• Axudámosche
  • Oficinas
  • @somosABANCA
  • fa fa-facebook
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-instagram
  • Blog
  • Sala de comunicación
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Área cliente
  • Faite cliente
Menu
  • Opcións accesibilidade
    • Texto

    • Filtros de cor

    • Seleccionar cores

  • Área cliente
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
  • Sala de comunicación
  • B Blog
  • Tusitiodecompras.es
  • Vive la vida
  • Para a túa empresa
  • Español

Información adicional sobre protección de datos persoais

  • Política de privacidade
  • Política de privacidade de clientes
  • Política de privacidade de sistemas de videovigilancia

Información adicional sobre protección de datos persoais

POLÍTICA DE PROTECCIÓN DOS DATOS DOS CLIENTES

1. Quen é o responsable do tratamento dos datos dos clientes de ABANCA?

Os datos persoais dos clientes de ABANCA son responsabilidade de ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (“ABANCA”), con NIF: A-70302039 e domicilio social en Betanzos, r/ Cantón Claudino Pita, núm. 2, 15300.

En ABANCA contamos cun Delegado de Protección de Datos (DPD ou DPO), con quen poderás contactar se o necesitas a través do enderezo de correo electrónico privacidad@abanca.com.

2. Como obtemos os datos persoais dos nosos clientes?

Debes distinguir entre as fontes das que proceden os datos e os tipos de datos persoais que tratamos:

a) Fontes das que proceden os datos persoais:

  • Os nosos clientes poden achegar nas solicitudes que realicen ou no ámbito da formalización e desenvolvemento das relacións contractuais con ABANCA, diversos datos de carácter persoal (p. ex., os datos necesarios para solicitar e contratar unha conta corrente, un préstamo, unha tarxeta, un depósito, un plan de pensións, un fondo de investimento etc.).

  • A propia xestión, desenvolvemento e mantemento das relacións contractuais ou precontractuais entre o cliente e ABANCA (p. ex., os datos relativos á xestión, desenvolvemento e mantemento dos contratos de conta corrente, de préstamo, de tarxeta, de depósito, de plans de pensións, de fondos de investimento etc., que o noso cliente formalizara).

  • Empresas do Grupo económico de ABANCA, cuxos sectores de actividade comprenden o financeiro, social, asegurador, inmobiliario, de investimento mobiliario, de formación, de mercadotecnia e de servizos de consultoría e asesoramento.

  • Entidades de crédito españolas ou con sucursal en España.

  • Fontes accesibles ao público.

  • Organismos da Administración Pública (p. ex., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Axencia Estatal de Administración Tributaria etc.).

  • Fontes externas (p. ex., redes sociais, datos de navegación en internet, conectividade etc.).

  • Ficheiros de información sobre solvencia patrimonial e crédito (p. ex., BADEXCUG, ASNEF, Ficheiro de Incidencias Xudiciais etc.).

  • Ficheiros de protección de identidade ou detección fraudulenta de datos (p. ex., o Ficheiro "CONFIRMA" e o Ficheiro e “IBERPAY”, que son ficheiros comúns cuxa finalidade é a prevención do fraude).

  • Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE). ABANCA poderá consultar e tratar datos relativos a un cliente que poidan figurar rexistrados na CIRBE, para os efectos da concesión e a xestión das operacións de crédito que solicite, incluíndo a avaliación, valoración e seguimento do risco de crédito destas operacións mediante técnicas de scoring e análise experta, así como para asegurar o efectivo cumprimento da normativa sobre concentración de riscos e calquera outra que, no ámbito da supervisión cautelar das entidades de crédito, lle resulte de aplicación a ABANCA.

  • De taxadoras, rexistros públicos (p. ex., Rexistro da Propiedade ou Rexistro Mercantil) e Catastro.

b) Tipoloxía dos datos persoais:

  • Datos identificativos e de contacto (p. ex., nome, apelidos, documento de identidade, enderezo postal e electrónico, teléfono etc.).

  • Datos de circunstancias familiares e sociais e datos socioeconómicos (p. ex., tipoloxía de persoas segundo idade e nivel de estudos que habitan no ámbito xeográfico do cliente; tipoloxía de familias que habitan neste ámbito segundo o número e as características dos seus membros; categorías de actividades profesionais existentes no ámbito xeográfico no que reside o cliente; capacidade económica, segundo as rendas anuais existentes neste ámbito; ou as características dese ámbito segundo a antigüidade das construcións, o nivel de agrupación -unifamiliar ou plurifamiliar- ou a presenza de zonas comerciais).

  • Datos económicos, laborais e financeiros.

  • Datos dos seguros que o cliente domiciliara nunha conta de ABANCA ou datos dos seguros comercializados por ABANCA que o cliente contratara.

  • Datos transaccionais (p. ex., datos relacionados cos movementos das contas, como poden ser os datos dos recibos domiciliados ou das transferencias efectuadas; ou a información sobre os pagamentos realizados con tarxetas ou outros medios de pagamento de ABANCA ou ben usando os nosos TPV ou pasarelas de pagamentos.

  • Datos de solvencia patrimonial e crédito (p. ex., datos sobre o incumprimento dunha débeda contraída cunha empresa privada, datos sobre as débedas contraídas con organismos públicos etc.).

  • Datos de xeolocalización e situación xeográfica.

  • Datos de navegación en internet (p. ex., enderezo IP, visitas a páxinas web, conexións a redes wifi etc.).

  • Hábitos de comportamento na nosa Web, nas aplicacións de ABANCA que o cliente utilice (p.ex., a Banca Móbil) e nos servizos bancarios por Internet que o cliente teña contratados con ABANCA (p. ex., a Banca Electrónica).

  • Datos identificativos e da titularidade das contas que un cliente teña abertas noutras entidades de crédito españolas ou con sucursal en España.

Por último, os clientes de ABANCA deben saber que, no caso de que utilicen o sistema de sinatura dixitalizada para prestar o consentimento no ámbito das solicitudes que presenten a ABANCA ou dos contratos que formalizara ou formalice con esta, levaremos a cabo o tratamento dos datos biométricos asociados a esta sinatura. Os datos biométricos asociados á sinatura dixitalizada son categorías de datos que comprenden, p. ex., os trazos caligráficos da sinatura, como a presión e a velocidade con que se realiza, así como a inclinación do trazo. O tratamento destes datos biométricos por parte de ABANCA resulta necesario para, segundo proceda, a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións que se puidesen formular con motivo das relacións que o cliente manteña con nós.

3. Para que tratamos os datos dos nosos clientes e baixo que lexitimación?

O tratamento dos datos dos nosos clientes persegue as seguintes finalidades:

3.1.Xestionar a prestación dos servizos e produtos de ABANCA

Esta finalidade engloba diferentes actividades de tratamento cuxa lexitimación se basea na execución das relacións contractuais ou precontractuais establecidas co cliente e que resultan necesarias para asegurar que os nosos servizos e produtos se ofrecen e prestan adecuadamente:

  • Recibir as solicitudes de información ou de contratación que o cliente poida realizar sobre os nosos produtos e servizos, darlle resposta e aclarar as dúbidas que poidan xurdir. Iso supón que, en operacións de risco crediticio, deberase analizar a solvencia do cliente podendo utilizarse técnicas de scoring e rating automatizadas, así como técnicas de análise experta.

  • Proceder, de ser o caso, á alta da operación solicitada mediante a sinatura do correspondente contrato.

  • Manter, desenvolver e controlar as relacións de negocio existentes entre as partes, incluíndo, no caso de operacións de risco crediticio, a valoración e seguimento deste mediante técnicas de scoring e rating automatizadas, así como mediante técnicas de análise experta.

O desenvolvemento desta finalidade pode implicar que os datos do cliente sexan comunicados a terceiros, tales como:

  • Notarios ou fedatarios públicos: no caso de que resulte necesaria a súa intervención (por exemplo, no caso de que o cliente lle solicite a ABANCA unha operación de financiamento, como pode ser un préstamo hipotecario, que teña que formalizarse coa intervención dun notario. Neste caso, ABANCA poderalle comunicar ao notario autorizante todos os datos, incluídos os de carácter persoal, relativos á operación de risco).

  • Empresas taxadoras: no caso de que resulte necesaria a valoración dun inmoble (por exemplo, no caso de que o cliente lle solicite a ABANCA unha operación que incorpore unha garantía, como pode ser unha hipoteca, e lle requira a ABANCA que solicite a taxación do inmoble que se vai hipotecar). A finalidade destas comunicacións será que as empresas de taxación poidan tramitar e xestionar a solicitude de taxación e realizar o correspondente informe de taxación do inmoble.

  • Rexistros públicos (p. ex. o Rexistro da Propiedade): no caso de que resulte necesario inscribir as correspondentes garantías ou no caso de que resulte necesario que ABANCA consulte a información que obre nestes rexistros sobre o inmoble que será obxecto das correspondentes garantías.

  • Á compañía aseguradora ABANCA VIDA Y PENSIONES DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. e ao resto de compañías aseguradoras con que traballamos, no caso de que o cliente se interese pola contratación dos seus produtos de seguros.

  • A organismos públicos de crédito oficial (como o Instituto de Crédito ao Consumo, o Instituto Galego de Promoción Económica ou o Ministerio de Vivenda), se o cliente solicita un produto suxeito a un convenio subscrito por ABANCA co organismo correspondente. A finalidade destas comunicacións de datos será que estes organismos poidan decidir sobre a autorización da operación solicitada polo cliente e sobre a posible concesión dun aval que garanta esta operación. Con todo, a autorización que poidan outorgar os referidos organismos non suporá necesariamente que ABANCA autorice á súa vez a operación solicitada polo cliente; senón que a posible concesión desa operación será obxecto de estudo por parte de ABANCA consonte os seus propios criterios de valoración de riscos.

  • A Sociedades de Garantía Recíproca, no caso de que o cliente solicite avais destas. A finalidade destas comunicacións de datos será que estas sociedades poidan decidir sobre a concesión destes avais.

  • Ás correspondentes entidades xestoras ou comercializadoras de Institucións de Investimento Colectivo (IIC), se o cliente solicita a adhesión a IIC (p. ex., fondos de investimento ou sociedades de investimento). A finalidade destas comunicacións de datos será que as correspondentes entidades xestoras ou comercializadoras de IIC poidan cumprir as funcións que lles correspondan consonte a normativa sobre IIC vixente en cada momento e ás demais disposicións aplicables, e consonte o establecido nos acordos de comercialización subscritos con ABANCA (p. ex., para a tramitación e xestión de operacións de subscrición ou reembolso de participacións ou accións de IIC, para a tramitación e xestión de operacións de traspaso das IIC ou para a levanza do rexistro de partícipes ou accionistas correspondente).

  • Ás correspondentes entidades xestoras e depositarias dos plans de pensións, se o cliente solicita un plan de pensións. A finalidade destas comunicacións de datos será que as correspondentes entidades xestoras e entidades depositarias dos plans de pensións poidan cumprir as funcións que lles correspondan consonte a normativa sobre os plans e fondos de pensións vixente en cada momento e as demais disposicións aplicables (p. ex., para a tramitación e xestión das achegas aos plans de pensións, da percepción das prestacións correspondentes ou do dereito de rescate).

3.2.Cumprir coas obrigas atribuídas a ABANCA

O sector financeiro está fortemente regulado e iso implica que debamos realizar determinados tratamentos cuxa lexitimación se basea no cumprimento de obrigas legais e normas de dereito comunitario e que, con carácter exemplificativo, poden traducirse nas seguintes accións:

  • Dar resposta, se procede, ás solicitudes de información realizadas polas administracións e organismos públicos e xuíces e tribunais competentes.

  • Comunicarlles ás administracións e organismos públicos os datos do cliente que procedan en cumprimento das obrigas normativas que incumban a ABANCA (p. ex., á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, á Axencia Tributaria etc.).

  • Consultar ás administracións e organismos públicos os datos do cliente que procedan en cumprimento das obrigas normativas que incumban a ABANCA (p. ex., á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, á Axencia Tributaria etc.).

  • No caso de que o cliente sexa un novo cliente de ABANCA e lle solicite a esta a contratación dun produto a través de medios non presenciais (p. ex., a través do teléfono ou de medios electrónicos ou telemáticos), ABANCA poderá identificalo mediante a confirmación dos seus datos identificativos e de titularidade con aquelas entidades de crédito españolas ou con sucursal en España nas que o cliente teña aberta algunha conta. Este proceso de identificación non presencial realizarase consonte o disposto para os efectos na normativa de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo.

  • Ingresar as retencións que debemos efectuar en cumprimento da normativa tributaria.

  • Comunicarlle á Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE) o risco de crédito no seu caso asumido e a súa evolución. ABANCA ten a obriga de efectuar á CIRBE, nos termos previstos pola lexislación vixente, declaración dos datos sobre os riscos de crédito que o cliente contraia con ABANCA, e, no caso de ter o cliente a condición de empresario individual e contraer a titularidade dos mencionados riscos no exercicio da súa actividade empresarial, ABANCA deberá facer constar esta condición na declaración referida.

  • Comunicarlle ao Ficheiro de Titularidades Financeiras, en cumprimento da lei de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo, a apertura ou cancelación de calquera conta corrente, contas de aforro, contas de valores ou depósitos a prazo, xunto cos datos identificativos dos titulares, titulares reais, de ser o caso, representantes ou autorizados. O responsable deste ficheiro é a Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa, actuando como encargado do tratamento por conta desta o Servizo Executivo da Comisión de Prevención do Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias.

3.3.Coñecer a solvencia do cliente e previr a fraude na contratación

Tratamos os datos do cliente, con base no interese lexítimo de ABANCA, para:

  • Coñecer a súa solvencia patrimonial e de crédito con anterioridade á realización de calquera operación que entrañe un risco crediticio, así como durante a vixencia desta operación de crédito.

  • Consultar os datos do cliente que poidan figurar en ficheiros comúns de información sobre solvencia patrimonial e crédito (p. ex., BADEXCUG, ASNEF, Ficheiro de Incidencias Xudiciais etc.).

  • Así mesmo, coa finalidade de coñecer a solvencia patrimonial e de crédito do cliente, ABANCA poderalle comunicar os seus datos a ABANCA Servicios Financieros, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. (en diante, ASF), que é unha empresa pertencente ao noso Grupo Económico, co obxectivo de poder consultar, sempre que o cliente sexa tamén cliente de ASF, o seu scoring, rating ou límite de crédito en ASF.

  • Protexer a identidade dos nosos clientes e detectar debidamente o uso fraudulento de datos no establecemento de relacións contractuais ou precontractuais. Esta finalidade comprende o desenvolvemento de accións como a consulta recíproca entre empresas do grupo económico de ABANCA sobre actividades anómalas e a consulta aos ficheiros CONFIRMA e IBERPAY, cuxa finalidade é a prevención da fraude e cuxos responsables son as entidades adheridas aos seus respectivos regulamentos, a través do procedemento establecido nestos últimos.

En relación co ficheiro CONFIRMA, informamos os nosos clientes de que ABANCA poderalle comunicar a este ficheiro, para a realización das correspondentes consultas, os datos das solicitudes que o cliente lle presente á entidade. O prazo máximo de conservación dos datos no ficheiro CONFIRMA será de dous anos. Os responsables do tratamento son as entidades adheridas ao regulamento do ficheiro CONFIRMA, sendo o encargado do tratamento Confirma Sistemas de Información, S.L., con domicilio na Avda. de la Industria, 18, Tres Cantos (28760) Madrid. Os nosos clientes poderán consultar a listaxe de entidades actualmente adheridas ao regulamento na web www.confirmasistemas.es.

Poderán participar no Ficheiro CONFIRMA as entidades que se adhiran ao seu regulamento e que no seu ámbito de actividade poida ser obxecto de fraude na contratación. Os datos comunicados ao ficheiro CONFIRMA poderán ser cedidos ás entidades adheridas.

En relación co ficheiro IBERPAY, informamos ós nosos clientes de que os seus datos poderán ser incluídos por ABANCA no devandito ficheiro común de prevención da fraude nas operacións bancarias, xestionado pola Sociedade Española de Sistemas de Pago, .S.A. (Iberpay), para a detección, investigación, control e eventual denuncia de operacións sospeitosas e fraudulentas cometidas en na/s conta/s dos clientes, incluídas as contas correntes e as de aforro.

Os datos que se comuniquen por ABANCA ao citado ficheiro común de prevención da fraude nas operacións bancarias serán os relativos ao número de IBAN e ao titular da conta que fose obxecto da operación sospeitosa ou fraudulenta, no seu caso, e tales datos poderán ser accesibles polas entidades financeiras participantes en devandito ficheiro común, aos sós efectos e exclusivos fins de procurar a detección, prevención e control da fraude. Os clientes poden consultar a listaxe actualizada dos participantes adheridos ao ficheiro común a través desta ligazón.

Devanditos participantes (incluída, por tanto, ABANCA), na súa condición de entidades adheridas ao ficheiro, terán a consideración de corresponsables do tratamento dos datos que se inclúan no ficheiro.

Os datos serán conservados no ficheiro durante un máximo de trinta días no caso de tratarse de operacións sospeitosas de fraude, e dun ano no caso de tratarse de operacións fraudulentas (cando a fraude fose confirmada polo afectado). Procederase á supresión automática dos datos incluídos no ficheiro común cando estes deixen de ser exactos ou non respondan con veracidade á situación real do afectado.

Os clientes poden solicitar máis información sobre o funcionamento do ficheiro enviando un email á dirección: privacidadiberpay@abanca.com ou, se o prefiren, mediante correo postal, dirixido a Privacidade de ABANCA, con domicilio na Rúa García Barbón, 1-3 (36201- Vigo), especificando que información adicional desexa solicitar e acompañando unha fotocopia do seu DNI ou documento de identificación oficial equivalente en vigor.

  • Comprobar a exactitude e veracidade dos documentos achegados polo cliente, por exemplo, a través do código CSV (código seguro de verificación) ou do código CEA (Código Electrónico de Autenticidade) no caso de copias dixitais das declaracións de impostos e da vida laboral.

3.4.Ofrecerlle produtos e servizos de ABANCA similares aos contratados

Consideramos que resulta de interese de ambas as dúas partes remitirlle ao cliente información publicitaria que faga referencia a produtos e servizos similares aos contratados polo propio cliente. Esta información publicitaria poderá ser xenérica ou personalizada, é dicir, axustada ao seu concreto perfil e situación comercial ou crediticia, para o que, antes do seu envío, e para a elaboración deste perfil, poderemos tratar os datos persoais do cliente de que dispoñamos con motivo da xestión dos produtos e servizos contratados, como p. ex. os datos relacionados coa súa solvencia ou risco crediticio, así como os relativos aos seus movementos transaccionais (p. ex., os datos dos movementos das contas, como poden ser os referentes a recibos domiciliados, ou a información xerada pola utilización de tarxetas de crédito ou débito como medios de pagamento en adquisicións de bens ou servizos).

En calquera momento, o cliente poderá opoñerse ao envío desta información publicitaria, así como ao tratamento dos seus datos para a elaboración do perfil antes mencionado, a través do enderezo de correo bajas@abanca.com, do noso Servizo de Atención ao Cliente ou dos distintos medios que se habiliten en cada momento.

Agás que indique o contrario, esta información será remitida polas seguintes canles:

  • Correo postal
  • Correo electrónico e redes sociais
  • Mensaxes de calquera tipo ao móbil
  • Servizo de banca por internet
  • Chamadas telefónicas

    3.5.No caso de que o cliente preste o consentimento:

a) Ofrecerlle, a través das canles indicadas no apartado 3.4 anterior, información sobre produtos e servizos de empresas do Grupo económico de ABANCA e de colaboradores: farémoslle chegar información publicitaria que poida resultar axustada ao seu perfil tanto de produtos e servizos de empresas do Grupo económico de ABANCA, cuxas actividades comprenden as de tipo financeiro, social, asegurador, inmobiliario, de investimento mobiliario, de formación e de mercadotecnia e de servizos de consultoría e asesoramento, e poden ser consultadas na nosa web, coma de colaboradores que ofrezan produtos ou servizos financeiros, de seguros, de ocio, alimentos, electrodomésticos, mobiliario, vehículos, calzado, téxtil, ópticas, servizos e produtos de consumo persoal etc.

b) Compartir os seus datos con empresas do Grupo económico de ABANCA e con colaboradores de ABANCA: ABANCA compartirá os datos do cliente co resto de empresas do seu Grupo económico, así como con colaboradores, coas seguintes finalidades:

  • para facilitar e axilizar a análise e a posible formalización dun contrato ou precontrato solicitado polo cliente á correspondente empresa do Grupo ou colaborador; ou ben para facilitar e axilizar a xestión e execución dun contrato que o cliente xa manteña coa correspondente empresa do Grupo ou co colaborador;

  • para a elaboración ou actualización por parte das empresas do Grupo ou dos colaboradores dos perfís comerciais e de risco do cliente; e

  • para que as empresas do Grupo ou os colaboradores poidan facerlle chegar ao cliente, de forma directa e a través de calquera medio (incluído o correo electrónico, os SMS e outros medios de comunicación electrónica), as súas mellores ofertas e promocións, adecuadas ao concreto perfil do cliente, para o que as empresas do Grupo e os colaboradores poderán consultar tamén ficheiros lexítimos do sector ou sectores nos que operen (p.ex., os ficheiros comúns de selección e tarificación de riscos no ámbito do sector de seguros).

Entre os datos que ABANCA poderá comunicar ás empresas do seu Grupo económico e aos colaboradores poderán incluírse, entre outros, os datos persoais do cliente dos que ABANCA dispoña con motivo da xestión dos produtos e servizos contratados, como p.ex., os datos relacionados coa súa solvencia ou risco crediticio, así como os relativos aos seus movementos transaccionais (p.ex., os datos dos movementos de contas, como poden ser os referentes a recibos domiciliados, ou a información xerada pola utilización de tarxetas de crédito ou débito como medios de pago en adquisicións de bens ou servizos).

c) Enriquecer a información do cliente: poderemos obter unha maior información sobre as características, gustos e necesidades financeiras do cliente a través da información proporcionada por distintas fontes externas tales como rexistros públicos, catastro, ficheiros de información sobre solvencia patrimonial e crédito, redes sociais, ferramentas de xeomarketing, os seus datos de navegación pola web ou as aplicacións de ABANCA, ou polas webs de terceiros co obxectivo de introducirmos melloras nos nosos produtos e servizos ou adaptar ou escoller as ofertas de produtos e servizos que mellor se axusten ao concreto perfil do cliente.

d) Conservar os datos do cliente unha vez finalizada a nosa relación: poderemos conservar os seus datos unha vez finalizada a nosa relación e por un prazo máximo de 5 anos con fins analíticos e estatísticos; para xestionar unha nova solicitude de produto ou servizo que o cliente poida formular; así como para continuar enviándolle, tanto ABANCA coma as empresas do seu grupo económico e os colaboradores, información publicitaria personalizada de interese do cliente.

3.6.Outras finalidades.

Con base na protección do interese lexítimo de ABANCA, poderemos realizar estudos analíticos e estatísticos con datos anónimos, garantir a defensa xurídica da entidade ante reclamacións extraxudiciais ou xudiciais ou, no caso de que o cliente non atendese puntualmente as obrigas económicas, comunicar os seus datos identificativos e de débeda a sistemas comúns de información crediticia e solvencia patrimonial (p. ex., BADEXCUG, ASNEF, Ficheiro de Incidencias Xudiciais etc.), consonte a lexislación vixente.

4. Por canto tempo conservamos os seus datos?

Os datos persoais serán conservados mentres se manteña a relación contractual ou precontractual co cliente e con posterioridade a estas, por un prazo máximo de 5 anos, se prestou o consentimento para tal efecto. Finalizada a relación contractual ou precontractual (ou, de ser o caso, transcorrido o prazo de 5 anos), os datos serán bloqueados consonte o disposto na normativa, o que implica que estarán dispoñibles tan só por solicitude de xuíces e tribunais, o Ministerio Fiscal ou as administracións públicas competentes durante os prazos de prescrición legal. Transcorridos estes prazos, os datos serán eliminados.

5. Está prevista algunha transferencia internacional?

ABANCA garante a aplicación de medidas de seguridade técnicas, organizativas e legais que resulten axustadas ao nivel de risco do tratamento con independencia do territorio onde este se produza.

Calquera comunicación de datos que se produza a terceiros localizados en países fose do Espazo Económico Europeo (EEE) estará suxeita a un nivel adecuado de protección que garanta a seguridade e lexitimidade do tratamento dos seus datos, de acordo co disposto na normativa vixente que resulte de aplicación.

Para máis información sobre as transferencias internacionais de datos, o cliente pode dirixirse ao Delegado de Protección de Datos de ABANCA na seguinte dirección de correo electrónico: privacidad@abanca.com

6. Cales son os dereitos dos clientes de ABANCA?

A normativa de protección de datos confírelle ao cliente os seguintes dereitos en relación co tratamento dos seus datos:

  • Dereito de acceso: coñecer que tipo de datos estamos a tratar e as características do tratamento que estamos levando a cabo.

  • Dereito de rectificación: poder solicitar a modificación dos seus datos por ser estes inexactos ou non veraces.

  • Dereito de portabilidade: poder obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean sendo tratados.

  • Dereito á limitación do tratamento nos casos recollidos na lei.

  • Dereito a opoñerse á toma de decisións automatizadas.

  • Dereito de supresión: solicitar a supresión dos seus datos cando o tratamento xa non resulte necesario.

  • Dereito de oposición: solicitar o cesamento no envío de comunicacións comerciais nos termos antes sinalados.

  • Dereito a revogar o consentimento prestado.

  • Dereito a interpoñer unha reclamación fronte á autoridade de control (en España a Axencia Española de Protección de Datos).

Para o exercicio de calquera destes dereitos, o cliente poderá dirixirse ao noso Servizo de Atención ao cliente a través do enderezo postal: Rúa Nova, 1 - Entreplanta, 15003, A Coruña, ou do correo electrónico a: atencioncliente@abanca.com.

En relación coa comunicación dos seus datos por parte de ABANCA ao ficheiro CONFIRMA e ao fiicheiro IBERPAY, o cliente poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento ou oposición, dirixíndose respectivamente:

  • Ao domicilio de Confirma Sistemas de Información, S.L. con domicilio na Avda. de la Industria, 18, Tres Cantos (28760) de Madrid.

  • Enviando un email á dirección seguinte: privacidadiberpay@abanca.com ou, se o prefire, mediante correo postal, dirixido a Privacidade de ABANCA, con domicilio na Rúa García Barbón, 1-3 (36201- Vigo), especificando que dereito quere exercer e enviando unha fotocopia do seu DNI ou documento de identificación oficial equivalente en vigor.

Ademais, infórmase o cliente de que cando ABANCA, como entidade participante nos citados ficheiros comúns de prevención da fraude, reciba unha solicitude de exercicio de dereitos que faga referencia ou dalgún modo afecte os datos compartidos no ficheiro común, ABANCA notificará devandito exercicio de dereitos a calquera outra entidade participante que puidese estar afectada, para os efectos de que se poida dar adecuado cumprimento á solicitude recibida.

  • Política de privacidade
  • Política de privacidade de clientes
  • Política de privacidade de sistemas de videovigilancia
  • Axudámosche
  • @somosABANCA
  • SomosABANCA
  • fa fa-youtube
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-bold
  • fa fa-instagram
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Presenza Internacional
    • Sala de comunicación
    • Banesco Internacional
    • Traballa con nós
    • Contáctanos
    • Servizo de Atención ao Cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Información MIFID
    • Seguridade
    • Outra información legal
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Cuentas Claras: Blog de ABANCA
    • Área cliente
    • Área cliente empresas
    • Bróker online
    • ABANCA Servicios financieros
    • ABANCA USA
    • ABANCA Portugal
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Open Banking
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
prb-logo-colour
logo-pie-pri
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.