Investimento
-
Carteira ABANCA 360 - XDC
Iviste desde 3000€ na nosa Xestión Discrecional de Carteiras (XDC), un servizo co que delegarás a toma de decisións de investimento nos nosos expertos. Esta carteira combina diferentes estratexias de última xeración cos principios ASG, é dicir, cun forte compoñente social e ambiental.
-
Fondos de investimento
Os fondos de investimento son unha alternativa de investimento diversificada. Descubre o noso catálogo, no que atoparás opcións con distintos niveis de risco e rendibilidade, para que poidas buscar o fondo que mellor se adapte ás túas necesidades.
-
Plan de pensións
É probable que o teu poder adquisitivo se vexa reducido cando te xubiles, nalgúns casos drasticamente. Podes paliar total ou parcialmente esa perda cun plan de pensións. Fai as túas contas e coñece cantos anos che quedan para a xubilación e canto cobrarás.
-
Conta de valores
Para investir en bolsa o primeiro que necesitas é unha conta de valores desde a que administrar a túa carteira de accións. Terás todos os teus movementos agrupados, ordenados e dispoñibles para consultar cando queiras. Ademais, poderás aproveitar a nosa tarifa plana para a compra e venda de valores.
-
Alpha360
Alpha360 é o modelo de investimento de ABANCA que aplicamos aos nosos servizos de xestión discrecional de carteiras e asesoramento. Alpha360 segue procesos flexibles, dinámicos, transversais e homoxéneos para xerar ideas de investimento adaptadas ao perfil de cada cliente.