Razóns para sentir

que aquí tes o teu banco

pulpo-gal

SE CHEGACHES ATA AQUÍ, QUEREMOS DARCHE DE NOVO AS GRAZAS:

  • Por aquela primeira vez que confiaches en ABANCA
  • Por confiares hoxe en que seguiremos mellorando
  • Por compartires os momentos máis importantes da túa vida
  • Por preguntar cando tiveches dúbidas
  • Por falarnos daquel proxecto co que soñabas
  • Por facelo realidade co teu esfuerzo
  • E por todo o que faremos xuntos no futuro
cerebroycorazon

Coñeces todos os nosos produtos?

Xa sexa un emprésito, un aval, un seguro ou un fondo de inversión, seguro que temos unha solución que se axusta as túas necesidades. Consulta todos os nosos produtos e servizos, e se tes dúbidas, estamos aquí para botarche unha man en todo o que poidamos!

Descubre moito máis sobre ABANCA nas nosas redes sociais

Máis información

  • Por que ABANCA?

    Somos un banco totalmente novo aínda que conservamos o mellor do noso pasado.

    A alma deste banco e desta marca resúmese nunha soa palabra: contigo. Contigo é o compromiso de estar a carón dos nosos clientes. Ademais, este é o único banco e a única marca conducidos por unha emoción: o Sentir Común.

  • Que valores son os de ABANCA?

    A alma deste banco e desta marca resúmese nunha emoción: Sentir Común. O Sentir Común é un compromiso cos nosos clientes: o de facer sempre o que sexa mellor para todos; o de mollarse se os demais se mollan. Sentir Común é ter o pés na terra e ir todos no mesmo barco. Sentir Común é escoitar e responder. Con transparencia e honestidade, con proximidade e sinxeleza.

    Ademais, neste novo banco todos os empregados e empregadas comprometémonos con catro valores irrenunciables: responsabilidade (somos serios e cumprimos coa palabra dada); confiabilidade (dicimos sempre a verdade, porque é a única forma de xerar confianza); innovación (porque o mellor sempre está esperando uns pasos máis adiante) e calidade (porque nos propomos ser os mellores, cada día, para superar as expectativas dos nosos clientes).

  • Podes confiar en ABANCA

    Tes todas as garantías derivadas das normativas regulatorias que cumprimos como entidade financeira española e europea, e da aplicación do noso modelo de goberno corporativo, a altura dos máis elevados estándares internacionais.

    Os nosos indicadores de redabilidade, solvencia e liquidez avalan a nosa estratexia de sostenibilidade a longo prazo, focalizada no negocio minorista tradicional e a concesión de crédito.

    ABANCA obtivo no 2015 un beneficio neto de 330 millóns de euros, o que supón unha rendabilidade (ROTE) do 8,7%, unha das máis elevadas do mercado bancario en España.

    Somos unha das entidades máis solventes do sector financeiro español e europeo, o que nos permite superar o nivel de capital mínimo requerido de acordo coas directrices de Basilea III.

    Dispoñemos dunha posición de liquidez de 10.917 millóns de euros en activos dispoñibles e capacidade de emisión, cifra coa que cumprimos amplamente os requerimentos esixibles en 2018.

    Desenvolvimos un novo modelo comercial onde cobran protagonismo a solidez, a atención ao cliente e a innovación, así que estamos nas mellores condicións para atender, con responsabilidade e sentido común, as túas necesidades.