Razóns para sentir

que aquí tes o teu banco

pulpo-gal

BENVIDOS A ONDE O CORAZÓN E A A RAZÓN SE POÑEN EXTRAORDINARIAMENTE DE ACORDO

Por separado, tanto a mente como os sentimentos poden enganarnos, pero a suma dos dous fai que as decisións sexan as correctas. Cando sentes e pensas á vez, nunca erras. Convidámoste a coñecernos, porque ABANCA é o banco onde as razóns e as emocións se poñen extraordinariamente de acordo.

corazon

Ven a ABANCA, domicilia a túa nómina e leva un agasallo!

Por que non lle dás un cambio de aires aos teus cartos? Vén a ABANCA e leva un agasallo seguro se domicilias a túa nómina ou a túa pensión. Terás unha conta que che axuda a aforrar e unha chea de vantaxes máis.

cerebro

Se aínda tes dúbidas, por que non probas?

En menos de cinco minutos, desde o sofá ou no tren e á hora que ti queiras: abre unha conta en liña, descarga nosa app e compáranos co teu banco. E se es online, sen comisións de ningún tipo!

Descubre moito máis sobre ABANCA nas nosas redes sociais

Máis información

  • Por que ABANCA?

    Somos un banco totalmente novo aínda que conservamos o mellor do noso pasado.

    A alma deste banco e desta marca resúmese nunha soa palabra: contigo. Contigo é o compromiso de estar a carón dos nosos clientes. Ademais, este é o único banco e a única marca conducidos por unha emoción: o Sentir Común.

  • Que valores son os de ABANCA?

    A alma deste banco e desta marca resúmese nunha emoción: Sentir Común. O Sentir Común é un compromiso cos nosos clientes: o de facer sempre o que sexa mellor para todos; o de mollarse se os demais se mollan. Sentir Común é ter o pés na terra e ir todos no mesmo barco. Sentir Común é escoitar e responder. Con transparencia e honestidade, con proximidade e sinxeleza.

    Ademais, neste novo banco todos os empregados e empregadas comprometémonos con catro valores irrenunciables: responsabilidade (somos serios e cumprimos coa palabra dada); confiabilidade (dicimos sempre a verdade, porque é a única forma de xerar confianza); innovación (porque o mellor sempre está esperando uns pasos máis adiante) e calidade (porque nos propomos ser os mellores, cada día, para superar as expectativas dos nosos clientes).

  • Podes confiar en ABANCA

    Tes todas as garantías derivadas das normativas regulatorias que cumprimos como entidade financeira española e europea, e da aplicación do noso modelo de goberno corporativo, a altura dos máis elevados estándares internacionais.

    Os nosos indicadores de redabilidade, solvencia e liquidez avalan a nosa estratexia de sostenibilidade a longo prazo, focalizada no negocio minorista tradicional e a concesión de crédito.

    ABANCA obtivo no 2015 un beneficio neto de 330 millóns de euros, o que supón unha rendabilidade (ROTE) do 8,7%, unha das máis elevadas do mercado bancario en España.

    Somos unha das entidades máis solventes do sector financeiro español e europeo, o que nos permite superar o nivel de capital mínimo requerido de acordo coas directrices de Basilea III.

    Dispoñemos dunha posición de liquidez de 10.917 millóns de euros en activos dispoñibles e capacidade de emisión, cifra coa que cumprimos amplamente os requerimentos esixibles en 2018.

    Desenvolvimos un novo modelo comercial onde cobran protagonismo a solidez, a atención ao cliente e a innovación, así que estamos nas mellores condicións para atender, con responsabilidade e sentido común, as túas necesidades.