Se algunha vez envexaches os recursos e ferramentas comerciais das grandes cadeas comerciais, Alavuelta, o programa de solucións tecnolóxicas avanzadas para comercios de ABANCA, é perfecto para ti.

Alavuelta fideliza é a solución que mellor completa os outros dous servizos de Alavuelta (Alavuelta descubre, a solución de analítica, e Alavuelta atrae, a ferramenta de lanzamento de ofertas). Con Alavuelta fideliza poderás lanzar iniciativas de retención dos teus clientes para asegurarte de que seguirán confiando en ti por moito tempo.

Terás ao teu dispor un software baseado en códigos QR co que poderás emitir tarxetas de fidelización dixitais e tarxetas regalo que os teus clientes gardarán nunha app nos seus móbiles. Poderaste esquecer de tarxetas de puntos físicas que se deterioran co paso do tempo ou cheques regalo que se extravían con facilidade.

Ademais, proximamente Alavuelta fideliza contará con venda online. Poderás montar un escaparate virtual e vender os produtos e servizos que ti elixas.

Que che ofrece Alavueta fideliza?

gl-acumula-puntos-fideliza

Tarxetas de fidelización

Maior vinculación cos clientes, fidelidade ou preferencia do teu negocio fronte á competencia. Estas son só algunhas das vantaxes que che brindan as tarxetas de fidelización. E se son dixitais, como as que che dá Alavuelta fideliza, os teus clientes teranas a un clic no teléfono móbil.

Os clientes poderán darse de alta no teu programa de fidelización a través da app de Alavuelta para particulares, e cada vez que fagan unha compra acumularán puntos que poderán cambiar no teu negocio.

Tarxetas regalo personalizadas

Alavueta fideliza permíteche xerar tarxetas regalo personalizadas e dixitais para comercializar entre os teus clientes. E as súas vantaxes son innumerables: son regalos habituais para familiares e amigos, garántenche un pagamento por adiantado, aseguran unha futura visita ao teu negocio e reforzan a imaxe da túa marca, entre moitas outras!

O seu funcionamento é moi sinxelo. Para xeralas e vendelas, só terás que incluír no aplicativo web o importe da tarxeta regalo, o correo electrónico e mais o nome do destinatario, e o beneficiario recibiraa no correo electrónico. E para trocala, o cliente só terá que presentarcha no móbil á hora de pagar.

Queres contratar Alavuelta atrae?

Se queres contratar Alavuelta e empezar a sacarlle partido aos datos do teu negocio e do teu sector podes facelo mediante dous paquetes distintos en función das túas preferencias.

Por unha banda, poñemos á túa disposición o paquete avanzado, no que se inclúen ademais de Alavuelta fideliza, os outros dous servizos que completan esta ferramenta: Alavuelta descubre e Alavuelta atrae. Para dar de alta este servizo recomendámosche que concretes unha cita cun dos nosos xestores especializados que che axudará a valorar a mellor opción para o teu negocio. Ademais, durante os primeiros meses poderás gozar deste servizo completamente de balde

Por outra banda, tamen tes dispoñible o paquete básico co que só terás dispoñible o servizo de Alavuelta descubre. Neste caso, necesitas ter un TPV de ABANCA para contratar a ferramenta.

Se traballas co TPV doutra entidade e es cliente de ABANCA, podes acceder a unha versión de proba durante uns meses. Pasado este tempo, serache tan útil que de seguro quererás contratar un dos nosos TPVs para continuar mellorando o teu negocio.

Alavuelta fideliza permitirache afianzar a relación coa túa comunidade de clientes:

  • Complementa o teu catálogo de produtos con tecnoloxía avanzada.
  • Estreita a relación coa túa comunidade de clientes.
  • Cos programas de fidelización asegurarás futuras visitas ao teu establecemento.
  • Modernizarás a experiencia de compra no teu negocio.
  • E gozarás de todo o paquete de ferramentas de Alavuelta.
alavuelta-generico1

Alavuelta é moito máis...

Alavuelta é unha completa ferramenta para negocios que che permite coñecer mellor a túa clientela a través das súas compras, coidar as súas necesidades e coñecer novos clientes. Descubre a información que che axudará a medrar e as ferramentas para facercho máis sinxelo.

Dúbidadas de usuarios coma ti