Conta online sen comisións
1 / 6
Escala numérica, na que 1/6 é o indicador de menor risco e 6/6, de maior risco
FONDO DE GARANTÍA
ABANCA está adscrita ao Fondo de Garantía de Depósitos de entidades de crédito. O Fondo garante ata un máximo de 100.000 euros por depositante e entidade de crédito.
670€
por domiciliar tu nómina
- 370€ brutos pola túa nómina
- Ata 300€ o primeiro ano para saldos ata 15.000€. 2%TAE
- Conta clara xoven, exclusiva para novos clientes
Se domicilias a túa nómina durante 24 meses dámosche 370€ brutos e ademais remunerámosche o 2% TAE para saldos ata 15.000€ durante o primeiro ano, co que poderías obter outros 300€ brutos.
Se tes entre 18 e 34 anos, a Conta Xoven Clara é para ti porque
-
é sen comisións, 0% TAE
-
terás unha tarxeta de débito sen custo, 0€, sen comisión de emisión nin de mantemento
-
poderás xestionar todo desde o teu móbil
-
nas túas viaxes podes pagar e sacar diñeiro en calquera parte do mundo, sen comisión por cambio de divisa!
-
axuda ao medio ambiente: ao contratar esta conta, formarás parte da nosa iniciativa de reforestación de bosques
Como me podo beneficiar desta conta remunerada
-
Alta online en 10 minutos
Só necesitas ter á man o móbil e o DNI ou o NIE con foto. Identificarémoste mediante un vídeo autofoto, para iso, necesitas ter a cámara do teu dispositivo activada.
-
Trae a nómina
Poderás conseguir ata 370€ brutos pola nómina ou pensión se é igual ou superior a 1200€. Se é inferior (entre 800€ e 1200€), podes levar 185 € brutos.
-
Rendibilidade
Se domicilias a túa nómina remunerámosche o diñeiro que teñas na conta cun 2% TAE durante o primeiro ano, para saldos ata 15.000€. Aforra sen darche conta!
-
Unha conta sen comisións e con todo o que necesitas
A Conta Xoven Clara é un pack que integra todos os produtos ABANCA que vas necesitar:
-
Paga co teu móbil ou smartwatch de forma fácil e segura: Bizum, Apple Pay, Google Pay…
-
Tarxeta de débito TÚ NX, 0€, sen comisión de emisión e mantemento, ata que cumpras os 35 anos.
-
Tarxeta de crédito, sen comisión de emisión e mantemento, ata que cumpras os 35 anos.
-
App e online banking, sen custo.
-
Sacar diñero de balde no extranjero, sen comisión por cambio de divisa
-
Tarifa Plana Seguros, sen custo. (0% TAE)
Esta conta online admite ata dous titulares. E cada cliente pode ter un máximo de dúas contas deste tipo en ABANCA.
-
Ademais, axudas ao medio ambiente 🌳
Ao facerte cliente de ABANCA, formarás parte da nosa iniciativa de apoio á repoboación de áreas forestais galegas afectadas por incendios ou por catástrofes naturais. Isto axúdanos a compensar a nosa pegada de carbono.
Se queres saber máis, contámoscho aquí.
Porque hai cousas mellores que vir ao banco
Temos unha app con todo o que necesitas para controlar o teu diñeiro, banca teléfonica, firma a distancia e unha sección de preguntas frecuentes que actualizamos constantemente…
Sempre estamos preto para axudarte. 24/7 á túa disposición.
Condicións e exemplos representativos desta Conta Online sen comisións e a súa remuneración
Incentivo de 300€ netos, que son 370€ brutos, ata o 31 de decembro de 2024 para novas domiciliacións de nómina ou pensión cun importe mínimo 1200€/mes, se a túa nómina está entre 800€ e 1200€ o incentivo será de 150€. Deberás mantela durante 24 meses e asinar o compromiso de permanencia. Rendemento de capital mobiliario dinerario suxeito a retención. Non acumulable a outras campañas de nómina. Non se aplicará a promoción a clientes que xa tivesen a súa nómina ou pensión domiciliada en ABANCA nalgún momento dos últimos 12 meses. No caso de incumprir o requisito de permanencia, deberás reembolsarnos a parte proporcional do incentivo bruto aos meses que resten para alcanzar a permanencia de 24 meses.
Remuneración da Conta Online Clara domiciliando unha nova nómina ou pensión dun importe mínimo de 800€. A remuneración será TXN 2% TAE 2% durante o primeiro ano, a contar desde o día 1 do mes seguinte á data de contratación da conta, para saldos de ata 15.000€. Liquidación mensual de xuros. Exemplo representativo para un saldo de 15.000€: TXN: 2% TAE: 2% Xuros brutos liquidados no ano: 300€. Remuneración dos saldos a partir do segundo ano: TXN 0% TAE 0%.
Para poder contratar a Conta Online Clara só tes que ser maior de idade, vivir en España e non ser cliente de ABANCA. Unha vez contratada a Conta Online Clara, se queres gozar de todas as vantaxes da conta debes estar ao día cos teus pagos se tes algún préstamo, crédito ou calquera outro produto con ABANCA. Ademais, como se trata dunha conta para clientes dixitais, tes que realizar as túas operacións habituais a través da túa app ou banca electrónica.
Se vemos que vas ás nosas oficinas para realizar operacións en ventanilla como ingresos ou reintegros de menos de 600€ (que podes facer desde os nosos caixeiros) ou transferencias e traspasos (que podes facer gratis desde a túa app), durante dous meses seguidos a túa Conta Online Clara pasaría a ter as condicións dunha conta corrente normal, que si que ten comisións de administración e mantemento, e, ademais terías outras comisións nas tarxetas ou transferencias.
Para que non te teñas que preocupar e evitar que isto ocorra, avisarémoste previamente. Recomendámosche que consultes a FIPRE e o contrato, onde tamén o explicamos.
No pack de Conta Online Clara tamén contratarás a nosa Tarifa Plana Seguros, así se algún día contratas un seguro con ABANCA poderás pagalo mes a mes, sen xuros nin comisións (TXN 0%, TAE 0%). Poñémosche un exemplo do pago dos seguros domiciliados na túa Tarifa Plana Seguros sen ter en conta a bonificación. Supón que o importe anual das primas de todos os seguros é de 420€, o importe que terías que pagar en cada unha das doce cotas mensuais sería de 35€. Por tanto, o importe total debido serían 420€. Sen comisións, TXN 0% TAE 0%. A concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade.
A concesión da tarxeta de crédito está suxeita á análise de riscos da entidade.
Para saber máis...
dúbidas
-
Que pasa se deixo de cumprir os requisitos da Conta Online Clara?
A Conta Online Clara está pensada para clientes con perfil dixital e que prefiren realizar as súas operacións a través da app de banca móbil ou na banca electrónica. Se realizas ingresos, reintegros, traspasos ou transferencias na oficina durante dous meses seguidos perderás os privilexios desta conta e pasarás a ter unha conta estándar.
Unha conta estándar trae asociada unha serie de pagos polos servizos que che ofrecemos e que terías que empezar a pagar. Con todo, co Programa Servizos ABANCA é moi fácil que non pagues por estes servizos se cumpres uns requisitos moi sinxelos. Podes comprobalo na nosa web.
En calquera caso, antes de que teñas que empezar a pagar, avisarémoste.
-
Que pasa coa miña Conta Online Clara se fago algunha operación na oficina?
A Conta Online Clara está pensada para clientes con perfil dixital e que prefiren realizar as súas operacións a través da app de banca móbil ou na banca electrónica. Se realizas ingresos, reintegros inferiores a 600€ en ventanilla ou vas a oficina a realizar transferencias ou traspasos de calquera importe durante dous meses seguidos perderás os privilexios desta conta e pasarás a unha conta estándar.
Para que isto non suceda, avisarémoste a tempo no caso de que estés incumprindo algunha das condicións e poder evitar deste xeito a cancelación da Conta Online Clara.
-
En que consiste o noso apoio á restauración ambiental de bosques en Galicia?
Promovemos a plantación de especies autóctonas de Galicia, coníferas ecoloxicamente adaptadas ás áreas onde se realizan as plantacións. Concretamente en áreas forestais degradadas que necesitan ser restauradas porque se viron afectadas por incendios forestais ou por catástrofes naturais.
Para iso contamos coa axuda do equipo de expertos da Fundación Arume e da Asociación Forestal de Galicia, que se encargará de plantar as árbores na época do ano idónea e coidalos da mellor forma posible para que crezan sas e fortes. As actuacións seguen un modelo silvícola establecido que debe contar cunha certificación baseada en boas prácticas de xestión forestal.
No ano 2022, apoiamos a restauración de máis de 55.000 árbores autóctonas, nunha superficie de 52 hectáreas en zonas das 4 provincias galegas, como O Rosal, Dodro, O Valadouro, Lobeira ou Lalín. Desde o ano 2020 levamos plantadas máis de 180.000 especies.
O obxectivo desta iniciativa é compensar as emisións de CO2 que non puidemos reducir da nosa pegada operativa e lograr ser neutros en carbono. ABANCA é neutra en carbono desde o ano 2020.
DOCUMENTACIÓN
- Amosámosche a información da Conta Clara no seguinte PDF que contén a Ficha de Información Precontractual (FIPRE) (En pdf)
- Consulta o Documento Informativo de Comisións (DIC). (En pdf)
- Queres saber máis da tarxeta Tú? Aquí tes toda a información baixo os estándares da Unión Europea (INE) (En pdf)
- Lista de servizos máis representativos asociados a esta conta (En pdf)
- Consulta o modelo de contrato da Conta Clara (En pdf)
- Consulta toda a información xeral previa de servizos de pago. (En pdf)
- Se queres solicitar un traslado de contas a ABANCA, contámosche como facelo
- Precisas máis información? Fixemos un vídeo para explicar o máis básico :)
NO BLOG