3x2

en aprazos

Ata o 31 de xullo

Con Aprazos podes ofrecerlles finanzamento aos teus clientes á velocidade da luz

E agora, de cada 3 veces que financies a través de abancacolaboradores.com pagarás só 2.

Superpoderes para todos

e comercios e autónomos...

Multiplica as vendas dividindo pagamentos

Podes fraccionarlles as compras aos teus clientes de forma instantánea e cando ti o decidas. O servizo APRAZOS de ABANCA é unha ferramenta excelente coa que podes multiplicar as vendas, e marcar a diferenza coa competencia.

Nunca foi tan sinxelo, rápido e económico axudar os teus clientes a financiaren as compras que fan no teu establecemento. Para os pagamentos que che fagan a través do teu TPV ABANCA, podes ofrecerlles aos teus clientes un finanzamento a 3, 6, 9, 10, 12 e 36 meses sen xuros.

E en determinadas circunstancias, grazas á nosa web de ABANCA Colaboradores, podes ampliar as posibilidades de financiamento dos teus clientes, con ou sen xuros, para compras de gran volume, para clientes que prefiren non pagarche con tarxeta, etc.

APRAZOS axudarate a aumentar as vendas porque:

  • é áxil e sinxelo, para ti e para os teus clientes

  • diferénciate da competencia

  • sen risco de impagamento, nós ocupámonos.

  • ti decides que operacións queres financiar e de que forma,

  • está dispoñible 24 horas ao día, os 7 días da semana,

  • ten un servizo de atención telefónica de luns a sábado, de 9 a 22 horas.

Ofrécelle finanzamento a quen che pague con tarxeta

Todos os TPV de ABANCA teñen instalado o servizo de vendas APRAZOS, co que podes financiar ao instante as compras que os teus clientes che paguen cunha tarxeta de crédito, sen comisións para eles e ata en 12 meses.

Os teus clientes só teñen que pagar coa súa tarxeta de crédito no teu TPV ABANCA, e ti poderás financiarlles as compras a 3, 6, 9, 10, 12 ou 36 meses. Sen xuros nin xestións. E lembra que es ti quen decide se quere ou non financiar unha operación.

E todo isto cunhas comisións moi competitivas, que variarán en función dos prazos que elixas para financiarlles as compras aos teus clientes.

E aínda máis opcións de finanzamento

Todos os TPV ABANCA teñen instalado o servizo de compras APRAZOS, co que podes financiar ao instante as compras dos teus clientes que utilicen unha tarxeta de crédito de ABANCA, sen comisións para eles e ata en 12 meses.

Neses casos poderás financiar as compras de todos os teus clientes mediante unha autorización online, de xeito áxil e sinxelo, sen agardar e aportando a mínima información.

Con estas opcións avanzadas de finanzamento podes, ademais, decidir se o pequeno custo do servizo o asumes ti, se o asume o teu cliente, ou se vos repartides os gastos do finanzamento. O servizo de vendas APRAZOS é un servizo totalmente seguro, co que estarás completamente protexido contra a posibilidade de impagamento. Sen riscos. E a venda aboaráseche na túa conta, como sempre. Interesante, non si?

Só tes que darte de alta en APRAZOS na túa oficina ABANCA, onde che facilitarán o usuario e o contrasinal para accederes á área privada de ABANCA Colaboradores. E para que non teñas dúbida ningunha, dispós dun servizo de atención telefónica en horario de luns a sábado de 8 a 22 horas, para resolveres todas as cuestións.

No teu TPV Na web
Importe máximo No teu TPVO límite da tarxeta Na webAta 10.000 €
Prazos No teu TPVAta en 36 meses Na webAta en 60 meses
Que necesita o teu cliente No teu TPVPagarche cunha tarxeta de crédito ABANCA Na webDNI en vigor e en determinados casos un xustificante de ingresos
Quen paga os custos No teu TPVTi Na webTi, ou o teu cliente, ou entre os dous: ti escolles
Que che cómpre No teu TPVTPV Na webAcceso a internet e unha impresora para o contrato
Como o fas No teu TPVDirectamente, escollendo a opción de Aprazos no teu Na web Na túa web de Colaboradores

Ata o 31 de xullo 3x2 en APRAZOS!!

Este mes queremos axudarche cos teus clientes, para que che sexa máis fácil ofrecerlles fianaciación. Por iso, de cada 3 operacións de financiación que realices con APRAZOS no teu comercio, ¡afforas o coste da de menor importe!.

Para beneficiarte desta promoción recorda que tes que realizar a operación desde o teu área privada de abancacolaboradores.com durante este mes. O importe máximo que se devolverá por cada bonificación é de 100€. Se queres consultar todos os detalles da promoción, podes acercarte a calquera das nosas oficinas ou consultar as bases da promoción.

3x2-aplazos-supeheroe

Máis información

  • Con que usuario podo acceder á web ABANCA Colaboradores?

    Para accederes á web ABANCA Colaboradores necesitarás contratar o servizo, gratuíto, na túa oficina ABANCA, onde che proporcionarán un usuario e un contrasinal. Este usuario e o contrasinal son distintos dos que xa tes para a túa web de banca electrónica.

    Se xa dispuñas do servizo Aprazos a través da túa banca electrónica, para accederes á nova web de ABANCA Colaboradores debes levar conta de que:

    • O usuario é o teu código actual de acceso a banca electrónica máis o termo 'aplazos'. Por exemplo, 12345678aplazos.
    • Para elixir o teu contrasinal na primeira vez que entres terás que clicar en 'Recuperar PIN', e enviarémoscha ao móbil.