Menu

1 / 6

Escala numérica, na que 1/6 é o indicador de menor risco e 6/6, de maior risco

FONDO DE GARANTÍA

ABANCA está adscrita ao Fondo de Garantía de Depósitos de entidades de crédito. O Fondo garante ata un máximo de 100.000 euros por depositante e entidade de crédito.

Se queres que o teu amigo tamén goce de todos os beneficios que ofrece ABANCA, aproveita! 50€ PARA TI E 150€ OU 300€ PARA O TEU AMIGO. Ata o 31 de xullo de 2024! Por cada amigo ou amiga que traias a ABANCA e domicilie a súa nómina, podes levar 50€. Se queres ler toda a información, consulta as bases legais da promoción.

Segue estes pasos para recomendarnos aos teus amigos

  • captacion-prestamo-1

    Comparte o teu código

    Se chegaches ata aquí é porque recibiches unha mensaxe cun código de cliente que tes que compartir cos teus amigos.

  • captacion-prestamo-2

    Que se fagan clientes

    O teu amigo terá que introducir o teu código durante o proceso de contratación da súa conta online Clara e posteriormente domiciliar a súa nómina.

  • captacion-prestamo-3

    Domiciliar a nómina

    Despois de recibir o primeiro ingreso da nómina do teu amigo, recibiredes os incentivos. Ti 50€ por recomendarnos e o teu amigo 300€ ou 150€ segundo a súa nómina e un 2% TAE polo seu saldo en conta.

Condicións da promoción

Para o prescritor: recibirás 50 euros netos (tras a práctica da retención fiscal vixente) na túa conta online Clara por cada prescrición efectiva realizada. Poderás realizar un máximo de 10 prescricións, polo que o beneficio máximo polas prescricións efectivas será de 500 euros. A promoción finaliza o 31 de xullo de 2024.

Condicións da promoción para o novo cliente, se domicilia a súa nómina ou pensión na súa conta online Clara (só é válida para novas domiciliacións de nómina ou pensión) e terá que cumprir unha permanencia de 24 meses, levará:

  • 300 euros netos para nóminas superiores ou iguais a 1200€.

  • 150 euros netos para nóminas de entre 800€ e 1200€

Para acceder á promoción é necesario asinar o anexo de compromiso de permanencia antes da domiciliación da nómina ou pensión en ABANCA. Non se aplicará a promoción a clientes que xa tivesen a súa nómina ou pensión domiciliada en ABANCA nalgún momento dos últimos 12 meses.

A efectos fiscais esta promoción ten a consideración de rendemento do capital mobiliario dinerario, sometido a retención fiscal do 19% conforme á normativa fiscal aplicable. Promoción non acumulable a outras ofertas de nómina.

Remuneración da Conta Online Clara, domiciliando unha nova nómina ou pensión dun importe mínimo de 800€. A remuneración será TXN 2% TAE 2% durante o primeiro ano, a contar desde o día 1 do mes seguinte á data de contratación da conta, para saldos de ata 15.000€. Liquidación mensual de xuros. Exemplo representativo para un saldo de 15.000€: TXN: 2% TAE: 2% Xuros brutos liquidados no ano: 300€.Remuneración dos saldos a partir do segundo ano: TIN 0% TAE 0%.

Para saber máis...

dúbidas