As túas tarxetas
lévante de viaxe

Sorteamos 2 cruceiros cada mes

Que tes que facer para participar? Pois moi fácil, paga as compras con tarxeta (coma ata agora!). Por cada pagamento que realices coa tarxeta de crédito recibirás tres participacións, mentres que coa tarxeta de débito recibirás unha. Canto máis pagues coa túa tarxeta ABANCA, máis posibilidades de ganar! Xa coñecemos os gañadores da primeira viaxe a NY! E se queres enterarte de todo o relacionado con este sorteo contaremolo no noso blog, Cuentas Claras entra e subscríbete para non perder detalle!

Consulta as bases da promoción para coñecer polo miúdo a mecánica do concurso.

Que inclúe este cruceiro polo norte de Europa?

Nos dous cruceiros para dúas persoas que sorteamos este mes en colaboración con Halcón Viaxes, están incluidos os billetes de avión de ida e volta desde a túa cidade (ou a cidade máis cercana con voo directo a Madrid) ata Copenhague, as taxas de aeroporto e, por suposto, un seguro básico de viaxe. Unha vez alí, tamen incluimos traslados entre o aeroporto e o barco.

Esta viaxe inclúe unha estancia de 7 noites nunha cabina doble exterior, nun Cruceiro Paseo Escandinavo en barco Serenade of the Seas ou similar, e con pensión completa incluida para todos os días que explores o Norte de Europa.

Poderás disfrutar deste viaxe entre maio e agosto deste 2018. Consulta as bases completas da promoción para coñecer todos os detalles do concurso. Moita sorte!

europa-halcon

As túas tarxetas teñen superpoderes

Con elas podes pagar onde queiras, mercar por internet de forma segura, sacar diñeiro en efectivo, levar un control pormenorizado dos gastos... E moito máis!

Porque aínda que as levas todo o día contigo, seguro que hai unha morea de cousas que aínda non sabes das túas tarxetas. Por exemplo: sabías que tes seguros que te protexen cando as usas? Ou que che permiten gozar de descontos en hoteis, viaxes ou estacións de servizo?

E hai máis cousas, por iso temos un espazo onde che contamos as diferentes vantaxes das túas tarxetas, como que poden axudarche a aforrar. Como? Non o sabías? Non coñeces a Conta Peto?

Se tes unha tarxeta de ABANCA, a que sexa, debes coñecer as vantaxes das que podes gozar, que non só se trata de ganar unha fantástica viaxe cada mes!

mano-tpv-azul

Tes a tarxeta que mellor se adapta ás túas necesidades?

Porque queres pagar aquí, no estranxeiro, hoxe, a final de mes ou ao teu propio ritmo. Temos unha tarxeta para cubrir as túas necesidades e facer a túa vida máis cómoda. Descubre que tarxeta necesitas, de débito ou de crédito. E se tes dúbidas, consúltanos en calquera das nosas canles!