Menu

O comercio local é a alma de cada pobo, de cada barrio, de cada cidade.

É o lugar de traballo de familiares, amigos e coñecidos. É o trato de ti a ti, é chamar aos teus clientes polo seu nome e que acertes co que necesitan.

É tomar un café na de Manolo, ou baixar comprar o pan á de Sara.

É punto de encontro, é amabilidade e é proximidade. É facilidade de pago, é ilusión no produto. É tendencia e personalidade.

É coñecer e saber que lle gusta aos teus clientes. É confiar no que vendes e saber que non lles vas a fallar. É saber que sempre vas estar aí.

Por iso necesitamos o comercio local máis que nunca. Porque non podemos permitir que cada pobo, cada barrio e cada cidade quede sen alma.

#ApoiaOComercioLocal