Seguros
-
Tarifa Plana de Seguros ABANCA
Agrupa todos os seguros baixo un único recibo, págaos en 12 mensualidades sen xuros e aforra ata un 7% ao ano sen ningún tipo de custo. E se o necesitas podes adiar dous pagamentos ao ano de forma gratuita, sen gastos nin comisións.
-
Seguro Vida
Non existe maior proba de cariño que pensar antes nos demais… nos que máis che importan. Co Seguro de Vida ABANCA garantes a túa tranquilidade protexendo o benestar e o futuro dos teus. Porque os nosos Seguros de Vida están feitos a medida, e ti decides cal se adapta mellor ás túas necesidades.
-
Seguro Fogar
Protexe a túa vivenda fronte a calquera dano ou imprevisto e benefíciate dunha das coberturas máis completas do mercado. Elixe a modalidade que máis che conveña e asegura o teu fogar fronte ás inclemencias meteorolóxicas, roubos, vandalismo e mesmo danos aos bens do teu xardín.
-
Seguro Viaxe
Contrata un extra de protección só durante o tempo que esteas a viaxar, e só por aquelas coberturas que ti consideres, en función do país de destino e o tipo de actividades que vaias realizar.
-
Seguro Auto
Escolle entre seis compañías líderes no mercado para mirar pola túa seguridade e a do teu automóbil, para que nunca quedes no camiño. Podes elixir a opción que mellor cubra as túas necesidades: terceiros con vidros, terceiros ampliado, todo risco con ou sen franquicia e coberturas complementarias. E aproveita tamén a cobertura xurídica, asistencia a persoas e en viaxe desde o km 0 para o teu vehículo.
-
Seguro Saúde
Elixe entre dúas das compañías nacionais con mellores coberturas e cadro médico máis completo. Accede aos mellores especialistas, menos listas de espera e atención personalizada grazas ao Seguro Saúde de ABANCA.
-
Seguro Decesos
O día que marches non cargues a familia cunha preocupación que podes evitar. Deixa todos os trámites e todos os pagamentos solucionados co Seguro Decesos ABANCA, e coa axuda dos nosos especialistas organiza o teu falecemento como queiras, sen causarlles gastos nin problemas aos teus seres queridos.