
App de banca móbil,
o banco no teu peto
Os votos de usuarios coma ti nas principais tendas confírmano: a app de banca móbil de ABANCA é unha das mellor valoradas polos seus usuarios. E é gratis!.
Axudámoste a chegar a máis clientes por Internet e aumentar as vendas
Ti ocúpaste do teu negocio, nós de dixitalizalo
Ter presenza online e poder vender os produtos ou servizos as 24 horas do día, a calquera parte do mundo, é posible a través das solucións dixitais de ABANCA e MÁSMOVIL.
Axudámoste a estar onde están os teus clientes, para que poidas vender máis.
Descubre as solucións que temos pensadas para ti.

Comercio electrónico
Ter unha tenda online é poder vender os produtos e servizos sen importar a hora nin o lugar, a calquera parte do mundo. Como te axudamos a vender máis por Internet?
- Creación de e-commerce
- Funcionalidades SEO e de posicionamento en Internet.
- Xestión de métodos de pagamento.
- Revisión e xestión de recensións e comentarios asegurando a túa reputación online.
- Autoxestión dos contidos para que poidas actualizar a web sen necesidade de axuda.
- Deseñar, xestionar e enviar campañas masivas vía correo electrónico sen necesidade de coñecementos técnicos.
- Accesibilidade desde calquera navegador e dispositivo: móbiles, tabletas e PC.
- Dominio e certificado SSL incluído gratis.
- Funcionalidades avanzadas de marketing dixital.
- Poderás ter a web preparada para o multiidioma.
- Acompañamento, formación e posta en marcha.
Xestión das redes sociais
Estar onde están os teus clientes. Temos unha solución para que poidas implementar unha estratexia de redes sociais aliñada co teu negocio:
- Creación e xestión do teu perfil na rede social que elixas. -Produción de ata 4 contidos mensuais en formato post para publicar entre as redes sociais posibles que elixas.
- Monitorización dos impactos e resultados das accións realizadas nas redes sociais onde decidas estar presente.
- Optimización e análise do rendemento das accións levadas a cabo nas diferentes redes sociais.
Sitio web e presenza en Internet
Para que poidas dar a coñecer o teu negocio en Internet:
- Creamos a páxina web do teu negocio: accesible desde calquera navegador e dispositivo e en diferentes idiomas.
- Publicitamos o teu negocio web nos principais buscadores, directorios, mapas ou redes sociais (SEM).
- Posicionamento SEO e optimización da túa presenza online nos buscadores.
- Xestión de recensións e comentarios asegurando a túa reputación online.
- Dominio e certificado SSL incluído gratis.
- Autoxestión dos contidos para que poidas actualizar a web sen necesidade de axuda.
Asesorámoste en todo o proceso
Só por ser cliente de ABANCA contas co seguimento e mais o asesoramento personalizado de MÁSMOVIL e con todo o potencial das súas solucións tecnolóxicas. Sen custo e chave en man.
- Realizamos un estudo de que tan dixital é o teu comercio.
- Axudámoste a tramitar as subvencións.
- Axudámoste a implementar as solucións dixitais.
Temos o TPV que necesitas para dixitalizar o teu negocio
Delivery, ecommerce, comercio tradicional… Se tes un negocio, podemos axudarte.
Descubre todas as opcións que temos para ti.
-
TPV Virtual
- Unha pasarela de pagamentos para as túas vendas online
- Para unha ampla gama de tarxetas: VISA, Mastercard, Maestro, AMEX, JCB…
- Compatible con WooCommerce, PrestaShop… e co resto das principais plataformas de ecommerce
-
Cobro Fácil
- Unha solución de cobramento sinxela sen ter unha plataforma de comercio electrónico
- Envíalles un link ou un código QR aos teus clientes para realizar o pagamento en liña desde o ordenador ou o móbil
- Sen custo adicional e a través dunha web mobile-friendly
-
Fácil de usar
Xestiona os cobramentos por Internet e a distancia teñas páxina web de venda ou non.
-
Seguridade nos teus cobros
A nosa pasarela de pagamentos cumpre os estándares 3D Secure e Comercio Electrónico Seguro.
-
Financia os teus clientes
Poderaslles ofrecer financiamento aos clientes que fagan compras con tarxetas de crédito de ABANCA.
Descubre as tarxetas VISA ABANCA para negocios
(1) O importe das axudas dependerá do número de empregados da empresa:
- Ata 12.000 € de subvención para empresas entre 10-49 empregados/as.
- Ata 6.000 € de subvención para empresas entre 3-9 empregados/as.
- Ata 2.000 € de subvención para empresas entre 0-2 empregados/as.
Axente digitalizador: R Cable y Telecable Telecomunicacións S.A.U., con CIF A-15.474.281, con domicilio fiscal a efectos de notificacións en 15003, A Coruña, Rúa Real 85.
Para saber máis...
dúbidas
-
Podédesme axudar a solicitar os Fondos Next Generation da Unión Europea para a miña empresa?
Temos especialistas que te poden axudar a consolidar o teu proxecto para solicitar estes fondos. Consulta todos os detalles na sección de empresas, tamén che contamos como podes falar cun especialista.