Información adicional sobre protección de datos personales
Información adicional sobre protección de datos personales
POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS CLIENTES
1. Quen é o responsable do tratamento dos datos dos clientes de ABANCA?
Os datos persoais dos clientes de ABANCA son responsabilidade de ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (“ABANCA”), con NIF: A-70302039 e enderezo social en Betanzos, rúa Cantón Claudino Pita, nº2, 15003.
En ABANCA contamos cun Delegado de Protección de Datos (DPD ou DPO), con quen poderás contactar se o precisas a través do enderezo de correo electrónico privacidad@abanca.com.
2. Como obtemos os datos persoais dos nosos clientes?
Debemos distinguir entre as fontes das que proveñen os datos e os tipos de datos persoais que tratamos:
a) Fontes das que proveñen os datos persoais:
- Os nosos clientes poden achegar nas solicitudes que realicen ou no ámbito da formalización e desenvolvemento das relacións contractuais con ABANCA diversos datos de carácter persoal (por exemplo, os datos precisos para solicitaren e contrataren unha conta corrente, un empréstito, unha tarxeta, un depósito, un plan de pensións, un fondo de investimento, etc.).
- A propia xestión, desenvolvemento e mantemento das relacións contractuais ou precontractuais entre o cliente e ABANCA (por exemplo, os datos relativos á xestión, desenvolvemento e mantemento dos contratos dunha conta corrente, un empréstito, unha tarxeta, un depósito, un plan de pensións, un fondo de investimento, etc., que o nosos cliente formalizara).
- Empresas do Grupo económico de ABANCA, cuxos sectores de actividade comprenden o financeiro, social, asegurador, inmobiliario, de investimento inmobiliario, de formación, de marketing e de servizos de consultoría e asesoramento.
- Entidades de crédito españolas ou con sucursal en España.
- Fontes accesibles ao público.
- Organismos da Administración Pública (por exemplo, Tesourería Xeral da Seguridade Social, Axencia Estatal de Administración Tributaria, etc.).
- Fontes externas (por exemplo, redes sociais, datos de navegación en Internet, conectividade, etc.)
- Ficheiros de información sobre solvencia patrimonial e crédito (por exemplo, BADEXCUG, ASNEF, Ficheiro de Incidencias Xudiciais, etc.).
- Ficheiros de protección de identidade ou detección fraudulenta de datos (por exemplo, o Ficheiro “CONFIRMA” e o Ficheiro “IBERPAY” que son ficheiros comúns cuxa única finalidade é a prevención da fraude).
- Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE). ABANCA poderá consultar e tratar datos relativos a un cliente que podan figurar rexistrados na CIRBE aos efectos da concesión e xestión das operacións de crédito que solicite, incluíndo a avaliación, valoración e seguimento do risco de crédito das devanditas operacións mediante técnicas de scoring e análise experta, así como para asegurar o efectivo cumprimento da normativa sobre concentración de riscos e calquera outra que, no ámbito da supervisión cautelas das entidades de crédito, lle resulte de aplicación a ABANCA.
- De taxadoras, rexistros públicos (por exemplo, Rexistro da Propiedade ou Rexistro Mercantil) e Catastro.
b) Tipoloxía de datos persoais:
- Datos identificadores e de contacto (por exemplo, nome, apelidos, documento de identidade, enderezo postal e electrónico, teléfono, etc.).
- Datos de circunstancias familiares e sociais e datos socioeconómicos (por exemplo, tipoloxía de persoas segundo idade e nivel de estudos que habitan na contorna do cliente; tipoloxía de familias que habitan na devandita contorna segundo o número e características dos seus membros; categorías de actividades profesionais existentes na contorna onde reside o cliente; capacidade económica segundo as rendas anuais existentes na devandita contorna; ou as características desa contorna segundo a antigüidade das construcións, o nivel de agrupación - unifamiliar ou plurifamiliar - ou a presenza de zonas comerciais).
- Datos económicos, laborais e financeiros.
- Datos dos seguros que o cliente domiciliara nunha conta de ABANCA ou datos dos seguros comercializados por ABANCA que o cliente contratara.
- Datos transaccionais (por exemplo, datos relacionados cos movementos das contas, como poden ser os datos dos recibos domiciliados ou das transferencias efectuadas, ou a información sobre os pagamentos realizados con tarxetas ou outros medios de pagamento de ABANCA ou ben empregando os nosos TPV ou pasarela de pagamentos).
- Datos de solvencia patrimonial e crédito (por exemplo, datos sobre o incumprimento dunha débeda contraída cunha empresa privada, datos sobre as débedas contraídas con organismos públicos, etc.)
- Datos de situación xeográfica.
- Datos de navegación en Internet (por exemplo, enderezo IP, visitas a páxinas web, conexións a redes wifi, etc.).
- Hábitos de comportamento nas aplicacións de ABANCA que o cliente empregue (por exemplo, a Banca Móbil) e nos servizos bancarios a través de aplicacións que o cliente teña contratados coa ENTIDADE.
- Datos identificadores e de titularidade das contas que un cliente teña abertas noutras entidades de crédito españolas ou con sucursal en España.
- Datos correspondentes a imaxes e fotografías que o cliente envíe a través das aplicacións.
3. Xestión dos tratamentos/permisos precisos e non precisos para determinados dispositivos ou versións da aplicación
A xestión do tratamento ou dos permisos para determinados dispositivos ou versións da aplicación por parte dos nosos clientes diferénciase entre entre esenciais e accesorios, distribuíndose deste xeito:
3.1. Xestión dos tratamentos/permisos precisos para determinados dispositivos ou versións da aplicación
Este conxunto de permisos engloba tódolos que o noso cliente debería autorizar, xa que se determinaron como precisos para a correcta prestación do servizo da aplicación nas súas distintas versións ou dispositivos onde esta é executable.
a) Permiso sobre o almacenamento no dispositivo:
- O cliente poderá autorizar o acceso e xestión do almacenamento do dispositivo (memoria interna ou tarxeta SD) se o dispositivo ou a versión da aplicación así o permiten, co obxecto de obter xustificantes das súas operacións realizadas, comunicacións, extractos e calquera outra información que puidese dispoñerse para o ser coñecemento. Este acceso e xestión do almacenamento do dispositivo limítase só á descarga e incorporación da documentación que vostede autorice; por iso, non supón pola nosa banda que se produza un acceso e xestión do resto de documentación almacenada no seu dispositivo.
b) Permiso sobre o acceso á cámara do dispositivo:
- O cliente poderá autorizar o acceso á cámara do dispositivo se o dispositivo ou a versión da aplicación así o permiten, co obxecto de xestionar os procesos de alta nos diferentes produtos e servizos que por normativa o requiren. Este acceso á cámara limítase só a aqueles procesos estritamente precisos e en ningún caso este acceso se estenderá a outro tipo de usos ou finalidades.
c) Permiso sobre notificacións no dispositivo:
- O cliente poderá autorizar a dispoñibilidade de notificacións no dispositivo se o dispositivo ou a versión da aplicación así o permiten, co obxecto de ser avisado de calquera tipo de interacción que deba ser coñecida con orixe na aplicación, tales como recepción de correspondencia, cargos en conta, pagamentos ou transaccións efectuadas, etc. Esta dispoñibilidade de notificacións limitarase ás funcións propias do servizo; en ningún caso suporán comunicacións comerciais, que quedarán vencelladas á obtención do consentimento do cliente.
3.2. Xestión dos tratamentos/permisos non precisos para determinados dispositivos ou versións da aplicación
Este conxunto de permisos engloba tódolos que o noso cliente poderá autorizar ou non, xa que se estabeleceron como adicionais no normal funcionamento do servizo da aplicación nas súas distintas versións ou dispositivos onde esta é executable.
a) Permiso sobre os contactos do dispositivo:
- O cliente poderá autorizar o acceso e selección dos contactos do dispositivo se o dispositivo ou a versión da aplicación así o permiten, co obxecto de notificarmos unha operación realizada a contacto do dispositivo. Este acceso aos contactos do dispositivo limítase só aos datos de contacto ou contactos que se presentan notificar, polo que non supón pola nosa banda que se produza un acceso ao resto de contactos do seu dispositivo.
b) Permiso sobre o micrófono do dispositivo:
- O cliente poderá autorizar o acceso ao micrófono do dispositivo se o dispositivo ou a versión da aplicación así o permiten, co obxecto de xestionar e facer máis eficaces os procesos de alta nos diferentes produtos e servizos que por normativa requiren polo menos unha comprobación visual do solicitante. Este acceso ao micrófono emprégase de xeito adicional e limitado a aqueles procesos estabelecidos e en ningún caso este acceso se estenderá a outro tipo de usos ou finalidades.
c) Permiso sobre chamadas telefónicas no dispositivo:
- O cliente poderá autorizar o acceso á realización de chamadas telefónicas no dispositivo se o dispositivo ou a versión da aplicación así o permiten co obxecto de permitir realizarmos chamadas directamente sobre os números de teléfono postos ao dispor por parte de ABANCA (servizos de atención ao cliente) dentro da propia aplicación. Este acceso á realización de chamadas telefónicas limítase só á confirmación previa do cliente a través do operador de telefonía móbil que o cliente teña contratado, asumindo neste caso os custos de conexión e chamada que realice segundo a tarifa que teña contratada co seu operador.
d) Permiso sobre a conexión WiFi - Acceso á rede do dispositivo:
- O cliente poderá autorizar o acceso á conexión WiFi - Acceso á rede do dispositivo se o dispositivo ou a versión da aplicación así o permiten, co obxecto de informalo do estado da súa conexión á rede, tanto WiFi como de Internet, así como permitirlle empregada para intercambio de datos con ABANCA ou para outros servizos da aplicación que requiran deste tipo de conexións. Este acceso ás conexións de rede limítase ás funcións descritas.
e) Permiso sobre os servizos de SMS do dispositivo:
- O cliente poderá autorizar o acceso e lectura das mensaxes SMS do dispositivo se o dispositivo ou a versión da aplicación así o permiten co obxecto de ler de xeito automático as mensaxes recibidas e con orixe en ABANCA, o que permite que de xeito automático se introduzan as claves de confirmación nas operacións (OTP). Este acceso e lectura automática das mensaxes SMS está sometida ao consentimento previo do cliente para aceptar ou asinar a operación, outorgando plena conformidade coa mesma.
4. Para que tratamos os datos persoais dos nosos clientes e baixo que lexitimación?
O tratamento de datos dos nosos clientes persegue as seguintes finalidades:
4.1. Xestionar a prestación dos servizos e produtos de ABANCA
Esta finalidade abrangue diferentes actividades de tratamento cuxa lexitimación baséase na execución das relacións contractuais ou precontractuais estabelecidas co cliente e que resultan precisas para asegurar que os nosos servizos e produtos se ofrecen e prestar de xeito adecuado.
- Recibirmos as solicitudes de información ou de contratación que o cliente poida realizar sobre os nosos produtos e servizos, darlle resposta e aclararmos as dúbidas que poidan xurdir. Isto supón que, en operacións de risco crediticio, deberase analizar a solvencia do cliente, pudendo empregarse técnicas de scoring e rating, así como técnicas de análise experta.
- Procedermos, no caso, á alta da operación solicitada mediante a sinatura do correspondente contrato.
- Manternos, desenvolvermos e controlarmos as relacións de negocio existentes entre as partes, incluíndo, no caso de operacións de risco crediticio, a valoración e seguimento do mesmos mediante técnicas de scoring e rating automatizadas, así como mediante técnicas de análise experta.
O desenvolvemento desta finalidade pode implicar que os datos do cliente sexan comunicados a terceiros tales como:
- Notarios ou fedatarios públicos: No caso de que sexa precisa a súa intervención (por exemplo, no caso de que o cliente solicite a ABANCA unha operación de financiamento, como pode ser un empréstito hipotecario, que se teña que formalizar coa intervención dun notario. Neste caso, ABANCA poderá comunicar ao notario autorizante tódolos datos, incluíndo os de carácter persoal, relativos á operación de risco).
- Empresas taxadoras: No caso de que sexa precisa a valoración dun inmoble (por exemplo, no caso de que un cliente solicite a ABANCA unha operación que incorpore unha garantía, como pode ser unha hipoteca, e requira a ABANCA que solicite a taxación do inmoble a hipotecar). A finalidade destas comunicacións será que as empresas de taxación podan tramitar e xestionar a solicitude de taxación e realizar o correspondente informe de taxación de inmoble.
- Rexistros Públicos (por exemplo, o Rexistro da Propiedade): No caso de que sexa preciso inscribir as correspondentes garantías ou no caso de que sexa preciso que ABANCA consulte a información que obre en ditos rexistros sobre o inmoble que será obxecto das correspondentes garantías.
- A compañía aseguradora ABANCA VIDA E PENSIÓNS DE SEGUROS E REASEGUROS, S.A e ao resto de compañías aseguradoras coas que traballamos, no caso de que o cliente se interese pola contratación dun dos seus produtos de seguros.
- A Organismos Públicos de Crédito Oficial (como o Instituto de Crédito ao Consumo, o Instituto Galego de Promoción Económica ou o Ministerio de Vivenda) se o cliente solicita un produto suxeito a un convenio subscrito por ABANCA co organismo correspondente. A finalidade destas comunicacións de datos será que os devanditos organismos podan decidir sobre a autorización da operación solicitada polo cliente e sobre a posible concesión dun aval que garanta dita operación. Porén, a autorización que podan outorgar os referidos organismos non significará obrigatoriamente que ABANCA autorice a operación solicitada polo cliente, senón que a posible concesión desa operación será obxecto de estudo por parte de ABANCA segundo os seus criterios de valoración de riscos.
- A Sociedade de Garantía Recíproca, no caso de que o cliente solicite avais das mesmas. A finalidade destas comunicacións de datos será que as devanditas sociedades podan decidir sobre a concesión deses avais.
- As correspondentes entidades xestoras ou comercializadoras de Institucións de Investimento Colectivo (IIC) se o cliente solicita a adhesión a IIC (por exemplo, fondos de investimento ou sociedades de investimento). A finalidade destas comunicacións de datos será que as correspondentes entidades xestoras ou comercializadoras de IIC podan cumprir as funcións que lles correspondan segundo a normativa sobre IIC vixente en cada momento e ao resto de disposicións aplicables e segundo o estabelecido nos acordos de comercialización subscritos con ABANCA (por exemplo, para a tramitación e xestión de operacións de subscrición ou reembolso de participacións ou accións de IIC, para a tramitación e xestión de operacións de traspaso das IIC ou para a levanza do rexistro de partícipes ou accionistas correspondentes).
- Ás correspondentes entidades xestoras e depositarias dos plans de pensións, se o cliente solicita un plan de pensións. A finalidade destas comunicacións de datos será que as correspondentes entidades xestoras e entidades depositarias dos plans de pensións poidan cumprir as funcións que lles correspondan segundo a normativa sobre os plans e fondos de pensións vixente en cada momento e ao resto de disposicións aplicables (por exemplo, para a tramitación e xestión das achegas aos plans de pensións, da percepción das prestacións correspondentes ou do dereito de rescate).
4.2. Cumprir coas obrigas atribuídas a ABANCA
O sector financeiro está fortemente regulado e isto implica que debemos realizar determinados tratamentos cuxa lexitimación se basea no cumprimento de obrigas legais e normas de dereito comunitario e que, de xeito exemplificativo, se poden traducir nas seguintes accións:
- Darmos resposta, se procede, ás solicitudes de información realizadas polas administracións e organismos públicos e xuíces e tribunais competentes.
- Comunicarmos ás administracións e organismos públicos os datos do cliente que procedan en cumprimento das obrigas normativas que incumban a ABANCA (por exemplo, á Tesourería Xeral da Seguridade Social, á Axencia Tributaria, etc.).
- Consultarmos ás administracións e organismos públicos os datos do cliente que procedan en cumprimento das obrigas normativas que incumban a ABANCA (por exemplo, á Tesourería Xeral da Seguridade Social, á Axencia Tributaria, etc.).
- No caso de que o cliente sexa un novo cliente de ABANCA e solicite á mesma a contratación dun produto a través de medios non presenciais (por exemplo, a través do teléfono ou de medios electrónicos ou telemáticos), ABANCA poderá identificalo mediante a confirmación dos seus datos identificadores e de titularidade con aquelas entidades de crédito españolas ou con sucursal en España nas que o cliente teña aberta algunha conta. Dito proceso de identificación non presencial realizarase de conformidade co disposto a tal efecto na normativa de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo.
- Ingresarmos as retencións que debemos efectuar segundo a normativa tributaria.
- Comunicarmos á Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE) o risco de crédito no seu caso asumido e a súa evolución. ABANCA ten a obriga de efectuar á CIRBE, nos termos previstos pola lexislación vixente, declaración dos datos sobre os riscos de crédito que o cliente contraia con ABANCA e, no caso de ter o cliente a condición de empresario individual e contraer a titularidade dos devanditos ricos no exercicio da súa actividade empresarias, ABANCA deberá facer constar esta condición na declaración referida.
- Comunicarmos ao Ficheiro de Titularidades Financeiras, en cumprimento da lei de prevención de branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo, a apertura ou cancelación de calquera conta corrente, de aforro, de valores ou depósitos a prazo, xunto cos datos identificadores dos titulares, titulares reais, no seu caso, representantes ou autorizados. O responsable do devandito ficheiro é a Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa, actuando como encargada do tratamento por conta desta o Servizo Executivo da Comisión de Prevención do Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias.
4.3. Coñecer a solvencia do Cliente e previr a fraude na contratación
Tratamos os datos do cliente en base ao interese lexítimo de ABANCA para:
- Coñecermos a súa solvencia patrimonial e de crédito con anterioridade á realización de calquera operación que supoña un risco crediticio, así como durante a vixencia da devandita operación de crédito.
- Consultarmos os datos do cliente que podan figurar en ficheiros comúns de información sobre solvencia patrimonial e crédito (por exemplo, BADEXCUG, ASNEF, Ficheiros de Incidencias Xudiciais, etc.).
- Así mesmo, coa finalidade de coñecer a solvencia patrimonial e de crédito do cliente, ABANCA poderá comunicar os seus datos a ABANCA Servizos Financeiros, Estabelecementos Financeiro de Crédito, S.A. (De aquí en diante, ASF), que é unha empresa pertencente ao noso Grupo Económico, co obxectivo de podermos consultar, sempre que o cliente sexa tamén cliente de ASF, o seu scoring, rating ou límite de crédito en ASF.
-
Protexermos a identidade dos nosos clientes e detectarmos debidamente o emprego fraudulento de datos no estabelecementos de relación contractuais ou precontractuais. Esta finalidade comprende o desenvolvemento de accións como a consulta recíproca entre empresas do grupo económico de ABANCA sobre actividades anómalas e a consulta aos ficheiros CONFIRMA e IBERPAY, cuxa finalidade é a prevención da fraude e cuxos responsables son as entidades adheridas aos seus respectivos regulamentos a través do procedemento estabelecido nestes últimos.
En relación co ficheiro CONFIRMA, informamos aos nosos clientes de que ABANCA poderá comunicar ao devandito ficheiro, para a realización das correspondentes consultas, os datos das solicitudes que o cliente presente á entidade. O prazo máximo de conservación dos datos no ficheiro CONFIRMA será de dous anos. Os responsable do tratamento son as entidades adheridas ao regulamento do ficheiro CONFIRMA, sendo o encargado do tratamento Confirma Sistemas de Información, S.L., con enderezo na Avda. Da Industria 18, Tres Cantos (28760) Madrid. Os nosos clientes poderán consultar o listado de entidades actualmente adheridas ao regulamento na web www.confirmasistemas.es.
Poderán participar no ficheiro CONFIRMA as entidades que se adhiran ao seu regulamento e que no seu ámbito de actividade poidan ser obxecto de fraude na contratación. Os datos comunicados ao ficheiro CONFIRMA poderán ser cedidos ás entidades adheridas.
En relación co ficheiro IBERPAY, informamos aos nosos clientes de que os seus datos poderán ser incluídos por ABANCA no devandito ficheiro común de prevención da fraude nas operacións bancarias, xestionado pola Sociedad Española de Sistemas de Pago, S.A. (Iberpay), para a detección, investigación, control e eventual denuncia de operacións sospeitosas e fraudulentas cometidas na/s conta/s dos clientes, incluídas as contas correntes e de aforro.
Os datos que se comuniquen por ABANCA ao devandito ficheiro común de prevención da fraude nas operacións bancarias serán os relativos ao número de IBAN e ao titular da conta de fora obxecto da operación sospeitosa ou fraudulenta, no seu caso, e tales datos poderán ser accesibles polas entidades financeiras participantes no devandito ficheiro común, aos únicos efectos e exclusivos fins de procuraren a detección, prevención e control desta fraude. Os clientes poden consultar o listado actualizado dos participantes adheridos ao ficheiro facendo clic nesta ligazón. Os devanditos participantes (incluída, por tanto, ABANCA), na súa condición de entidades adheridas ao ficheiro, terán a consideración de corresponsables do tratamento dos datos que se inclúan no ficheiro.
Os datos serán conservados no ficheiro durante un máximo de trinta días no caso de tratarse de operacións sospeitosas de fraude, e dun ano no caso de tratarse de operacións fraudulentas (cando a fraude fora confirmada polo afectado). Procederase á supresión automática dos datos incluídos no ficheiro común cando estes deixen de ser exactos ou non respondan con veracidade á situación real do afectado.
- Os clientes poden solicitar máis información sobre o funcionamento do ficheiro enviando unha mensaxe ao enderezo seguinte: privacidadiberpay@abanca.com ou, se prefiren, mediante correo postal, dirixido a Privacidade de ABANCA, con domicilio na rúa García Barbón, 1-3 (36201- Vigo), especificando que información adicional desexa solicitar e acompañando unha fotocopia do seu DNI ou documento de identificación oficial equivalente en vigor. Comprobarmos a exactitude e veracidade dos documentos aportados polo cliente, por exemplo, mediante o código CSV (código seguro de verificación) ou o código CEA (Código Electrónico de Autenticidade) no caso de copias dixitais das declaracións de impostos e da vida laboral.
4.4. Ofrecer produtos e servizos de ABANCA similares aos contratados
Consideramos que resulta de interese de ámbalas dúas partes remitirmos ao cliente información publicitaria que faga referencia a produtos e servizos similares aos contratados polo propio cliente. Esta información publicitaria poderá ser xenérica ou personalizada, é dicir, axustada ao perfil concreto e situación comercial o crediticia do Cliente, para o que, antes do seu envío e para a elaboración do devandito perfil, poderemos tratar os datos persoais do Cliente dos que dispoñamos con motivo da xestión dos produtos e servizos contratados, como, por exemplo, os datos relacionados coa súa solvencia ou risco crediticio, así como os relativos aos seus movementos transaccionais (por exemplo, os datos dos movementos das contas, como poden ser os referentes a recibos domiciliados, ou a información xerada pola utilización de tarxetas de crédito ou débito como medios de pagamento en adquisicións de bens ou servizos);
En calquera momento, o cliente poderá oporse ao envío da devandita información publicitaria, así como ao tratamento dos seus datos para a elaboración do devandito perfil, a través do enderezo de correo bajas@abanca.com, do noso Servizo de Atención ao Cliente o dou distintos medios habilitados en cada momento.
Agás indicación do contrario, esta información será remitida polas seguintes canles:
- Correo postal
- Correo electrónico e redes sociais
- Mensaxes de calquera outro tipo ao móbil
- Servizo de banca por internet
- Chamadas telefónicas
4.5. En caso de que o cliente preste o seu consentimento:
a) Ofrecer, a través das canles indicadas no apartado 4.4 anterior, información sobre produtos e servizos de empresas do Grupo económico de ABANCA e de colaboradores: farémoslle chegar información publicitaria que poda resultar axustada ao seu perfil, tanto de produtos e servizos de empresas do Grupo Económico ABANCA, cuxas actividades comprenden as de tipo financeiro, social, asegurador, inmobiliario, de inversión mobiliaria, de formación e de marketing e servizos de consultoría e asesoramento, e poden ser consultadas na nosa web, como de colaboradores que ofrezan produtos e/ou servizos financeiros, de seguros, de ocio, alimentos, electrodomésticos, mobiliario, vehículos, calzado, téxtil, ópticas, servizos e produtos de consumo persoal, etc.
b) Compartir os seus datos con empresas do Grupo económico de ABANCA e con colaboradores de ABANCA: ABANCA compartirá os datos do Cliente co resto de empresas do seu Grupo económico, así como con colaboradores, coas seguintes finalidades:
- para facilitar e axilizar a análise e a posible formalización dun contrato ou precontrato solicitado polo cliente á correspondente empresa do Grupo ou colaborador; ou ben para facilitar e axilizar a xestión e execución dun contrato que o Cliente xa manteña coa correspondente empresa do Grupo ou co colaborador;
- para a elaboración ou actualización por parte das empresas do Grupo ou dos colaboradores dos perfís comerciais e de risco do Cliente; e
- para que as empresas do Grupo ou os colaboradores podan facerlle chegar ao cliente de xeito directo e a través de calquera medio (incluído o correo electrónico os SMS e outros medios de comunicación electrónica) as súas mellores ofertas e promocións, adecuadas ao perfil concreto de Cliente, para o que as empresas do Grupo e os colaboradores poderán consultar tamén ficheiros lexítimos do sector ou sectores nos que operen (por exemplo, os ficheiros comúns de selección e tarificación de riscos no ámbito do sector de seguros).
Entre os datos que ABANCA poderá comunicar ás empresas do seu Grupo económico e aos colaboradores poderán incluírse, entre outros, datos persoais do Cliente dos que a ENTIDADE dispoña con motivo da xestión dos produtos e servizos contratados, como, por exemplo, os datos relacionados coa súa solvencia ou risco crediticio, así como os relativos aos seus movementos transaccionais (por exemplo, os datos dos movementos das contas, como poden ser os referentes a recibos domiciliados, ou a información xerada pola utilización de tarxetas de crédito ou débito como medios de pagamento en adquisicións de bens ou servizos).
c) Enriquecer a información do Cliente: poderemos obter unha maior información sobre as características, gustos e necesidades financeiras do Cliente a través da información proporcionada por distintas fontes externas tales como Rexistros Públicos, Catastro, Ficheiros de información sobre solvencia patrimonial e crédito, Redes Sociais, ferramentas de xeomarketing, os seus datos de navegación pola web ou as aplicacións de ABANCA, ou polas webs de terceiros, co obxectivo de introducir melloras nos nosos produtos e servizos e/ou adaptar ou escoller as ofertas dos produtos e servizos que mellor se axusten ao perfil concreto do Cliente.
d) Conservar os datos do Cliente unha vez remate a nosa relación: poderemos conservar os seus datos unha vez remate a nosa relación e por un prazo máximo de 5 anos con fins analíticos e estatísticos para xestionar unha nova solicitude de produto ou servizo que o cliente poda formular, así como para continuar enviándolle, tanto ABANCA como as empresas do seu Grupo económico e os colaboradores, información publicitaria personalizada de interese do Cliente.
4.6. Outras finalidades.
En base á protección do interese lexítimo de ABANCA, poderemos realizar estudos analíticos e estatísticos con datos anonimizados, garantir a defensa xurídica da entidade ante reclamacións extraxudiciais ou xudiciais ou, no caso de que o cliente non atendera puntualmente as súas obrigas económicas, comunicar os seus datos identificadores e de débeda a sistemas comúns de información crediticia e solvencia patrimonial (por exemplo, BADEXCUG, ADNEF, Ficheiro de Incidencias Xudiciais, etc.), segundo a lexislación vixente.
5. Canto tempo conservamos os seus datos?
Os datos persoais serán conservados mentres se manteña a relación contractual ou precontractual co cliente e con posterioridade ás mesmas por un prazo máximo de 5 anos se prestara o seu consentimento a tal efecto. Rematada a relación contractual ou precontractual (ou, no seu caso, transcorrido o prazo de 5 anos), os datos serán bloqueados segundo o disposto na normativa, o que implica que estarán dispoñibles só a solicitude de xuíces e tribunais, o Ministerio fiscal ou as administración públicas competentes durante os prazos de prescrición legal. Transcorridos os devanditos prazos, eliminaranse os datos.
6. Está prevista algunha transferencia internacional?
ABANCA garante a aplicación de medidas de seguridade técnicas, organizativas e legais que resulten axeitadas ao nivel de risco do tratamento con independencia do territorio onde este se produza.
Calquera comunicación de datos que se produza a terceiros localizados en países fóra do Espazo Económico Europeo (EEE) estará suxeita a un nivel adecuado de protección que garanta a seguridade e lexitimidade do tratamento do seus datos, segundo o disposto na normativa vixente aplicable.
Para máis información sobre as transferencias internacionais de datos, o cliente pódese dirixir ao Delegado de Protección de Datos de ABANCA no seguinte enderezo de correo electrónico: privacidad@abanca.com.
7. Cal son os dereitos dos clientes de ABANCA?
A normativa de protección de datos confírelle ao cliente os seguintes dereitos en relación co tratamento dos seus datos:
- Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos estamos a tratar y as características do tratamento que estamos a levar a cabo.
- Dereito de rectificación: Poder solicitar a modificación dos seus datos por seren inexactos ou non veraces.
- Dereito de portabilidade: Poder obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean a ser tratados.
- Dereito á limitación do tratamento nos casos recollidos na lei.
- Dereito a oposición á toma de decisións automatizadas.
- Dereito de supresión. Solicitar a supresión dos seus datos cando o tratamento xa non sexa preciso.
- Dereito de oposición: Solicitar o cesamento no envío de comunicacións comerciais nos termos previamente sinalados.
- Dereito a revocar o consentimento prestado.
- Dereito a interpoñer unha reclamación fronte á autoridade de control (en España, a Axencia Española de Protección de Datos).
Para o exercicio de calquera destes dereitos, o cliente poderá dirixirse ao noso Servizo de Atención ao Cliente a través do enderezo postal: Rúa Nueva, 1 - Entreplanta, 15003, A Coruña; ou de correo electrónico a: atencioncliente@abanca.com.
En relación coa comunicación dos seus datos por parte de ABANCA ao ficheiro CONFIRMA e ao ficheiro IBERPAY, o cliente poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, oposición ou portabilidade dirixíndose respectivamente:
- Ao enderezo de Confirma Sistemas de Información, S.L., na Avda. da Industria, 18, TRES CANTOS (28760) de MADRID.
- Enviando unha mensaxe ao enderezo seguinte: privacidadiberpay@abanca.com ou, se prefire, mediante correo postal, dirixido a Privacidade de ABANCA, con domicilio na rúa García Barbón, 1-3 (36201- Vigo), especificando que dereito desexa exercer e acompañando unha fotocopia do seu DNI ou documento de identificación oficial equivalente en vigor.
Ademais, infórmase ao cliente de que cando ABANCA, como entidade participante nos devanditos ficheiros comúns de prevención da fraude, reciba unha solicitude de exercicio de dereitos que faga referencia ou dalgún xeito afecte aos datos compartidos no ficheiro común, ABANCA notificará o devandito exercicio de dereitos a calquera outra entidade participante que puidese estar afectada, aos efectos de que se poida dar cumprimento axeitado á solicitude recibida.