Imaxe

Coida de ti.
Coida dos demais.

En ABANCA tamén estamos moi atentos a evolución do coronavirus (COVID-19). Para a túa tranquilidade, queremos que saibas que tomamos xa asmedidas necesarias para garantir que poderemos seguir prestándoche o mellor servizo en calquera situación, para que poidas dedicarte a te coidar e a coidar aos demais.

Estes días é fundamental que evites correr riscos innecesarios, é a túa responsabilidade. Lembra que tes á túa disposición ferramentas e servizos online que che permiten xestionar os teus cartos desde calquera lugar e hora, desde o teu móbil, a teu computador e mesmo telefonicamente, e que tes caixeiros automáticos moi preto de ti nos que podes retirar e ingresar diñeiro, pagar recibos con efectivo ou realizar traspasos ou transferencias, entre moitas outras opcións.

Por último, rogámosche que evites ir a unha oficina de ABANCA salvo para realizar as operacións moi excepcionais. Por motivos de saúde, algunhas oficinas poden estar pechadas ao público temporalmente. Antes de acudir a unha oficina, consulta o noso buscador, y lembra que o acceso está limitado e só permanecerá no seu interior un cliente por empregado. Coida de ti. Coida dos demais.

Axudámoste a atopar a información

Na nosa sala de comunicación contámosche a nosa colaboración para axudar coa crise polo COVID-19

Todo o que necesitas para as túas operacións online

COA TÚA APP DE BANCA MÓBIL

Na app de banca móbil de ABANCA podes facer transferencias, traspasos, pagar os teus recibos cunha foto, acender e apagar as túas tarxetas, xestionar os teus valores e fondos e ademais agora tamen podes firmar a contratación dalgúns produtos habituais como contas, préstamos, seguros, tarxetas... Mesmo se sodes varios titulares! Pregunta ao teu xestor e evita desplazamentos innecesarios ata a túa oficina.

Descárgaa e terás todos os servizos do teu banco na palma da túa man! Por iso está considerada unha das mellores do sector. Non o dicimos nós: os votos de miles de usuarios nas principais stores de aplicacións confírmano. Lembra que para utilizala debes tener un usuario de banca a distancia. É gratis, e podes solicitalo de forma 100% online agora mesmo.

movil-app-hola

CO TEU ORDENADOR OU TABLET

Desde o teu computador, o teu portátil ou a túa tablet: tes todo o banco ao alcance dun clic. Podes realizar desde o máis sinxelo, como un traspaso ou revisar os teus gastos, ata xestións máis complexas, como operar en valores e fondos. Non vaias ao banco se non o necesitas, deixa que sexamos nós quen nos acheguemos a ti! Ademais, a seguridade é o máis importante, por iso cumprimos os requisitos internacionais máis esixentes, para que fagas as túas operacións con toda a tranquilidade que merecen os teus cartos e os teus datos.

BANCA MÓBIL: A MELLOR APP PARA O TEU DÍA A DÍA

Cas tarxetas de ABANCA non che cómpre efectivo: podes pagar en moitos máis sitios dos que imaxinas, teñen unha chea de vantaxes e cumpren as medidas máis esixentes de seguridade. Lembra que podes solicitar calquera das tarxetas de ABANCA a través desta mesma web e recibila no teu domicilio.

Ademais, se o necesitas, tes un caixeiro moi preto de ti, e en moitos deles podes realizar operacións moi útiles chegado o caso, como ingresos en efectivo e pagos de recibos tamén en efectivo, transferencias, traspasos e moito máis.

Para saber máis...

dúbidas

DOCUMENTACIÓN

NO BLOG