-
É de balde a banca electrónica? Si, a banca electrónica non supón custo ningún, nin de alta nin de mantemento.
Ademais moitas das operacións bancarias que fagas (como as transferencias, por exemplo), son máis baratas se as realizas a través da banca electrónica que se as fas en oficinas. Se queres empezar a utilizalo ou saber máis sobre as súas vantaxes, explicámoscho todo mellor no servizo de banca a distancia desta web.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/tarifas-de-banca-electronica#64 -
As transferencias son gratuítas en banca a distancia? As transferencias en banca a distancia son totalmente gratuítas se as fas a contas de ABANCA. Para todas as demais tarifas, podes consultar o documento de prezos
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/tarifas-de-banca-electronica#65 -
Canto custa mercar e vender valores a través da banca a distancia ou do bróker online? Se realizas as túas operacións a través do bróker online desde a túa banca electrónica ou app, terás unha tarifa plana por operación, en función do volume da compravenda e do mercado no que queiras operar. Consulta toda a información sobre as nosas tarifas!
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/tarifas-de-banca-electronica#66 -
Canto custan as operacións con tarxetas a través de banca a distancia? Moitas das operacións que realices con tarxetas serán gratuítas para a túa tarxeta de débito. Será gratis, por exemplo, o pagamento de recibos e tributos municipais, así como de impostos da Axencia Tributaria ou de calquera outra administración.
Para todas as demais tarifas, tanto de tarxetas de débito como de crédito, consulta o noso documento de prezos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/tarifas-de-banca-electronica#67 -
Cal é o usuario e PIN da miña banca electrónica e da miña app de banca móbil? O teu usuario para acceder á túa banca electrónica é o teu NIF ou NIE con letra. Lembra que se debe teclear sempre con 8 díxitos + letra, incluíndo tamén os ceros que teña á esquerda. Por exemplo: 00123456A.
No caso de que non dispoñas de NIF, o teu código de usuario será o teu número de contrato de banca a distancia. Para acceder á túa banca electrónica, tes que utilizar ese usuario e un PIN.
O PIN é un número secreto de 4 ou 6 cifras. Se non o lembras, podes solicitar un novo desde a páxina de acceso á banca electrónica ou na túa app móvil. Solicitarémosche uns datos para obter o novo PIN.
E, por suposto, para acceder tes que ter contratado os nosos servizo de banca a distancia (banca electrónica, banca móbil e banca telefónica), así que, se aínda non o tes ou non dispós de claves de acceso, podes solicitalas directamente nesta web. Podes realizar a contratación totalmente online de forma rápida e sinxela.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/banca-electronica/tarifas-de-banca-electronica#185