
Para as túas viaxes
e moito máis
Visa Tú é a tarxeta que buscas: sen comisión por cambio de divisa no estranxeiro, con descontos en gasolina e alugueiro de coche. E pagando as túas compras a final de mes…
-
Perfecta para viaxar
Non che cobramos comisión por cambio de divisa no extranxeiro.
-
Chega onde queiras
Con facilidades se queres alugar un coche no extranxeiro, e seguros se cancelan os teus voos.
-
Coñece as túas finanzas
Sabes o que gastas, porque podes pagar todas as túas compras unha vez ao mes.
-
Queres máis razóns?
Accedes a descontos ao botar gasolina, e as ofertas do Programa Privilexios EURO 6000.
-
A tarxeta que necesitas para as túas viaxes
A tarxeta Visa Tú está pensada para as túas viaxes porque se a contratas antes do 30 de setembro, poderás pagar en calquera moeda distinta ao euro, sen que che cobremos comisión por cambio de divisa. Tanto se pagas en dólares, en coroas checas ou en rupias indonesias. Úsaa onde queiras.
Ademais, ao ser unha tarxeta de crédito, será a túa aliada nos países que só che permiten alugar un coche ou reservar hotel cunha tarxeta de crédito.
E se pagas os billetes de avión ou de tren coa tarxeta Visa Tú tes dous seguros gratuítos: un de viaxe que cobre a perda de equipaxe, atrasos e cancelacións , e outro de accidentes.
Tamén para o teu día a día
Visa Tú é unha tarxeta de crédito tamén para o teu día a día xa que con ela podes ter as túas finanzas baixo control. Por que? Porque co teu app podes comprobar en todo momento en que gastas o teu diñeiro e acceder a informes personalizados das túas compras.
Ademais, porque coa tarxeta Tú pagas as túas compras a final de mes. Que significa isto? En lugar de descontar o diñeiro da túa conta compra a compra, acumulas todos os gastos e cargámoschos nun único pago a final de cada mes.
-
A túa tarxeta e os teus descontos
Se aínda che faltan motivos para saber se esta tarxeta é para ti, interésache saber que as túas compras coa tarxeta de crédito Visa Tú teñen desconto.
-
4% en gasolineiras Galp Energía. Se pagas coa túa tarxeta de crédito Tú, aforrarás o 4% nas estacións de servizo Galp Energía adheridas, tanto en combustible como en todos os produtos das súas tendas, cun límite de 600€ por cliente e mes. Consulta las condiciones y las estaciones adheridas.
-
10 % en alugueiro de coches. É o aforro que terás se alugas un vehículo no estranxeiro con Europcar e pagas coa túa tarxeta de crédito Visa Tú.
-
E máis descontos co Programa Privilexios EURO 6000. Coa túa tarxeta de crédito tamén te beneficiarás de ofertas e descontos en máis de 6000 establecementos en toda España. Hoteis, axencias de viaxe, alugueiro de coches, cinema, moda, informática, alimentación e moitas cousas máis. Só por pagar coa túa tarxeta! Infórmache na web de EURO 6000.
-
Seguros gratuítos coa tarxeta Tú
Só por posuír esta tarxeta de crédito xa dispós de coberturas vinculadas á tarxeta, de forma totalmente gratuíta. Por exemplo:
-
Un seguro de asistencia en viaxes, cando o billete o comprases coa tarxeta Tú. Este seguro cóbreche retrasos de viaxe ou equipaxe, cancelación por folga, etcétera.
-
Un seguro de accidentes en transporte público, de novo cando o billete o mercaches coa tarxeta de crédito Tú , ata 300.000 euros.
-
Un seguro por roubo ou atraco en caixeiro e tamén por uso fraudulento da tarxeta, en caso de que a extraviases ou cha roubasen.
-
Un seguro de roubo de compras: se che rouban algo que pagaches coa tarxeta Tú e non pasaron máis de 90 días desde o momento da compra, devolverémosche o importe.
-
Un seguro de danos: se por accidente o produto que mercaches coa tarxeta Tú nos últimos 90 días, sofre algún dano, tamén che devolveremos o importe.
Podes ampliar a información sobre as coberturas do seguro nos anexos da ficha deste produto, que recollemos no fondo desta páxina. E se precisas tramitar algunha incidencia, contámosche cómo podes facelo sen saír da casa.

Os custes da túa tarxeta
A tarxeta de crédito Visa Tú é gratis, sen comisión de emisión nin mantemento, durante o primeiro ano. A partir do segundo, tamén pode seguir sendo gratis para ti se tes unha Conta Clara e tes menos de 35 anos, se pertences ao nivel Premium do Programa Servizos ABANCA ou se realizas compras coa túa tarxeta Tú por un importe superior a 3000€ ao ano. Se non o fas, a comisión de mantemento é de 43€ ao ano.
Á parte, sempre estarás informado. O día 20 de cada mes enviarémosche un resumo de todas as compras que realizases. Ademais, se aprazas o pago dalgunha compra, tamén che indicaremos canto vas pagar e o que che queda por pagar.
Lembra que as nosas tarxetas liquídanse en períodos mensuais que empezan o día 20 e acaban o día 19 do mes seguinte. Isto que significa? Que se fas unha compra o 5 de marzo, pasarémosche o cargo á túa conta o 31 de marzo. En cambio, se a fas o 22 de marzo, pasarémosche o cargo o 30 de abril.
Para saber máis...
dúbidas
-
Onde podo retirar a débito coa miña tarxeta Tú?
A tarxeta Tú permíteche retirar diñeiro en caixeiros, tanto a débito como a crédito. Só tes que seleccionar a opción que máis che conveña en cada retirada.
Nas retiradas que fagas fóra de España, cando o caixeiro non permita seleccionar entre débito e crédito, a operación realizarase sempre a débito.
Podes retirar a débito en todos os caixeiros do mundo. Esas retiradas serán gratis en todos os caixeiros de ABANCA e ata 5 veces ao mes totalmente gratis na rede Euro 6000, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos e Caja Ingenieros fóra de Galicia. A partir do sexto reintegro, as retiradas terán un custo de 0,50 € na rede Euro 6000, 0,55 € en Bankinter e Caja Ingenieros, 0,60 € en Caja de Arquitectos e de 0,65 € en Banco Sabadell. No resto de caixeiros nacionais cobrarase a comisión que aplique a entidade propietaria do caixeiro.
No estranxeiro aplicaráseche unha comisión de 2 € dentro da zona euro e un 4% (cun mínimo de 4 €) fóra da zona euro.
Lembra tamén que, se estás no nivel premium do noso programa Cero Comisións poderás retirar diñeiro gratis sen pagar ningún tipo de comisión (nin un só céntimo), en calquera dos caixeiros adheridos ao acordo entre rede Euro 6000, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos e Caja Ingenieros fóra de Galicia, así como en todos os caixeiros fóra de España.
En las disposiciones efectuadas fuera de España algunas entidades podrán aplicar una tasa de recargo por el uso de sus cajeros. En las disposiciones en moneda diferente al euro se aplicará la comisión de cambio de divisa establecida en el contrato de la tarjeta.
-
Podo pagar a débito en comercios coa miña tarxeta Tú?
Coa túa tarxeta Tú, que é unha tarxeta de crédito con pagamento a fin de mes, podes retirar diñeiro a débito en calquera caixero automático como se fose unha tarxeta de débito. Porén, esta opción só está habilitada para caixeiros, e se pagas en establecementos comerciis físicos ou virtuais, faralo a crédito.
De todos os xeitos, se realizas unha compra a crédito coa tarxeta Tú, podes facer unha amortización inmediatamente desde a cuenta corrente, a través de banca móbil e electrónica co que a compra pode converterse practicamente nunha operación a débito.
DOCUMENTACIÓN
- Queres saber máis da tarxeta Tú? Aquí tes toda a información baixo os estándares da Unión Europea (INE) (En pdf)
- Consulta as coberturas do seguro de accidentes e asistencia en viaxes do que te beneficias coa tarxeta. (En pdf)
- E tamén as coberturas do seguro por roubo, furto e dano accidental de compras do que te beneficias coa tarxeta. (En pdf)
- Consulta toda a información xeral previa de servizos de pago. (En pdf)
- Calcula a data de vencemento da última cota dunha tarxeta revolving (Banco de España)
- Máis información sobre o funcionamiento das tarxetas revolving (Banco de España)
NO BLOG