Agora os teus recibos poden saírche gratis

Agora os teus recibos poden saírche gratis

Paga agora os recibos a través da web de ABANCA e gaña un recibo gratis. Entre todos os nosos clientes agasallamos o importe dun recibo ao día, até o 30 de xuño.

Como funciona?

Sortearemos un recibo gratis entre todos os clientes que optasen por pagar os seus recibos a través de banca electrónica de particulares, de banca móbil ou nos caixeiros automáticos (con tarxeta ou cartilla).

Non fai falla que te inscribas no sorteo: a participación é automática se escolliches pagar un recibo sen acudir a unha oficina. Os teus recibos entrarán no sorteo se foron pagos, ben de forma única ou ben a través da domiciliación, nas últimas dúas semanas que preceden ao día do sorteo.

Hai un recibo premiado por cada día da semana (de luns a venres). Se fuches ti o gañador ou a gañadora informaremos a túa oficina ABANCA.

O premio consiste na devolución do importe do recibo, cun límite máximo de 50 €. Se ademais de pagar o recibo decides domiciliar os pagamentos sucesivos, o importe do que che devolveremos poderá chegar até 100 €.

As devolucións faranse automaticamente na conta de cargo do recibo pagado. Os importes aboados serán en neto, e indicaranse o importe do recibo pago e os máximos no bruto do abono.

Non poden participar nesta promoción os empregados de ABANCA nin os seus familiares en primeiro grao. Tampouco poderán participar clientes con posicións en mora, con incumprimentos de pagamento, clientes inactivos (que non teñan movementos nas contas) nin aqueles que non autorizasen a ABANCA a tratar os seus datos con fins promocionais.