-
Por que os cargos de Samsung Wallet tardan en aparecer nos meus movementos? As operacións con Samsung Wallet procésanse en dúas fases.
A primeira fase é a autorización, que xera o bloqueo do importe correspondente na túa conta ou tarxeta. A segunda fase é a liquidación, que se produce uns días máis tarde. Ese o momento en que se fai efectivo o cargo na túa conta ou tarxeta, e a razón pola que tarda varios días en aparecer nos teus movementos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/samsung-wallet#473 -
Que é Samsung Wallet e que requisitos teño que ter para o pagamento con Samung Pay? Samsung Wallet é unha solución de última xeración coa que podes realizar transaccións de xeito sinxelo e seguro en comercios, ademais de xestionar chaves e documentos de identidade. Con Samsung Pay - integrado no teu Wallet- na internet como off-line. Para iso só tes que achegar o teu dispositivo móbil compatible ao terminal de punto de venda (TPV) contactless. Durante o proceso para asociares unha tarxeta ao servizo de Samsung Pay é necesario que o móbil teña cobertura de datos e acceso á rede telefónica para recibir SMS. Ao que remate o proceso de asociación da tarxeta ao servizo, para realizares un pagamento con Samsung Wallet non tes por que ter conexión de datos nin a wifi activada.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/samsung-wallet#263 -
Como podo obter Samsung Wallet? Os dispositivos Samsung compatibles teñen instalada a aplicación de Samsung Wallet, aínda que nalgúns casos pode ser necesaria unha actualización do software do móbil.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/samsung-wallet#264 -
Pode acceder o comercio aos meus datos con Samsung Wallet? Non, non pode. Samsung Wallet protexe os teus pagamentos con tres capas de seguridade. Os datos codificados da tarxeta almacénanse no elemento seguro e nunca se comparten co establecemento, nin os bancarios nin os teus contactos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/samsung-wallet#265 -
Podo asociar calquera tarxeta a Samsung Wallet? Podes asociarlle a Samsung Pay calquera tarxeta Visa ou Mastercard de ABANCA. Non son compatibles as tarxetas prepagamento nin a tarxeta comercio.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/samsung-wallet#266 -
Que debo facer se me rouban ou perdo o móbil co que uso Samsung Wallet? Non te preocupes, porque ninguén pode facer pagamentos nin acceder á túa información bancaria sen a pegada ou o PIN de Samsung Wallet. Para aumentares a seguridade, o servizo Find My Mobile de Samsung permíteche bloquear ou borrar Samsung Wallet e mais as súas tarxetas de pagamento asociadas.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/samsung-wallet#267 -
A imaxe da tarxeta que se ve en Samsung Wallet non coincide co deseño da miña tarxeta física. É algún problema? A imaxe da tarxeta que se xerou para o servizo Samsung Wallet é un deseño estándar, polo que é posible que non coincida exactamente coa tarxeta física. Comproba unicamente que coincidan os últimos catro díxitos que aparecen na imaxe cos da túa tarxeta física.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/samsung-wallet#269