Are you ready to move?

Se estás a cursar o último ano de carreira e che gustaría ter a primeira experiencia relacionada co sector financeiro, nunha empresa con máis de 700 oficinas arredor do mundo, móvete con ABANCA!

Móvete xa con ABANCA

Queres ter a primeira experiencia no sector financeiro mentres rematas os estudos universitarios?

Se compartes os nosos valores corporativos: calidade, innovación, responsabilidade e confiabilidade, velaquí está a túa oportunidade. Ademais, recibirás formación continuada con total flexibilidade desde a túa universidade.

Para entrar no programa 'Móvete xa' só tes que cumprir estes dous requisitos:

  • Cursar o último ano de carreira
  • Ter ganas de desenvolver o teu talento

Inscríbete agora >>

ico-muevete-ya1

Vantaxes do programa

  • Dedicación sen horarios que poderás compaxinar cos estudos.
  • Recibirás formación presencial ao mesmo tempo que aplicas o que aprendiches (e compensarémosche pola túa colaboración).
  • Terás un acompañamento no proceso, asignarémosche un mentor para que te guíe e aprenderás da man dos mellores profesionais.
  • Despois de nove meses, poderás optar ao programa Móvete ABANCA para mozos con talento.

Preguntas frecuentes

Como sei se a miña candidatura foi seleccionada?

Desde o 17 de setembro ao 14 de outubro poderaste inscribirte no programa a través deste enlace. Analizaremos todas as candidaturas e abriremos un proceso de avaliación con diferentes probas para os candidatos finalistas. A partir do 31 de outubro, responderémoslles a todos os participantes do resultado do proceso.

Cando empeza e canto dura o programa?

O programa comezará cunha sesión de benvida o 9 de novembro. Durante os seguintes nove meses, os participantes recibirán sesións de formación mensuais e aplicarán o que aprenderon mediante a prescrición de produtos e servizos de ABANCA.

ico-faqs-muevete