Información básica sobre protección de datos personais
Información básica sobre protección de datos personais
1. Quen é o responsable do tratamento?
ABANCA Corporación Bancaria, S.A (a “ENTIDADE”), con NIF: A-70302039.
2. Que categorías de datos tratamos?
Os datos que tratamos corresponden ás seguintes categorías: I) Datos identificadores e de contacto; ii) Datos de circunstancias familiares e sociais e datos socioeconómicos; iii) Datos económicos, laborais e financeiros; iv) Datos de seguros; v) Datos transaccionais; vi) Datos de solvencia patrimonial e crédito; vii) Datos de situación xeográfica; viii) Hábitos de comportamento nas aplicacións da ENTIDADE que o Cliente empregue (por exemplo, a Banca Móbil) e nos servizos bancarios a través de aplicacións que o Cliente teña contratados coa ENTIDADE; ix) Datos identificadores e da titularidade das contas que o Cliente teña abertas noutras entidades de crédito españolas ou con sucursal en España; e x) Datos correspondente a imaxes e fotografías que o cliente envíe a través das aplicacións.
3. Como obtemos os datos persoais?
Os datos persoais que tratamos proceden das seguintes fontes: i) O propio Cliente; ii) A xestión, desenvolvemento e mantemento das relacións contractuais ou precontractuais entre o Cliente e a ENTIDADE; iii) As Empresas do Grupo económico da ENTIDADE; iv) Entidades de crédito españolas ou con sucursal en España; v) Fontes accesibles ao público; vi) Organismos e Administracións Públicas (por exemplo, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Axencia Estatal de Administración Tributaria, etc.); vii) Fontes externas (por exemplo, redes sociais, datos de navegación en Internet, conectividade, etc.); viii) Ficheiros de información sobre solvencia patrimonial e crédito (por exemplo, BADEXCUG, ASNEF, etc.); ix) Ficheiros de protección de identidade ou detección fraudulenta de datos (por exemplo, o ficheiro “CONFIRMA” ou o ficheiro “IBERPAY”, que son ficheiros comúns cuxa finalidade é a prevención da fraude); x) Taxadoras, Rexistros Públicos (por exemplo, Rexistro da Propiedade ou Rexistro Mercantil) e Catastro; e xi) a Central de Información de Riscos do Banco de España - CIRBE - (a ENTIDADE poderá consultar e tratar datos relativos a un cliente que podan figurar rexistrados na CIRBE a efectos da concesión e a xestión das operacións de crédito que solicite, incluíndo a avaliación, valoración e seguimento do risco de crédito das devanditas operacións mediante técnicas de scoring e análise experta, así como para asegurar o efectivo cumprimento da normativa sobre concentración de riscos e calquera outra que, no ámbito da supervisión cautelar das entidades de crédito, lle resulten de aplicación á ENTIDADE).
4. Cal son os permisos precisos e non precisos para as funcións da aplicación no teu dispositivo?
Para o correcto funcionamento da aplicación no teu dispositivo, diferenciamos os permisos precisos e non precisos segundo as distintas funcións.
a) Permisos precisos ou esenciais para a correcta prestación do servizo ou funcionalidades da aplicación nas súas distintas versións ou dispositivos onte esta é executable.
- Permiso sobre o almacenamento no dispositivo;
- Permiso sobre o acceso á cámara do dispositivo;
- Permiso sobre notificacións no dispositivo;
b) Permisos non precisos ou accesorios para a correcta prestación do servizo ou funcionalidades da aplicación nas súas distintas versións ou dispositivos onte esta é executable.
- Permiso sobre os contactos do dispositivo;
- Permiso sobre o micrófono do dispositivo;
- Permiso sobre chamadas telefónicas no dispositivo;
- Permiso sobre a conexión Wi-Fi – Acceso á rede do dispositivo;
- Permiso sobre os servizos de SMS do dispositivo;
5. Para que tratamos os datos persoais e baixo que lexitimación?
O tratamento de datos dos nosos clientes persegue as seguintes finalidades:
i) Xestionar as solicitudes do Clientes, así como a prestación e execución dos servizos e produtos contratados coa ENTIDADE, finalidades amparadas na correcta execución das relacións contractuais ou precontractuais estabelecidas entre o Cliente e a ENTIDADE: ii) Solicitar, consultar e/ou comunicar información ás Administracións e organismos públicos que procedan para cumprir coas obrigas legais atribuídas á ENTIDADE: iii) Coñecer a solvencia do Cliente e previr a fraude na contratación en base ao interese lexítimo da ENTIDADE: iv) Ofrecer produtos e servizos da ENTIDADES similares aos contratados polo cliente, en base ao interese lexítimo do Cliente e da ENTIDADE. Esta información publicitaria poderá ser xenérica ou personalizada, é dicir, axustada ao perfil concreto e situación comercial o crediticia do Cliente, para o que, antes do seu envío e para a elaboración do devandito perfil, a ENTIDADE poderá tratar os datos persoais do Cliente dos que dispoña con motivo da xestión dos produtos e servizos contratados, como, por exemplo, os datos relacionados coa súa solvencia ou risco crediticio, así como os relativos aos seus movementos transaccionais (por exemplo, os datos dos movementos das contas, como poden ser os referentes a recibos domiciliados, ou a información xerada pola utilización de tarxetas de crédito ou débito como medios de pagamento en adquisicións de bens ou servizos); v) Co consentimento do Cliente: ofertarlle produtos e servizos de empresas do Grupo económico da ENTIDADE e de colaboradores da ENTIDADE, compartir os datos do Cliente con empresas do Grupo económico da ENTIDADE e con colaboradores da ENTIDADE, enriquecer a información do Cliente e conservar os datos do Cliente unha vez finalizada a relación coa ENTIDADE; e vi) Para outras finalidades (por exemplo, finalidades estatísticas).
Conforme ao estabelecido no anterior apartado “v)”, en caso de que o Cliente preste o seu consentimento, a ENTIDADE poderá:
a) Ofrecer ao Cliente, a través de calquera medio (incluído o correo electrónico, os SMS e outros medios de comunicación electrónica), información sobre produtos e servizos de empresas do Grupo económico da ENTIDADE e de colaboradores da ENTIDADE: farémoslle chegar ao Cliente información publicitaria que poda resultar axustada ao seu perfil, tanto de produtos e servizos de empresas do Grupo Económico da ENTIDADE, que poden ser consultadas na nosa web e cuxas actividades comprenden as de tipo financeiro, social, asegurador, inmobiliario, de inversión mobiliaria, de formación e de marketing e servizos de consultoría e asesoramento, como de colaboradores da ENTIDADE que ofrezan produtos e/ou servizos financeiros, de seguros, de ocio, alimentos, electrodomésticos, mobiliario, vehículos, calzado, téxtil, ópticas, servizos e produtos de consumo persoal, etc.
b) Compartir os seus datos con empresas do Grupo económico da ENTIDADE e con colaboradores da ENTIDADE: A ENTIDADE compartirá os datos do Cliente co resto de empresas do seu Grupo económico, así como con colaboradores, coas seguintes finalidades:
- para facilitar e axilizar a análise e a posible formalización dun contrato ou precontrato solicitado polo cliente á correspondente empresa do Grupo ou colaborador; ou ben para facilitar e axilizar a xestión e execución dun contrato que o Cliente xa manteña coa correspondente empresa do Grupo ou co colaborador;
- para a elaboración ou actualización por parte das empresas do Grupo ou dos colaboradores dos perfís comerciais e de risco do Cliente; e
- para que as empresas do Grupo ou os colaboradores podan facerlle chegar ao cliente de xeito directo e a través de calquera medio (incluído o correo electrónico os SMS e outros medios de comunicación electrónica) as súas mellores ofertas e promocións, adecuadas ao perfil concreto de Cliente, para o que as empresas do Grupo e os colaboradores poderán consultar tamén ficheiros lexítimos do sector ou sectores nos que operen (por exemplo, os ficheiros comúns de selección e tarificación de riscos no ámbito do sector de seguros).
Entre os datos que a ENTIDADE poderá comunicar ás empresas do seu Grupo económico e aos colaboradores poderán incluírse, entre outros, datos persoais do Cliente dos que a ENTIDADE dispoña con motivo da xestión dos produtos e servizos contratados, como, por exemplo, os datos relacionados coa súa solvencia ou risco crediticio, así como os relativos aos seus movementos transaccionais (por exemplo, os datos dos movementos das contas, como poden ser os referentes a recibos domiciliados, ou a información xerada pola utilización de tarxetas de crédito ou débito como medios de pagamento en adquisicións de bens ou servizos).
c) Enriquecer a información do Cliente: poderemos obter unha maior información sobre as características, gustos e necesidades financeiras do Cliente a través da información proporcionada por distintas fontes externas tales como Rexistros Públicos, Catastro, Ficheiros de información sobre solvencia patrimonial e crédito, Redes Sociais, ferramentas de xeomarketing, os seus datos de navegación pola web ou as aplicacións da ENTIDADE, ou polas webs de terceiros, co obxectivo de introducir melloras nos nosos produtos e servizos e/ou adaptar ou escoller as ofertas dos produtos e servizos que mellor se axusten ao perfil concreto do Cliente.
d) Conservar os datos do Cliente unha vez remate a nosa relación: poderemos conservar os seus datos unha vez remate a nosa relación e por un prazo máximo de 5 anos con fins analíticos e estatísticos para xestionar unha nova solicitude de produto ou servizo que o cliente poda formular, así como para continuar enviándolle, tanto a ENTIDADE como as empresas do seu Grupo económico e os colaboradores, información publicitaria personalizada de interese do Cliente.
6. A quen podemos comunicar os seus datos persoais?
O tratamento, para dar cumprimento ás finalidades anteriormente detalladas en función da base lexitimadora especificada para cada finalidade, pode implicar que os seus datos persoais sexan comunicados a terceiros, tales como: I) Organismos e Administracións Públicas, ii) Notarios ou fedatarios públicos, iii) Empresa taxadoras, iv) Rexistros Públicos, v) Compañías Aseguradoras, vi) Empresas do Grupo económico da ENTIDADE, vii) Organismos Públicos de Crédito Oficial, viii) Sociedades de Garantía Recíproca, ix) Entidades xestoras ou comercializadoras de Institucións de Investimento Colectivo, x) Entidades xestoras e depositarias de plans de pensións, xi) Ficheiro de Titularidades Financeiras, xii) Sistemas Comúns de Información Crediticia e Solvencia Patrimonial, xiii) Ficheiros comúns de prevención da fraude (como, por exemplo, os ficheiros “CONFIRMA” e “IBERPAY”) e xiv) a Central de Información de riscos do Banco de España - CIRBE - (a ENTIDADE ten a obriga de efectuar á CIRBE, nos termos previstos pola lexislación vixente, declaración dos datos sobre os riscos de crédito que o Cliente contraia coa ENTIDADE, e, no caso de ter o Cliente a condición de empresario individual e ter contraído a titularidade dos devanditos riscos no exercicio da súa actividade empresarial, a ENTIDADE deberá facer constar dita condición na declaración referida).
En relación cos ficheiros comúns de prevención da fraude, o Cliente poderá consultar a información referida ás entidades participantes, ao período de conservación dos seus datos nos devanditos ficheiros e a forma de exercitar os seus dereitos ante os mesmos na información adicional e detallada sobre Protección de Datos que figura na política de privacidade accesible na nosa páxina web,dentro do apartado de “Aspectos legais e de seguridade” situado na parte inferior da devandita páxina web.
7. Cales son os dereitos que lle asisten?
O Cliente pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos seus datos persoais dirixíndose ao Servizo de Atención ao Cliente da ENTIDADE a través das canles referidas na información adicional e detallada sobre Protección de Datos que figuran na política de privacidade accesible na nosa páxina web, dentro do apartado de “Aspectos legais e de seguridade” situado na parte inferior da devandita páxina web.
8. Onde pode consultar a información detallada de Protección de Datos?
Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na política de privacidade accesible tanto na nosa app como nosa páxina web, dentro do apartado de “Aspectos legais e de seguridade” situado na parte inferior da devandita páxina web.
9. E se o Cliente é unha persoa xurídica?
No caso de que o interesado sexa unha persoa xurídica, resultaralle de aplicación o Réxime previsto no presente documento a excepción do previsto no apartado 7 relativos aos dereitos, xa que o exercicio dos mesmos está reservado ás persoas físicas en virtude da normativa sobre protección de datos de carácter persoal.
Así mesmo, no relativo ao disposto no apartado 5.v) só estarán supeditados á previa obtención do consentimento do cliente o envío de publicidade a través das canles electrónicas nos casos legalmente previstos, así como a cesión dos seus datos a empresas do Grupo económico da ENTIDADE e a terceiros colaboradores.
Nese mesmo caso de que o cliente sexa unha persoa xurídica, infórmase ás persoas físicas que subscriban este documento en representación do Cliente de que os seus datos proporcionados á ENTIDADE con motivo do presente documento serán tratados para acadar tódalas finalidades informadas no devandito documento en función da base lexitimadora específica para cada finalidade. Así mesmo, os datos persoais dos representantes do Cliente poderanse comunicar ás entidades privadas e organismos públicos identificados neste documento para acadar as referidas finalidades.
Os representantes do Cliente poderán exercitar os dereitos mencionados no apartado 7 do presente documento no seu propio nome.