Menu
  • ico-info-broker

    Obtén toda a información

    Sobre a túa carteira, a rendibilidade e as túas operacións en curso.

  • ico-correspondencia-broker

    A túa correspondencia

    Enviarémosche os teus contratos de fondos e valores así como os xustificantes das operacións desde a túa banca electrónica.

  • ico-busca-valores-broker

    Busca valores

    Localiza valores e fondos interesantes para ti de forma eficaz dende calquera dispositivo.

  • ico-bolsa-broker

    Favoritos

    Podes incluir os teus índices, valores e fondos favoritos e facerlle seguimento sobre a súa evolución.

Opera co Broker online con valores e fondos de investimento

Todos os nosos clientes teñen ao seu dispor un bróker online para operar na bolsa da forma máis fácil e eficaz. Trátase dunha plataforma web e app con todo o que necesitas para moverte pola bolsa, buscar fondos de investimento ou mercar e vender accións. Tamén atoparás noticias de actualidade relacionadas con economía, mercados e empresas que che axudarán a estar ao día de toda a información.

O bróker online e os fondos de investimento:

Se o que queres é diversificar o teu diñeiro de forma fácil e económica temos un amplo catálogo de fondos de investimento, no que podes elixir entre fondos nacionais e internacionais os que mellor se adapten ao teu perfil financeiro e a ti. Ademais, non necesitas ser un experto, porque os fondos de investimento son administrados por xestores profesionais.

Ti decides o risco que estás disposto a asumir, desde un nivel baixo de risco ata outros cun risco máis elevado. Se che interesa, informámoste polo miúdo.Desde o noso bróker online tes á túa disposición toda a información para xestionar os teus fondos. Podes consultar a túa posición e, tamén, buscar ou facer un seguimento sobre os fondos internacionais que che resulten máis relevantes.

Os detalles sobre as principais características e riscos podes consultalos no folleto informativo e no documento de datos fundamentais para o investidor de cada fondo, que está ao teu dispor, xunto co resto de documentación legal esixible, na información detallada de cada fondo, no noso bróker e nas nosas oficinas, na sociedade xestora, e na web da Comisión Nacional do Mercado de Valores. Consulta os folletos dos fondos é imprescindible antes de tomar calquera decisión de investimento.

O bróker online e os valores:

Poderás agrupar todas as operacións na túa Conta de valores e aproveitarte dunha tarifa plana para a compra e venda de valores nacionais ou internacionais.

Que necesitas para empezar a utlizar o bróker online?

Se es cliente de ABANCA, só necesitas as túas claves de banca electrónica para darte de alta, se aínda non as tes pódelas solicitar e enviámoschas rapidamente. Se aínda non eres cliente de ABANCA podes abrir unha conta corrente online desde esta mesma web, en só uns minutos! Asegurámoscho!

imagen-broker-oline

Antes de investir na bolsa…

Para investir na bolsa o primeiro que necesitas é unha Conta de valores desde a que administrarás a túa carteira de accións. Terás todos os teus movementos con valores, agrupados e ordenados para que os consultes cando queiras.

A Conta de valores está asociada a unha conta corrente, á que lle cargaremos o importe das túas ordes de compra, as comisións relacionadas coas operacións e custodia dos valores que deposites etc. Tamén será aí onde se che ingresará o diñeiro procedente da venda das accións e dereitos, ou o cobramento dos dividendos. Aínda non tes a túa? Contrátaa xa desde bróker online co usuario e o contrasinal da túa banca a distancia.

As tarifas do teu bróker online

Se eres cliente de ABANCA e realizas as túas operacións a través do bróker online desde a túa banca electrónica ou app, terás unha tarifa plana por operación, en función do volume da compravenda e do mercado no que queiras operar.

Lembra que, coma en calquera operación bolsista, deberás aboar as taxas e mais os canons da bolsa, que son comúns para todas as entidades, ademais dos gastos de correo se aínda non activaches o servizo gratuíto de e-correspondencia. Ademais debes ter en conta os custos vinculados á custodia dos valores. Para máis información sobre custos e gastos podes poñerte en contacto con nós.

Para máis información sobre costes e gastos podes poñerte en contacto con nós ou consultar este documento.

Importe Comisión por operación
Mercado nacional
ImporteAta 3000 € Comisión por operación6 €
ImporteAta 10.000 € Comisión por operación9 €
ImporteAta 30.000 € Comisión por operación15 €
ImporteResto operacións Comisión por operación0,15%
Mercados internacionais
ImporteAta 20.000 € Comisión por operación20 €
ImporteResto operacións Comisión por operación0,30 %