamén poderás consultar as aplicacións de terceiros ás que lles deches acceso aos teus datos bancarios.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/psd2#687
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Que teño que facer se non podo acceder á miña banca electrónica?

    Se non temos rexistrado o teu número de móbil na nosa base de datos, non poderás conectarte á túa banca electrónica por cuestións de seguridade. Podes rexistralo en calquera oficina ou por teléfono 900 815 023 (ou ao +34 981 910 522 se nos chamas desde o estranxeiro).

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/psd2#692
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Necesito a app de banca móbil de ABANCA para comprar online?

    Na contorna lexislativa europeo de medidas para a protección dos consumidores, ao longo de 2020 será necesario que valides as túas compras utilizando métodos de Autenticación Reforzada de Clientes, tamén coñecida como “Strong Customer Authentication” ou “SCA”.

    Se tes descargada a última versión da nosa app de banca móbil poderás facer eses pagos online de forma máis sinxela, cómoda e rápida.

    Aínda non a tes? Podes descargar a nosa app nas stores oficiais dos teus dispositivos.

    Se xa tes descargada a nosa app de banca móbil, debes asegurarte de que é a última versión. Lembra que se cambias de dispositivo, terás que volver vincular a app ao novo teléfono.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/psd2#718
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Quen poden solicitar información das miñas contas?

    Poden solicitar a ABANCA información sobre as contas dos clientes unhas entidades que se denominan “provedores de servizos de pago”, fundamentalmente entidades financeiras e de procesamento de pagos que, e isto é o importante, só poderán acceder aos teus datos se o solicitaches e autorizaches de forma expresa. 

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/psd2#660
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Que podo facer se non recibo a notificación na miña app para confirmar unha compra? 

    Se estás a pagar unha compra por internet e non recibes a notificación na túa banca móbil para confirmala, non te preocupes. Tan só deberás facer clic en "Non recibiches a notificación na túa Banca Móbil?" e darémosche unha alternativa.

    Ademais, recomendámosche que revises se tes as notificacións activadas no teu móbil para que as túas compras sexan o máis sinxelas posible.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/psd2#748
    • En Twitter
    • En Facebook

Se non atopas o que buscas, podes...

  • @somosABANCA
  • preguntárnoslas por escrito
  • venir a las oficinas
  • Seguros
  • Promociones y ofertas
  • Operaciones habituales
  • Programa Cero comisiones
  • Oficinas, horarios, valores
  • Banca a distancia
  • Términos financieros: Glosario
  • Productos y servicios
  • Productos y servicios
  • Tarjetas
  • Axudámosche
  • @somosABANCA
  • SomosABANCA
  • fa fa-youtube
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-bold
  • fa fa-instagram
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Presenza Internacional
    • Sala de comunicación
    • Banesco Internacional
    • Traballa con nós
    • Contáctanos
    • Servizo de Atención ao Cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Información MIFID
    • Seguridade
    • Outra información legal
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Cuentas Claras: Blog de ABANCA
    • Área cliente
    • Área cliente empresas
    • Bróker online
    • ABANCA Servicios financieros
    • ABANCA USA
    • ABANCA Portugal
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Open Banking
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
prb-logo-colour
logo-pie-pri
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.