Seguros
-
Que documentación necesito para contratar un Seguro Auto?
En realidade, moi pouca. Só che solicitamos o teu DNI, o carné de conducir dos condutores (tanto do tomador como do propietario), o permiso de circulación do coche e a súa ficha técnica.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#47
-
Con que compañías traballades no Seguro Auto?
ABANCA traballa unicamente coas principais compañías aseguradoras: Allianz, Pelayo, Caser, Direct Seguros, AXA e Liberty. Axudámosche a buscar a mellor oferta entre as seis principais aseguradoras do sector en España.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#48
-
Se vivo en alugueiro, de que me vale o Seguro Fogar?
Ao ser o continente (a vivenda) propiedade de outra persoa, o habitual é que sexa o propietario ou propietaria quen asegure o inmoble. De todos os xeitos, é aconsellable que ti como inquilino asegures o contido da vivenda: mobiliario, cadros, xoias, etc. que sexan teus, e así evitarás o dano que un accidente ou roubo poida causar sobre eles.
Ademais, aínda que a vivenda doutra persoa, ti podes ser causante dun dano nela polo que debas responder, como danos na construción, nas paredes, nos canos da auga, etcétera. Así que é recomendable que teñas asegurada polo menos unha parte do continente para así ter cuberta a responsabilidade civil que se deriva del.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#49
-
Como funciona o servizo de bricolaxe do Seguro Fogar?
Non todos somos habelenciosos coas cousas da casa. Por iso, co servizo de bricolaxe podes solicitar axuda 1 ou 2 veces ao ano (3 horas máximo por visita), dependendo da compañía, para montar mobles, andeis, colocar cortinas ou instalar lámpadas. Só tes que ter contratado un Seguro Fogar ABANCA, chamar a Cáser ao 902 366 505 e solicitar este servizo de balde.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#50
-
As coberturas das pólizas, son as que aparecen nesta web?
As coberturas que se explican nesta web correspóndense cunhas determinadas pólizas que están en vigor agora mesmo. Estas condicións poden non ser as mesmas que as da póliza que asinaras ti no seu día, ou cás da póliza que vaias asinar no futuro. En calquera caso, o documento polo que te debes guiar para establecer a cobertura de cada seguro é o contrato que asinases.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#51
-
Que é a regra proporcional nos seguros?
A regra proporcional é unha fórmula que se utiliza para calcular a indemnización que recibes en caso dun sinistro parcial nos bens que tes asegurados. Esta regra aplícase cando existe un infraseguro, é dicir, cando aseguraches o valor da túa vivenda ou dos teus bens por un importe inferior ao seu valor real, por exemplo, para pagar menos na túa cota mensual por errar no cálculo dos bens asegurados.
Se se dese ese caso, calcularíaseche a indemnización tendo en conta a diferenza entre o que aseguraches e o valor real dos bens. Por exemplo, se o valor real da túa vivenda é de 60.000 € e a tes asegurada por 40.000 €, e se destrúe a metade, recibirás 20.000 € en lugar de 30.000 €.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#52
-
Como funciona a carencia no Seguro Saúde?
A carencia é o período que pasa entre que se contrata un seguro e se empeza a beneficiarse da cobertura. Os períodos de carencia varían entre compañías e coberturas.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#55
-
Que beneficios teño se traio o meu seguro médico a ABANCA?
Se traes o teu seguro médico doutra compañía a calquera das que ofrece ABANCA poderás beneficiarte dunha supresión dos períodos de carencia. Así, por exemplo, se acreditas que tiveches cobertura de seguro durante máis de 12 meses e estás ao corrente de todos os pagamentos, non terás período de carencia nin en Sanitas nin en Caser. Só se che manterán os períodos de carencia correspondentes en servizos de asistencia a parto e de psicoloxía (Sanitas), e de asistencia a parto, planificación familiar e reprodución asistida (Caser).
Pola contra, se nun momento dado desexas mudar de compañía aseguradora debes avisalo con 2 meses de antelación, tanto a Caser como a Sanitas.
Ademais, lembra que se traes o teu Seguro Saúde a ABANCA poderás beneficiarte da Tarifa Plana de ABANCA Seguros, que inclúe o fraccionamiento das cotas, o adiamento de ata 2 mesesno pagamento, sen xuros nin comisións, e unhas bonificacións que poden chegar ata un 7%.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#56
-
¿Que máis vantaxes ten o Seguro Decesos de ABANCA?
Os nosos seguros de decesos incorporan algunhas vantaxes e beneficios para a túa vida como programas de envellecemento activo, ximnasia, algúns servizos médicos, como o servizo AVANTSAÚDE ou como programas de protección ante accidentes familiares.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#247
-
Que seguros podo incluír na Tarifa Plana de ABANCA Seguros?
Podes incluír todos os seguros que teñas contratados a túa familia e mais ti connosco, sempre que sexas o titular da conta.
Os seguros cos que podes contratar a Tarifa Plana son:
Ramos Compañías Modalidades Vida Risco (libre) ABANCA Vida e Pensións BIA Vida Plus
BIA Vida Premier
Vida MullerFogar (libre) Caser Fogar Integral
Fogar PremierSaúde Caser
SanitasCaser Saúde Cadro Médico
Caser Saúde Reembolso
Sanitas Cadro MédicoDecesos Caser
AlmudenaCaser Decesos
Almudena DecesosAuto Direct Seguros
Axa
Liberty
Caser
Pelayo
AllianzAccidentes ABANCA Vida e Pensións Premier
Completo
Básico
Porén, non poderás incluír na Tarifa Plana os seguros de prima única ou aqueles que non estean nestes ramos e modalidades. Tampouco poderás incluír os seguros que non comercialice ABANCA Seguros, pero lembra que si podes traer seguros doutras compañías a ABANCA Seguros para aproveitar as nosas vantaxes.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#248
-
Como funciona o adiamento de pagamentos coa Tarifa Plana de seguros?
Coa Tarifa Plana de ABANCA Seguros podes adiar ata dous pagamentos ao ano. Se aprazas o pagamento dunha cota, cobrarémosche o importe xunto coa seguinte mensualidade. Se decides adiar o pago de 2 cotas cobraránseche nos dous recibos posteriores.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#249
-
Como funciona a bonificación da Tarifa Plana de seguros?
A bonificación da Tarifa Plana de ABANCA Seguros aplícase sobre cada cota mensual e se actualiza coa contratación de cada seguro. A bonificación é maior cantos máis ramos de seguros inclúas na conta. Por exemplo, se inclúes un seguro de vida, un seguro de fogar e dous seguros de auto, computarán como 4 seguros pero só 3 ramos, polo que a bonificación será dun 3%.
Número de ramos 1 e 2 ramos 3 ramos 4 ramos 5 ramos Bonificación 0% 3% 5% 7% Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#250
-
Seguro de Fogar
Protexe a túa vivenda fronte a calquera dano ou imprevisto co Seguro Fogar ABANCA e benefíciate dunha das coberturas máis completas do mercado. Elixe a tranquilidade que máis te conveña!
Consulta maís información sobre o seguro de Fogar de ABANCA.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#358
-
Documentación de Seguro de Vida
Se a persoa falecida tiña contratado un dos nosos Seguros de Vida, debes presentarnos:
- DNI do falecido.
- DNI dos beneficiarios.
- Fe de vida, se hai un segundo asegurado.
- Libro de Familia.
- No caso de falecemento por enfermidade: historia clínica que recolla as causas do falecemento, a data de diagnóstico da enfermidade e evolución da mesma, así como os antecedentes persoais e datas de diagnóstico de calquera enfermidade relacionada.
- No caso de falecemento por mor dun accidente:
- Atestado sobre as causas do accidente.
- Accións seguidas polo xulgado ou policía.
- Informe forense.
No caso de que a información médica achegada non sexa suficientemente detallada, cabe a posibilidade de que o beneficiario teña que achegar máis documentación que será indicada oportunamente pola oficina.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#139
-
Como podo dar de baixa un seguro?
Calquera xestión relacionada cos teus seguros podes realizala en calquera das nosas oficinas de ABANCACompárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#232
-
Que son o continente e o contenido dun seguro de fogar?
Nun seguro de fogar, os bens que se poden asegurar divídense en continente e contido; é aconsellable que te familiarices con estes dous termos porque non basta con ter contratado un seguro para a nosa casa, tamén é necesario que estea ben feito e realizar unha correcta valoración dos teus bens.
O continente fai referencia á edificación en si e engloba estes elementos:
- Estrutura da vivenda: parede, teito…
- Construcións anexas: rochos, garaxes, instalacións deportivas…
- Instalacións: tubaxes, cableados…
- Elementos decorativos: parqué, pintura, moldura…
O contido engloba as pertenzas que se atopan dentro da vivenda ou rocho, como o mobiliario, electrodomésticos, enxoval, roupa ou alimentos, entre outros.
Un exemplo sinxelo que che vai a axudar a entender ambos os conceptos: se puidésemos poñer boca abaixo a nosa casa, o continente é todo o que permanecería no seu sitio e o contido todo o que caería.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#593
-
Podo cambar o continente ou contido da miña póliza en calquera momento?
Si, podes aumentar e diminuír os capitais asegurados, salvo que a túa póliza estea próxima á súa renovación, neste caso terás que esperar uns días.
Se aumentas o continente ou contido, xerarase un recibo pola diferenza de prima que xurda.
E se queres reducilos, recomendámosche que acudas á túa oficina para sempre teñas asegurada a túa vivenda por un capital suficiente xa que, en caso dun sinistro importante, a indemnización podería non alcanzar o dano que realmente sufrises.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/produtos/seguros#599