Menu
  • ico-conocer-descubre

    Que é?

    É unha ferramenta analítica para comercios que che ofrece información do teu negocio, dos clientes, da competencia…

  • ico-ofertas-descubre

    Como funciona?

    Verás os datos do teu negocio como nunca os viches, e terás acceso a estatísticas do teu sector e zona de influencia.

  • ico-clientes-descubre

    Que ofrece?

    Que días vendes máis, como son os teus clientes ou de onde veñen… Tamén coñecerás a túa posición na clasificación respecto á competencia.

  • ico-euro-descubre

    Canto custa?

    Por ter un TPV de ABANCA, para ti esta ferramenta é totalmente gratis. Só necesitas activala desde a túa Banca Electrónica de Empresa.

Alavuelta descubre é unha ferramenta analítica que lles ofrece aos comercios e todo tipo de negocios a tecnoloxía de última xeración e as técnicas de big data que empregan as grandes compañías para tomar as decisións.

Desenvolvida integramente en ABANCA, esta aplicación está deseñada desde o seu inicio pensando en comercios e negocios, por iso Alavuelta descubre selecciona e interpreta os datos e mais a información realmente útiles para ti, e móstraos da forma e coa linguaxe e os recursos cos que xa estás familiarizado.

Con Alavuelta descubre poderás saber, por exemplo, que días realizas máis vendas; de onde proceden a maioría dos teus clientes e como son: o seu rango de idade, sexo ou cal é o importe medio das súas compras.

Ademais, e utilizando datos estatísticos agregados dos nosos clientes e da túa competencia, poderás saber por exemplo en que posto da clasificación estás respecto a outros negocios coma o teu e na túa zona ou, tamén, se o importe medio das túas vendas é mellor ou peor ca o do mes anterior ou da data que ti elixas.

alavuelta-demo1

Queres empezar a beneficiarche de Alavuelta descubre?

Podes acceder a Alavuelta descubre desde a túa banca electrónica de empresa e coñecer todas as opcións que che dá a ferramenta. É moi sinxelo, só debes facer clic en 'Tarxetas/Comercios' > 'TPV' > 'Alavuelta'. Descobre como lle podes sacar partido no teu caso concreto.

Alavuelta descubre é unha ferramenta pensada para que o teu negocio creza

  • Descubre información do teu negocio que descoñecías.
  • Adquire un mellor coñecemento dos teus clientes: como son, de onde veñen…
  • Saberás máis das túas vendas, como canto e cando vendes máis.
  • E terás máis información do teu sector, e en que posición estás fronte á competencia.
  • Obtén datos, aprende a tomar as decisións correctas ou como podes mellorar o negocio.

Que necesitas para acceder a Alavuelta descubre?

Ter un TPV de ABANCA, nada máis. Fácil, verdade? Para empezar a beneficiarche de toda a información que che proporciona Alavuelta descobre, só necesitas activar o servizo na túa banca electrónica de empresas, nas apartado 'Tarxetas/Comercios' > 'TPV' > 'Alavuelta'.

E se aínda non tes o teu TPV e queres contratar un, temos o servizo perfecto para ti. Podes elixir o que mellor se adapte ao teu negocio e contratalo en esta mesma web. Se tes dúbidas ou queres que cho expliquemos en persoa, solicita unha cita na oficina que ti queiras, á hora que ti queiras, sen esperas, porque sabemos que o teu tempo é moi valioso.

Dúbidas de usuarios coma ti

  • Outros comercios ou empresas poderán ver os meus datos?

    Nunca! Trátase de datos agregados e anónimos. Se tes un negocio moi singular, despreocúpate: se non temos datos de polo menos cinco comercios similares non ofreceremos esa información, para que ninguén poida identificar os teus datos

  • Necesito ter un TPV de ABANCA para utilizar Alavuelta descubre?

    Certo. Este é un servizo pensado e deseñado para os clientes de TPV de ABANCA. Así poderemos darche unha visión máis completa sobre o teu negocio.

  • Canto custa esta ferramenta?

    Esta ferramenta é gratuíta. Ti tes un TPV de ABANCA e nós organizamos toda a información e poñémola ao teu dispor.

  • De onde sacades os datos do meu comercio e os meus clientes?

    Alavuelta descubre extrae a información de toda a operativa dos teus TPV de ABANCA e das tarxetas ABANCA dos teus clientes, sen esquecer garantir en todo momento o anonimato. Canto máis operes co teu TPV ABANCA, máis completa será a visión do teu negocio que che proporciona Alavuelta descubre.

Para saber máis...

dúbidas

  • A que vos referides cando falades de "competencia" en Alavuelta descubre?

    Alavuelta descubre define a túa competencia como un número mínimo de tres negocios do teu mesmo sector e do teu contorno próximo. No caso de que na túa zona non dispoñas dese número de competidores reais próximos a ti, ampliaremos o radio de identificación de competidores para che proporcionarmos datos reais cos que poidas compararte.

    No caso de que teñas outros establecementos é importante que saibas que, se cumpres os requisitos establecidos, poden entrar a formar parte da túa competencia.

DOCUMENTACIÓN