-
Que é Alavuelta fideliza? Alavuelta fideliza é unha ferramenta de ABANCA para os comercios coa que poderás fidelizar os teus clientes. Terás ao teu dispor unha app con tarxetas de fidelización dixitais, tarxetas regalo para consumir no teu negocio e, no futuro, un escaparate en liña para mostrar e vender aqueles produtos e servizos que che interese destacar. Esta característica estará dispoñible nunha versión futura.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-fideliza#617 -
Como me podo dar de alta en Alavuelta fideliza? Ponte en contacto coa túa oficina e os nosos xestores darante de alta no servizo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-fideliza#618 -
Como funciona Alavuelta fideliza? Alavuelta fideliza permíteche ofrecerlles tarxetas de fidelización dixitais e tarxetas regalo aos teus clientes de forma fácil e sinxela. Os teus clientes almacenarán as tarxetas nunha app nos seus dispositivos móbiles, polo que as levarán sempre consigo.
Con esta app tamén poderán acceder ás ofertas ou eventos que publiques en Alavuelta atrae, e así estarán totalmente conectados contigo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-fideliza#619 -
Como se dá de alta un programa de fidelización en Alavuelta fideliza? Ao entrar na sección de ‘Tarxetas Fidelización’, poderás editar e activar o teu programa de fidelización pulsando o botón ‘Editar o teu programa’.
Nesta sección poderás configurar a tarxeta de fidelización introducindo o nome da tarxeta, a súa descrición e as condicións de xeración de puntos (a porcentaxe do importe que o cliente acumula no programa e o importe mínimo de compra para que se acumulen puntos). Non esquezas poñer a información de contacto que queiras que apareza na tarxeta e, por suposto, as condicións do programa de fidelización.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-fideliza#620 -
Como se adhiren os meus clientes a un programa de fidelización en Alavuelta fideliza? Desde a app de particulares de Alavuelta, os teus clientes poderán adherirse ao teu programa de fidelización cun só clic. Cando o fagan, a tarxeta de fidelización quedará almacenada na app do teu cliente de forma que poida acumular puntos cada vez que vai ao teu comercio.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-fideliza#621 -
Como podo coñecer o programa de fidelización que teño activo en Alavuelta fideliza? Na sección ‘Tarxetas fidelización’, poderás acceder a toda a información relativa ao teu programa:
- Puntos engadidos no programa a nivel diario
- Puntos trocados a nivel diario
- Total de puntos engadidos
- Total de puntos trocados
- Todas as operacións de cada tarxeta e o detalle cada operación.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-fideliza#622 -
Como se acumulan os puntos da tarxeta de fidelización dun cliente en Alavuelta fideliza? Poderá facelo picando na sección ‘Engadir puntos’. No teu aplicativo web deberás introducir o importe da venda e ler o código QR da tarxeta do teu cliente ou introducir o número da tarxeta para rexistrar e contabilizar os puntos.
A continuación, o sistema devolverache o número de puntos que se corresponden con ese importe.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-fideliza#623 -
Como se cambian os puntos dunha tarxeta de fidelización dun cliente en Alavuelta fideliza? Poderás facelo premendo en ’Trocar puntos’ desde o ‘Cadro de mando’ ou desde ‘Tarxetas fidelización’. No teu aplicativo web deberás introducir o número de puntos a trocar e ler o QR da tarxeta do teu cliente ou introducir o número da tarxeta para descontarlle os puntos.
A continuación, o sistema devolverache o importe para descontar na compra do teu cliente.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-fideliza#624 -
Como se dá de alta unha tarxeta regalo en Alavuelta fideliza? Na sección de ‘Tarxetas Regalo’, poderás editar o teu programa de tarxetas regalo pulsando o botón ‘Editar o teu programa’.
Poderás introducir o nome da tarxeta, a súa descrición e o tempo que terán os usuarios para usar a devandita tarxeta. Non esquezas poñer a información de contacto que queiras que apareza na tarxeta e, por suposto, as condicións da túa tarxeta regalo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-fideliza#625 -
Como podo coñecer as tarxetas regalo que teño vendidas en Alavuelta fideliza? Desde a sección ‘Tarxetas Regalo’ poderás acceder a un cadro de mando con datos agregados de todas as túas tarxetas: vendas totais e saldos actuais consumidos. Tamén poderás acceder ás tarxetas que vendiches e consultar toda a operativa asociada a cada unha delas.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-fideliza#626 -
Como se aplica o desconto dunha tarxeta regalo en Alavuelta fideliza? Poderás facelo premendo en ’Cobrar’ desde la sección ‘Tarjetas regalo’. No teu aplicativo web deberás introducir o importe da venda. A seguir, deberás ler o QR da tarxeta regalo do teu cliente ou teclear o número da tarxeta na túa aplicación e xa che sairá o resultado da operación: se lle queda saldo na tarxeta ou se deberá pagar unha cantidade a maiores
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-fideliza#627 -
Como me dou de baixa de Alavuelta fideliza? Daranos moita pena! Para darte de baixa só tes que escribirnos un correo electrónico a alavuelta@abanca.com e solicitarnos a baixa do servizo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-fideliza#628 -
Tes algunha dúbida cando usas Alavuelta fideliza? Ponte en contacto con nós Se necesitas algunha aclaración sobre algunha das funcionalidades, datos ou gráficos que se mostran en Alavuelta fideliza non dubides en escribirnos un correo electrónico a alavuelta@abanca.com comentándonos as dúbidas ou suxestións.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-fideliza#629 -
Como podo realizar unha devolución dunha compra na que se cambiaron puntos dunha tarxeta de fidelización en Alavuelta fideliza? Deberás entrar no histórico da tarxeta de fidelización do cliente. Poderás empregar o buscador para introducir o número da tarxeta.
Aquí atoparás todas as operación realizadas e un código asignado a cada unha delas. Localiza a operación en cuestión e selecciona a opción de 'Revertir' (frecha da dereita).
Abrirase unha ventá na que debes introducir a cantidade de puntos a devolver e o código da operación. Inmediatamente actualizarase o histórico e a tarxeta do cliente coa devolución.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-fideliza#632 -
Como podo realizar una devolución de una compra na que se acumularon puntos nunha tarxeta de fidelización en Alavuelta fideliza? Deberás entrar no histórico da tarxeta de fidelización do cliente (podes empregar o buscador para introducir o número da tarxeta).
Aquí atoparás todas as operación realizadas e un código asignado a cada unha delas. Localiza a operación en cuestión e selecciona a opción de revertir (flecha da dereita).
Abrirase unha ventá na que debes introducir o importe a devolver e o código da operación. Inmediatamente actualizarase o histórico e a tarxeta do cliente coa devolución.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-fideliza#633 -
Como podo realizar unha devolución dunha compra realizada cunha tarxeta regalo en Alavuelta fideliza? Deberás entrar no histórico da tarxeta de fidelización do cliente (podes empregar o buscador para introducir o número da tarxeta).
Aquí atoparás todas as operación realizadas e un código asignado a cada unha delas. Localiza a operación en cuestión e selecciona a opción de revertir (flecha da dereita).
Abrirase unha ventá na que debes introducir o importe a devolver e o código da operación. Inmediatamente actualizarase o histórico e a tarxeta do cliente coa devolución.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-fideliza#634