Tarxetas
-
Tarxeta de crédito Visa Tú
A tarxeta Tú e a túa app de banca móbil é todo o que necesitas para organizar os teus pagamentos do xeito que queiras, aprazando as compras ou retirando cartos dun caixeiro como se fose unha tarxeta de débito.
-
Tarxeta de débito Tú NX
Esta é a túa tarxeta de débito se tes entre 12 e 34 anos. É unha tarxeta totalmente gratuíta, coa que poderás retirar diñeiro até cinco veces ao mes, sen comisións, en calquera caixeiro do mundo.
-
Tarxeta Visa Débito
Esta é a tarxeta de débito que che permite mercar e dispoñer de efectivo en todo o mundo. Ademais beneficiaraste de descontos en gasolineiras Galp e en centos de establecementos co Programa EURO 6000 Plus.
-
Tarxeta de crédito Visa Oro
Adía o pagamento das túas compras como mellor che conveña. E, ademais, a Visa Oro proporciónache un plus de prestixio e seguridade ao incorporar unha ampla gama de servizos e seguros gratuítos.
-
Tarxeta de crédito Visa Proxecta
Con esta tarxeta de crédito revolving, merques o que merques, o ritmo márcalo ti. Escolle a cota mensual que prefiras e paga comodamente as túas compras. A medida que vaias amortizando os pagamentos, volverás a dispor do saldo da túa tarxeta de crédito.