Hipoteca Mari Carmen

Condicións legais

Esta oferta da Hipoteca Mari Carmen será válida até o 30 de xuño de 2015. O importe máximo financiable será o 80% do menor dos seguintes valores: ou o valor actualizado de taxación do inmoble que se vaia hipotecar ou o seu prezo de compra. Esta porcentaxe, que é máxima, poderá verse reducida dependendo da finalidade do empréstito e tamén dependendo do inmoble que se queira hipotecar.

O adiamento poderase solicitar a partir do quinto ano de amortización do empréstito. A concesión do adiamento está suxeita á análise de riscos quefaga ABANCA. As cotas adiadas comprenden capital e xuros. Durante a duración do adiamento o tipo de xuro que corresponda aplicar incrementarase nun +1,00%.

Cálculos

A hipoteca pode ter unha TAEVariable do 3,45%, se a calculamos cunha simulación dos seguintes parámetros: + un empréstito de 100.000 € a 30 anos, + un adiamento de cotas de 24 meses solicitado ao inicio do ano 21 da hipoteca, + un TXN inicial (12 primeiros meses) de 2,80%, + un TXN de 2,05% para o resto do prazo, agás durante o período de adiamento, en que o TXN será do 3,05%, + co Euríbor 12 meses + 1,75%, tomando o Euríbor de 0,298% publicado no BOE o 3 de febreiro de 2015), que se revisará con periodicidade anual, + mantendo durante todo o empréstito a nómina domiciliada por un importe mínimo de 600 € ao mes, + mantendo até o final o seguro de vida vencellado ao empréstito, cunha prima anual de 183,67 € para un home de 30 anos, + mantendo até a conclusión un seguro multirrisco de fogar vencellado ao empréstito coa cobertura dun capital de continente de 100.000 € e cunha prima anual de 162,24 €, + e mantendo tamén até o seu remate un seguro de protección de pagamentos cunha prima única durante os 5 primeiros anos de 1.671,16 € e cun custo anual de 217,18 €.

A primeira revisión de mantemento dos produtos vencellados á hipoteca (os seguros e a domiciliación da nómina) producirase ao décimo mes a contar desde a formalización da hipoteca (se por exemplo se asina a hipoteca en xaneiro, revisaranse os produtos en outubro). A partir de aí as revisións posteriores terán unha periodicidade anual, é dicir, faranse no mes 22º, 34º, 46º, etcétera.

A hipoteca pode ter unha TAEVariable do 3,45%, se a calculamos cunha simulación dos mesmos parámetros que se acaban de listar, pero sen que se adíe ningún pagamento.

En troques, pode ter unha TAEVariable do 3,68% se a calculamos cos seguintes parámetros + un empréstito de 100.000 € a 30 anos, + un adiamento de cotas de 24 meses ao comezo do ano 21 da hipoteca, + un TXN inicial (12 primeiros meses) de 2,80%, + un TXN de 3,05% para o resto do prazo, agás para o período de adiamento con total bonificación: 4,05%, + co Euríbor 12 meses + 1,75%, tomando o Euríbor de 0,298% publicado no BOE o 3 de febreiro de 2015), que se revisará con periodicidade anual, + sen domiciliar nóminas + sen contratar seguros de fogar, vida ou protección de pagamentos con ABANCA, + pero co custo dun seguro de fogar que non sexa de ABANCA, que cubra un capital continente de 100.000 € e cunha prima anual de 162,24 €.

E tería unha TAEVariable de 3,66% se, mantendo as condicións deste último suposto, non se realizase ningún adiamento de cotas durante todo o tempo de vida da hipoteca.

No cálculo destas TAEVariables incluíronse ademais para todos os supostos os seguintes custos: + imposto de Actos Xurídicos Documentados (AXD) por 2.265 € para unha operación realizada en Galicia, onde o tipo impositivo é de 1,50%, + aranceis do Rexistro da Propiedade: 222,37 €, + taxación da vivenda: 278 €, + gastos de xestoría: 457,38 €, + gastos de solicitar unha nota simple: 18,18 €, + comisión da tarxeta de crédito VISA Clásica: 39 €/ano (gratuita durante o primeiro ano).

Estas TAEVariables calculáronse baixo a hipótese de que os índices de referencia e os gastos manteñen o valor que se indicou e que non variarán durante toda a vida do empréstito. É dicir, estas TAEVariables poderán variar cando nas revisións periódicas do tipo de xuro o valor do tipo de referencia, neste caso o Euríbor, experimentase cambios, á alza ou á baixa, ou cando os gastos asociados sexan diferentes.

Mediador de seguros

O mediador dos seguros é CXG Operador de Bancaseguros Corporación Caixagalicia, SL, operador de banca-seguros vencellado. Consulta todos os datos legais deste mediador.