
Quero o mellor para a miña peme
Se andas á procura dun empréstito ou dun seguro, necesitas unha tarxeta ou queres que o teu negocio siga medrando nas mellores mans, aquí atoparás todo o que necesitas para xestionar as finanzas do teu negocio da forma máis cómoda: 100% online e dende o teu móbil, tablet ou computador. E benefíciate tamén do Programa Cero Comisións!
-
Quero un préstamo nas mellores condicións
Financiamento á medida das túas necesidades e asesoramento específico para a túa empresa, sexa cal sexa o teu sector.
-
Un préstamo a medida
Dá igual o sector ou o tamaño do teu negocio, que teñas unha necesidade puntual de financiamento ou que esteas buscando unha solución estrutural que che permita tirar o máximo rendemento da túa tesourería. Temos unha rede de expertos moi preto de ti e produtos a medida cos que cada ano axudamos a milleiros de clientes coma ti. Chamámoste?
-
-
Quero o mellor seguro para o meu negocio
Un seguro que entende que é o máis importante e cales son as coberturas que necesitas.
-
Seguro Peme
Protexe a túa nave ou o teu local coas mellores coberturas. Escolle só o que a túa empresa necesita e asegura o seu futuro, porque sabemos que o teu negocio non é igual aos demais.
-
-
Quero o financiamento que me axude a medrar
As Liñas ICO son a forma perfecta de que o teu negocio siga medrando, para que os teus proxectos non teñan barreiras.
-
Liñas ICO 2019
É o momento de que o teu negocio continúe medrando e en ABANCA queremos axudarche a que os teus proxectos se fagan realidade. Coas liñas de financiamento ICO podes dispoñer de ata 12,5 millóns de euros para facer realidade os teus proxectos. Nós axudarémosche a acceder a estas liñas de financiamento público.
-
-
Quero unha xestión áxil para os meus cobros
Anticipa o cobro das facturas que emitiu a túa empresa e obtén ao momento a liquidez que che cómpre.
-
Desconto Comercial
O desconto comercial é o mellor xeito de conseguir financiamento a curto prazo e de traballar sen estar preocupado pola túa tesouraría. Permitírache adiantar o cobramento das facturas que tes pendentes, sen agardar polo vencemento. Ganarás liquidez e poderás dedicarlle o tempo que aforras ao máis importante: facer negocios.
-
-
Quero unha tarxeta para xestionar o meu negocio
Con todas as ferramentas que necesitas para ter un control total da túa empresa e de todos os pagamentos que fas con ela.
-
Tarxeta VISA Business
Se es autónomo ou tes unha empresa, a VISA Business pode serche de grande axuda: crea todo tipo de informes a través da banca electrónica e, se queres, limita os gastos dos teus empregados. Benefíciate de diferentes opcións de financiamento e personaliza as tarxetas coa imaxe da túa empresa, se así o desexas.
-
-
E levar as contas dende calquera sitio
Ten un control total das contas da túa empresa, en todo momento e esteas onde esteas. Toda a información que importa, sempre ao teu dispor.
-
Banca electrónica para empresas
Se hoxe non podes achegarte ás nosas oficinas podes facer as operacións dende o teu computador, móbil ou tablet. Un servizo sen custo que ademais che ofrece mellores tarifas que se acodes a realizar a operación á oficina. E todo coa maior seguridade posible.
-