
Coida de ti.
Coida dos demais.
Estamos contigo para ofrecerche os nosos servizos onde nos necesites. Agora, máis que nunca, temos que seguir coidándonos e evitar correr riscos.
Tes á túa disposición ferramentas e servizos online cos que xestionar o teu diñeiro desde calquera lugar e hora, devolver un recibo ou tamén obter un certificado de titularidade da túa conta. Todo desde o teu móbil, ordenador e mesmo telefonicamente. Ademais os caixeiros automáticos están moi preto de ti e permítenche retirar e ingresar diñeiro, pagar recibos ou realizar traspasos ou transferencias, entre moitas outras opcións.
A medida que pasan os meses non só fomos incorporando funcionalidades dixitais senón que tamén desenvolvemos medidas pensadas para axudar nas consecuencias do COVID-19 e así o seguiremos facendo.
Lembrámosche que se necesitas ir a unha das nosas oficinas, debes seguir as recomendacións sanitarias e as instrucións do persoal para evitar poñer en risco a saúde de todos. Coida de ti. Coida dos demais.
Todo o que necesitas para as túas operacións online
-
As túas apps
Tes unha das apps de banca móbil mellor valoradas do sector a túa disposición
-
Banca electrónica
Podes acceder á túa banca electrónica desde esta web e terás todo o teu banco a un clic
-
Tarxetas e caixeiros
As túas tarxetas permítenche pagar nas tendas físicas e online, e tes unha rede de caixeiros nos que podes facer máis cousas das que cres.
-
ABANCA Pay
-
ABANCA Cash
-
Informe de gastos
Controla os pagos con tarxetas do teu día a día no informe de gastos da túa app
-
Google Pay
-
Apple Pay
-
Broker online
Aprazamento de hipotecas e préstamos/créditos
Con motivo da publicación no BOE o pasado 3 de febreiro, da Real Decreto-lei 3/2021, do 2 de febreiro polo que se adoptan medidas para a redución da fenda de xénero e outras materias nos ámbitos da Seguridade Social e económico; polo cal se amplía o prazo de solicitude da Moratoria Legal ata o próximo 30 de marzo, temos que interromper temporalmente o proceso de Solicitude de Moratoria para adaptalo á nova situación.
Nos próximos días, poderás realizar a solicitude de aprazamento hipotecario ou non hipotecario tanto sectorial como legal a través desta mesma web.
Axudas ao alugueiro para persoas en situación de vulnerabilidade
Esta axuda para o alugueiro consiste na creación dunha liña de avais con total cobertura por parte do Estado para que podamos ofrecer financiamento a arrendatarios en situación de vulnerabilidade cun prazo de devolución de ata seis anos, prorrogable excepcionalmente por outros catro e que non comportará ningún tipo de gasto ou intereses para quen o solicite (0% TAE).
Isto é, un préstamo que abonaremos directamente ao teu arrendador para facer fronte a un máximo de seis mensualidades, que poderás devolver ao longo do próximos seis anos, sen que teñas que pagar nin gastos nin comisións (0% TAE).
Adianto do pago de prestacións por desemprego a afectados por ERTE
ABANCA chegou a un acordo coa Xunta de Galicia para adiantar o pago da pensión por desemprego aos traballadores residentes en Galicia afectados por un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) provocado pola crise do COVID-19.
En base a esta colaboración coa Xunta, ABANCA pode poñer ao dispor dos seus clientes un anticipo de ata dúas mensualidades de 750 euros cada unha, ata un máximo de 1.500 euros en total, para que poidan dispoñer de ingresos mentres non reciben o abono que lles corresponde.
Na nosa sala de comunicación contámosche a nosa colaboración para axudar coa crise polo COVID-19
-
Doamos 150 UCIS
-
Anticipamos as pensións
-
Axudamos as empresas
-
Apoiamos o deporte
-
Afundación na casa
-
Pago do alugueiro
-
Mascarillas para residencias
-
Protexemos a sanitarios
-
Ampliamos os supostos de moratoria
Para saber máis...
dúbidas
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG