ABANCA Estuda

Bases da promoción

Participantes da promoción

Participarán na promoción todos os clientes de ABANCA que cumpran cos termos establecidos nestas bases e, ademais, cos seguintes requisitos;:

En adiante, os participantes.

Duración da promoción

Esta promoción terá lugar desde o 27 de setembro de 2016 ata as 23:59 horas (hora peninsular) do 30 de novembro de 2016.

Estas datas poderán ser alteradas por calquera causa que ABANCA considere necesaria.

Mecánica da promoción e contido do premio

Todas as persoas físicas que, conforme os termos e condicións recollidos nestas bases, contraten un dos produtos correspondentes a ABANCA Estuda nalguna das modalidades referidas no punto 1 destas bases entre o 27 de setembro e o 30 de novembro, recibirá automaticamente unha tarxeta co importe equivalente a 3 meses de LinkedIn Premium (valorado en 78 €).

Ademais, entre esas personas referidas no parágrafo anterior sortearase na modalidade de “sorteo gratuíto” cinco (5) tarxetas, cada unha delas co importe equivalente a unha consultoría para mellorar o seu curriculum vitae (150 euros).

Para os efectos do sorteo, incluiranse como participantes na promoción todas as persoas que, conforme os restantes termos e condicións destas bases legais, non se opuxeran ao tratamiento dos seus datos persoais por ABANCA con fins promocionais.

Data do sorteo

O sorteo realizarase ante notario mediante proceso informático aleatorio o día 12 de decembro de 2016 entre os participantes que cumpran o disposto nestas bases.

Premios

Os premios recollidos nestas bases son persoais e intransferibles.

Os premios desta promoción en ningún caso poderán ser obxecto de cambio, alteración, compensación económica ou cesión a petición dos gañadores.

Os premios terán unha vixencia de tres (3) meses contados a partir da data de realización do sorteo.

Comunicación e entrega do premio aos gañadores

ABANCA comunicaralles aos participantes a súa condición de gañadores a través de calquera canle de comunicación, escollido por ABANCA, que as persoas gañadoras lle facilitasen a ABANCA ao formalizaren a contratación do producto ABANCA Estuda correspondente nalgunha das modalidades referidas na base primeira.

Ao que se lles comunique, os gañadores trinta (30) días naturais para reclamaren o premio.

En caso de non o reclamaren, de renunciaren, de que non sexa posible dar con eles, ou de que as persoas gañadoras dos premios non cumpran cos requisitos de participación establecidos nestas bases, o premio quedará deserto ao que transcorran trinta (30) días naturais desde que ABANCA lles comunique ás persoas participantes a súa condición de gañadoras.

Os premios entregaránselles aos gañadores nun prazo máximo de trinta (30) días desde a confirmación da contratación do produto correspondente ABANCA Estuda nalgunha das modalidades referidas na base primeira.

A entrega do premio realizarase a través da rede de oficinas de ABANCA en España, a elección do gañador do premio. Para eses efectos, podes consultar a rede de oficinas de ABANCA.

Utilización do nome da persoa gañadora e comunicacións relacionadas con esta promoción

Os gañadores desta promoción consenten expresamente que ABANCA, directamente e/ou a través da(s) axencia(s) de publicidade que ABANCA estime axeitada(s) en cada momento, poida utilizar e publicar, sen limitación territorial e temporal ninguha, o nome, apellidos e imaxe en calquera actividade publicitaria, promocional ou de marketing relacionada con esta promoción en calquera medio (incluíndo con carácter meramente enunciativo e non limitativo, prensa, radio, televisión, internet, redes sociais, etc..), sen que estas actividades lles dean ás persoas gañadoras dereito de remuneración ou beneficio ningún, agás a entrega do premio gañado conforme estas bases.

Responsabilidade

ABANCA garda para si o dereito a mudar en calquera momento as condicións desta promoción cando conourra causa xustificada ou motivos de forza maior, sen asumir responsabilidade ningunha por esta modificación. Comprométese a comunicarlle as novas condicións de participación na mesma forma e medios que os empregados para estas bases legais.

ABANCA non se responsabiliza das posibles perdas, deterioros, roubos, retrasos, cancelacións ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros ou á persoa gañadora que poidan afectar o desenvolvemento xeral desta promoción ou o premio.

Así mesmo, ABANCA non se responsabiliza de calquera dano ou prexuízo que as persoas gañadoras do premio desta promoción sufrisen por calquera causa durante o aproveitamento do premio, e veranse obrigadas esas persoas gañadoras a asinar, ao recibiren o premio, o correspondente documento de aceptación e de exoneración de responsabilidade de ABANCA.

ABANCA non asumirá ningunha responsabilidade por problemas ou erros técnicos das liñas telefónicas, sistemas informáticos, servidores, software ou erro de calquera mensaxe de correo electrónico destinado a ABANCA.

Limitación de participación

Non poderán participar nesta promoción o persoal laboral de ABANCA e das empresas integrantes do seu grupo económico (conforme a definición de “grupo” contida no artículo 42.1 do Código de Comercio).

Impostos legais

Conforme a normativa vixente, a entrega deste premio constitúe un rendemento suxeito ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

Protección de datos de carácter persoal

Conforme o que establece a Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase os participantes de que os datos de carácter persoal dos que ABANCA dispoña con motivo das relacións contractuais que concertasen ou concerten con ABANCA, e calquera outro que, de ser o caso, se recaden ou xeren pola participación nesta promoción, incorporaranse aos ficheiros de ABANCA para que esta entidade efectúe o tratamento, automatizado ou non, de todos eses datos para:

As persoas participantes, se resultasen gañadoras, autorizan a ABANCA para que publique os seus nomes e apelidos, así como as imaxes (e estas poderán ser captadas durante o acto de entrega dos premios que, de ser o caso, se celebre no seu nome) tanto nas webs das que dispoña ABANCA como nos medios de comunicación que ABANCA considere oportuno. Para eses efectos as persoas participantes prestan o seu consentimento á cesión dos seus datos e imaxes que leven aparelladas as devanditas publicacións.

As persoas participantes poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos, conforme o establecido na lexislación vixente, se se dirixen por escrito a ABANCA, responsable dos ficheiros e dos seu tratamento (Rúa Nova, 30-32, 15003 A Coruña).

As persoas participantes dan o seu expreso consentimento ao réxime aquí descrito relativo ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, declaran que os datos que facilitan son exactos e veraces, e comprométense a comunicarlle a ABANCA calquera modificación ou variación que se produza neles.

Aceptación das bases

A participación nesta promoción supón a aceptación plena e incondicional destas bases, a suxeición á normativa fiscal que resulte de obrigatoria aplicación, así como a submisión expresa ás decisións interpretativas que delas realice ABANCA verbo da resolución de calquera cuestión derivada do sorteo.