Hipoteca a tipo fixo Mari Carmen
Sen comisións! E sen gastos de notaría, rexistro e xestoría. Unha hipoteca fixa para ter a tranquilidade de pagar a mesma cota todos os meses. Ata 30 anos!
- Simula a túa cota https://solicitudonline.abanca.com/simulador-hipoteca/es-ES/#/requests/first-block?tipoFlujo=FIJO
- 91 0900 753 tel:0034910900753
- Fala cun xestor https://solicitudonline.abanca.com/Cita/gl-ES/#/request/client/4_hipoteca_mc_fija/J
-
Sen comisións
Sen comisión de apertura e sen gastos de notaría, rexistro, nin xestoría.
-
Mellora o teu tipo de xuro
Se contratas determinados productos relacionados, poderás rebaixar a túa hipoteca ata un 1%. Disfrutarías dun tipo de xuro do 2,90%, TAE 4,80% a 15 anos.
-
Ata 30 anos
Podes contratar esta hipoteca a 15, 20, 25 ou 30 anos, sabendo que contarás cun TXN e unha cota fixa todo o tempo, que será distinta en función do prazo que elixas.
-
Podes solicitar ata o 80%
Podes solicitar ata o 80% do valor do menor dos seguintes valores: o de taxación da vivenda a hipotecar ou o de compraventa.
Mellora o TXN desta hipoteca fixa
Unha hipoteca adoita vincular a unha persoa co seu banco durante moitos anos, por iso nosa Hipoteca Mari Carmen ten diferentes prezos en función dos productos que contrates de forma combinada: se tes máis produtos de ABANCA, podemos ofrecerche un mellor prezo.
O tipo de xuro de partida desta hipoteca fixa, sen ningunha bonificación é o TXN 3,90 % ¦ TAE 4,51% a 15 anos. Tamen che mostramos como sería a túa cota e os xuros nos distintos prazos na táboa do exemplo representativo que atoparás máis abaixo.
Pero podes rebaixar ata un 1% esta tarifa (TIN 2,90 % ¦ TAE 4,80% a 15 anos) se contratas algúns produtos ou servizos de ABANCA que bonifican o tipo de xuro. Non é obrigatorio que os contrates, pero poden facer que pagues menos pola túa hipoteca:
- Domicilia a túa nómina, ingresa todos os meses unha cantidade de cartos na conta ou domicilia os teus seguros sociais. Dependendo da cantidade que ingreses obterás unha bonificación diferente:
- Se tes un ingreso recorrente (unha nómina, pensión ou unha achega única similar, periódica e estable) de 600 € ao mes ou máis, e ata 2500 € (nun único apunte), ou se domicilias os teus seguros sociais (sen importe mínimo), terás unha bonificación do - 0,20%.
- Se tes un ingreso único de 2500 € ao mes ou máis (ou 3500 € ou máis en diferentes ingresos), terás unha bonificación do - 0,40%. Tamén poderás manter esta bonificación se domicilias os teus seguros sociais e mantés un saldo medio anual igual ou superior a 2000 € nas túas contas. Ou tamén se, tes un ingreso recorrente superior a 600 € (nun único apunte) e contratas un seguro de protección de pagamento comercializado a través de ABANCA polo saldo do que che resta de préstamo. Este seguro ten unha prima única durante os 5 primeiros anos de 3.260,72€ e prima anual a partir do ano 6 de 720€.
-
Se contratas un ou varios seguros de vida comercializados a través de ABANCA a nome dos titulares da hipoteca que garanticen o 100% do saldo pendente da hipoteca na data de revisión, manterás unha bonificación do - 0,25%. Este seguro ten unha prima anual de 350,66 euros calculada para un prestatario de 30 anos de idade.
-
Se contratas un seguro de fogar todo risco, contrucción, comercio/peme (en función da natureza do ben), comercializado a través de ABANCA asociado á hipoteca e que teña unha cobertura cando menos igual ao maior dos valores de taxación a efectos do seguro, poderás manter unha bonificación do -0,20%. Este seguro ten unha prima anual de 314 € cuns capitais de 150.000 € de continente e 12.000 € de contido (no caso de sinistro a indemnización corresponderá ao valor real do ben).
- Se realizas 24 compras ao ano coa túa tarxeta de crédito ABANCA, ou compras con ela por un importe de cando menos 2500 € ao ano, manterás unha bonificación do -0,15%. Esta tarxeta ten unha comisión de mantemento anual de 43 €. O primeiro ano é gratuita. A concesion desta tarxeta está suxeita a análise de riscos de ABANCA.
Se non tes tarxeta de crédito, ou seguros, ou domiciliada a nómina con ABANCA, podes solicitar estes produtos dun modo rápido e sinxelo desde esta web ou desde a túa oficina máis próxima, e aproveitar todas as vantaxes asociadas. Lembra que revisaremos anualmente o cumprimento das condicións descritas na tarifa bonificada.
Debes ter en conta que no caso dos seguros de pagos protexidos ou de vida que te poden axudar a rebaixar o tipo de xuro da túa hipoteca, existen limitacións de idade. Podes encontrar os detalles e outra información de interese sobre os seguros na FIPRE ao final desta páxina. A contratación e condicións dos seguros, estará suxeita ao cumprimento dos requisitos de suscripción esixidos por cada compañía aseguradora.
Tamén podes revisar as Condicións Xerais do Contrato e na nosa sección de Axuda atoparás unha guía con consellos prácticos que che serán de gran utilidade no proceso de compra, así como algunhas preguntas que nos fixeron xa clientes coma ti. Non queremos que despois leves ningunha sorpresa e queremos que o teñas todo muy claro.
A tranquilidade da cota fixa e sen comisións
A hipoteca fixa Mari Carmen ofréceche a tranquilidade de ter unha cota fixa durante toda a vida da hipoteca, sen sobresaltos. Con ela pagarás a mesma cota desde o primeiro momento e ata o final. Sen preocupacións nin cambios inesperados, e coa tranquilidade de saber que contarás cun TXN fixo e unha cota fixa, sempre igual, e axustada especificamente ao prazo que elixas, xa sexa 15, 20, 25 ou 30 anos. Consulta na táboa de máis abaixo como serían as cotas nos prazos que ti elixas.
É a solución perfecta para os que queredes saber exactamente canto ides pagar pola vosa hipoteca, sen vos ter que preocupar do euríbor ou dos mercados, cun tipo de xuro moi competitivo con bonificación que se axusta a cada prazo. Consulta todos os detalles nos exemplos que che amosamos.
Ademais, esta hipoteca fixa non ten as seguintes comisións: de apertura, por modificación contractual e tampouco por reembolso. Do único que debes preocuparte é de elixir a túa nova casa e de seleccionares os prazos que che veñen mellor para pagala. E se queres rematar de pagar esta hipoteca antes do prazo pactado, podrás amortizala total ou parcialmente.
Tes toda a información sobre as condicións do producto na FIPRE e no modelo de Condicións Xerais da contratación do préstamo hipotecario, dous documentos que debes ler con detemento se ao final te decides a mercar casa e que podes atopar ao final desta páxina. Dispós de máis información na “Guía de acceso ao empréstito hipotecario”, publicada polo Banco de España. E se o prefires, velaquí estamos!
Canto che correspondería pagar nunha hipoteca fixa? Mostrámoscho cun exemplo representativo
Aquí poderás ter unha idea do que che correspondería pagar cunha hipoteca a tipo fixo Mari Carmen e as diferencias entre contratar o préstamo de forma separada ou de contratalo de forma combinada xunto con outros produtos e/ou servizos. Pero recorda que estas tarifas só están dispoñibles ata o 06 de novembro se pides cita a través desta web. Botamos as contas por ti das cotas que terías que pagar nos seguintes escenarios:
Periodo | TXN | Cota (**) | Última Cota(**) | TAE(*) | Intereses | Comisiones y gastos | Coste total | Importe total | Importe total adeudado | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sen bonificación | |||||||||||
PeriodoA 15 anos (180 cotas) | TXN3,90% | Cota (**)1.102,03 € | Última cota(**)1.101,98 € | TAE(*)4,51% | Xuros48.365,35 € | Comisións e gastos6.906,38 € | Coste total55.271,73 € | Importe total150.000 € | Importe total adeudado205.271,73 € | ||
PeriodoA 20 anos (240 cotas) | TXN3,90% | Cota (**)901,09 € | Última cota(**)899,60 € | TAE(*)4,48% | Xuros66.260,11 € | Comisións e gastos9.096,38 € | Coste total75.356,49 € | Importe total150.000 € | Importe total adeudado225.356,49 € | ||
PeriodoA 25 anos (300 cotas) | TXN3,90% | Cota (**)783,50 € | Última cota(**)781,73 € | TAE(*)4,45% | Xuros85.048,23 € | Comisións e gastos11.286,38 € | Coste total96.334,61 € | Importe total150.000 € | Importe total adeudado246.334,61 € | ||
PeriodoA 30 anos (360 cotas) | TXN3,90% | Cota (**)707,50 € | Última cota(**)709,26 € | TAE(*)4,43% | Xuros104.701,76 € | Comisións e gastos13.476,38 € | Coste total118.178,14 € | Importe total150.000 € | Importe total adeudado268.178,14 € | ||
Con bonificación máxima | |||||||||||
PeriodoA 15 anos (180 cotas) | TXN2,90% | Cota (**)1.028,67 € | Última cota(**)1.029,44 € | TAE(*)4,80% | Xuros35.161,37 € | Comisións e gastos23229 € | Coste total58.390,37 € | Importe total150.000 € | Importe total adeudado208.390,37 € | ||
PeriodoA 20 anos (240 cotas) | TXN2,90% | Cota (**)824,41 € | Última cota(**)823,53 € | TAE(*)4,71% | Xuros47.857,52 € | Comisións e gastos30.987,30 € | Coste total78.844,82 € | Importe total150.000 € | Importe total adeudado228.844,82 € | ||
PeriodoA 25 anos (300 cotas) | TXN2,90% | Cota (**)703,54 € | Última cota(**)703,37 € | TAE(*)4,63% | Xuros61.061,83 € | Comisións e gastos38.745,60 € | Coste total99.807,43 € | Importe total150.000 € | Importe total adeudado249.807,43 € | ||
PeriodoA 30 anos (360 cotas) | TXN2,909% | Cota (**)627,06 € | Última cota(**)707,50 € | TAE(*)4,56% | Xuros74.765,12 € | Comisións e gastos46.503,90 € | Coste total121.269,02 € | Importe total150.000 € | Importe total adeudado271.269,02 € |
(*)A TAE sen e con bonificación calculouse baixo as hipóteses de que: (i) o contrato de préstamo polo importe indicado estará vixente durante toda a duración pactada, (ii) que ABANCA e o Prestameiro cumprirán as súas obrigacións nas condicións e nos prazos acordados, polo que non se incluíron as comisións e gastos que o Prestatameiro poida evitar se cumpre coas súas obrigas contractuais, (iii) o importe, o tipo de xuro, as comisións e os gastos mantéñense durante toda a vixencia do contrato no nivel fixado no período inicial, (iv) non se produce ningún reembolso total nin parcial durante toda a duración do préstamo. Por tanto, esta TAE con e sen bonificiación, variará coas modificacións que se poidan producir no importe, o tipo de xuro, as comisións e os gastos. A TAE con bonificación, ademais tamén poderá variar por aplicación das bonificacións.
(**) O sistema de amortización do presente préstamo hipotecario é o EPC (francés ou cota constante).
A cota mensual ( C) calcúlase aplicando a seguinte fórmula:
C= P*(i/(1-(1+ i)-n)).
Onde “ P” é o importe pendente do préstamo; "i" o tipo de xuro mensual aplicable ao mes que será o resultante de dividir o xuro anual (TXN) entre 12 (o número de cotas ao ano) e "n" é o número de cotas pendentes do préstamo.
A cota mensual está composta de amortización de capital (parte que se destina a devolver o diñeiro que se prestou) e xuros (parte coa que se remunera o capital pendente de devolver).
Para calcular os xuros (I) que se pagarán na cota do mes utilizarase a seguinte fórmula:
I = P * i.
Onde "P" é o importe pendente do préstamo; e "i" é o tipo de xuro, que será o resultado de dividir o xuro anual (TXN) entre 12 (número de cuotas al año). O importe dos xuros redondéase ao segundo decimal.
Para calcular o importe da parte que corresponde a amortización de capital A teremos que restar á cota total "C" o importe dos xuros "I"; sendo a fórmula:
A = C - I.
Podes consultar máis información en abanca.com/tuprestamo
Queres saber como calculamos estes exemplos?
Calculamos estas TAE sen e con bonificación para unha hipoteca por importe, prazo, e tipo de xuro indicado para cada exemplo. Tendo en conta que terás que facer fronte aos seguintes compromisos e custes que sinalamos na táboa:
Para o suposto de bonificación máxima, o cálculo realizarase contando que manterás contratados con ABANCA durante toda a vida da hipoteca os productos indicados.
Compromisos, comisións e gastos incluídos na TAE | Sen bonificarSen bonificar | Máxima bonificaciónMáxima bonificación |
---|---|---|
Comisión de mantemento da conta asociada (págase en xuño e decembro de cada ano) | Sen bonificar31€ trimestrais | Máxima bonificación31€ trimestrais |
Taxación (inclúe IVE, 21%) | Sen bonificar318,23 € | Máxima bonificación318,23 € |
Nota simple (inclúe IVE, 21%) | Sen bonificar18,15€ | Máxima bonificación18,15€ |
Seguro de danos(1) Seguro de fogar para máxima bonificacion (2) | Sen bonificar314€ prima anual | Máxima bonificación314€ prima anual |
Nómina domiciliada | Sen bonificar- | Máxima bonificación mínimo 600€/mes nun apunte (3) |
Seguro de Proteción de Pagos (4) | Sen bonificar- | Máxima bonificación 5 primeiros anos 3.260,72€ prima única A partir do ano 6 a prima anual será de 720€ (4) |
Tarxeta de crédito Visa Tú | Sen bonificar- | Máxima bonificación43€/ano (primeiro ano de balde)(5) |
Seguro de vida (6) | Sen bonificar- | Máxima bonificación350,66 € prima anual |
(1). Como ABANCA non comercializa Seguros de Danos que solo cubran os riscos indicados pola normativa de mercado hipotecario, para calcular o coste de dito producto simulouse un seguro de fogar (que é o máis similar ao de danos pero incluíndo maiores coberturas). Dito importe ten carácter orientativo. De conformidade coa normativa reguladora do mercado hipotecario, para poder contratar este préstamo, requírese a suscripción durante toda a vida da hipoteca dun seguro de danos. No é obrigatorio que o contrates con ABANCA; poderás contratalo coa compañía aseguradora da túa elección; pero só poderás optar á bonificación do 0,20% do tipo de xuro se o contratas a través de ABANCA e o asocias á hipoteca.
_(2) Seguro de fogar do inmoble hipotecado cuns capitais de 150.000 € de continente e 12.000 € de contido, cunha prima anual de 350,66€
(3) A redución do tipo de xuro por domiciliación de nómina, aplicará tamén a calquera ingreso recorrente, a condición de que se respecten os importes mínimos esixidos.
(4) Contratación dun seguro de protección de pagos asociado á hipoteca que cubra o 100% do saldo pendente (idade máxima de contratación 64 anos e 6 meses e idade máxima de renovación 69 anos e 6 meses) os prazos de contratación poderán ser: renovación anual, ou prima única os 5 primeiros anos e a partir do ano 6 renovación anual ata vencemento da operación. No noso exemplo representativo, e a efectos informativos, simúlase un seguro de protección de pagos prima única durante os 5 primeiros anos de 3.260,72€ e a partir do 6 ano, renovación anual cunha prima de 720€._
(5) Contratación dunha tarxeta de crédito Visa TÚ de ABANCA (a non ser que xa sexas titular doutra tarxeta de crédito en ABANCA) coa que cada ano realizas polo menos 24 compras ou coa que realizarás compras por un importe de 2500 € como mínimo, cunha comisión de mantemento anual de 43€ (primeiro ano gratuíta). Concesión suxeita a análise de riscos de ABANCA._
(6) Contratación dun seguro de vida comercializado a través de ABANCA (idade máxima de contratación 64 anos e 6 meses e idade máxima de renovación 69 anos e 6 meses) asociado ao préstamo. Os prazos de contratación para o seguro de vida asociado á hipoteca poderán ser: (i)renovación anual, ou (ii) prima única a 6, 8, ou 10 anos. A efectos informativos, simúlase un seguro de vida de renovación anual cuxa prima estimada é de 350,66€ para un prestatario de 30 anos de idade, e a cal permanece constante durante toda a vida da operación; dado que é complexo determinar, o custo do seguro en cada renovación, con motivo de que este poderá variar en función de múltiples circunstancias (idade, capital pendente do préstamo, impostos aplicables, estado de saúde do prestatario, etc…).
Se o prestameiro non puidese contratar os seguros combinados indicados, ou durante a vixencia do préstamo superase os límites de idade indicados neste apartado, non poderá alcanzar a máxima bonificación e a súa TAEVariable Bonificada veríase modificada xa que non se terían en conta nin o custo das curmás nin a bonificación aplicable aos devanditos seguros. A contratación e condicións dos seguros, estará suxeita ao cumprimento dos requisitos de subscrición esixidos por cada compañía aseguradora.
O Prestameiro deberá manter aberta en ABANCA, ata a cancelación do préstamo, unha conta asociada ao mesmo na que se aboará o importe prestado e se cargarán os pagos o que veña obrigado, derivados de dito contrato.
Para obter a bonificación indicada, os seguros han de ser comercializados necesariamente polo mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO, S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social en Avenida da Mariña nº 1, 4ª planta, A Coruña, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3321, folio 64, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044 e provisto de C.I.F: B-70049630. Con Seguro de Responsabilidade Civil, Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Entidades aseguradoras dispoñibles no apartado de Seguros desta web. Podes solicitar máis información na rede de oficinas de ABANCA.
Non están incluidos no cálculo da TAE os seguintes custos a cargo de ABANCA:
(i) formalización da escritura de préstamo hipotecario en Notaría,
(ii) inscrición da escritura de préstamo hipotecario no Rexistro da Propiedade,
(iii) os de xestoría relativos á formalización en Notaría e inscrición do préstamo hipotecario no Rexistro da Propiedade correspondente,
(iv) o pago do IAJD; así como os gastos de xestoría derivados do pago do mencionado imposto ante a oficina liquidadora correspondente, cando devandito gasto deba ser asumido en base a normativa.
Todo isto non implica que ABANCA teña que concederche a hipoteca fixa. A oferta personalizada que che fagamos finalmente poderá diferir se as condicións da túa hipoteca cambian, ou se dispoñemos de información complementaria sobre as túas preferencias ou as túas condicións financeiras.
Ten en conta, por favor, que as condicións deste produto só son válidas para novas formalizacións, para persoas físicas con ingresos e patrimonio en euros, dólares USA, francos suízos, libras esterlinas e pesos mexicanos declarados no momento do estudo do préstamo. Ademais, o importe destes ingresos para un único titular debe ser superior a 1.800 € (ou a conversión á divisa correspondente) mensuais e, se son dous titulares, o importe mínimo de 3.000 € (ou a conversión á divisa correspondente) mensuais; sempre e cando a contratación sexa a través desta web. Se o que estás a buscar é unha subrogación ou unha novación, ven vernos a unha das nosas oficinas e estudaremos xuntos o teu caso.
Canto podo solicitar
Podes solicitar ata o 80% do menor destes valores:
- o valor de taxación da vivenda a hipotecar ou
- o prezo da compravenda
Por exemplo, se a vivenda che custa 200.000 € pero o valor de taxación actualizado é 187.500 €, poderás solicitar como máximo o 80% deste segundo valor, por ser o menor. Ou sexa, ata 150.000 €. Se necesitases pedir un importe maior, sería máis difícil que che concedésemos a hipoteca.
Podes contratala por 15, 20, 25 ou 30 anos, como máis che conveña. En calquera caso o prazo deberá axustarse á túa idade xa que terás acabar de pagar a hipoteca antes de facer os 75. Xa que logo, se tes máis de 60 anos non poderás contratar esta hipoteca fixa.
Para saber máis...
dúbidas
-
Cales son as vantaxes da hipoteca a tipo fixo Mari Carmen?
A hipoteca a tipo fixo Mari Carmen é unha hipoteca coa que pagarás sempre a mesma cota, desde o primeiro mes ata o último, coa tranquilidade que iso supón. Ademais conta cun tipo de xuro moi competitivo que podes mellorar co sistema de bonificacións, facendo que sexa aínda máis reducido. Bota as contas.
Ademais, fácemonos cargo nós dos gastos de notaría, rexistro e xestoría. Nin comisión de apertura!
Tes toda a información na FIPRE e nas Condicións Xerais do Contraro, dous documentos que deberías ler con repouso se ao cabo te decides a mercar casa.
-
Que podo facer para rebaixar a cota da hipoteca?
Canto máis amplíes a duración da hipoteca, menor será a cantidade que teñas que pagar todos os meses. Mais lembra que iso tamén significa que en total, ao pagar os xuros durante máis tempo, pagarás un pouco máis. Ademais o prazo de devolución da hipoteca ten un límite máximo de 30 anos.
Se preferirías rebaixar a cota mensual, a Hipoteca Mari Carmen dispón dunha serie de bonificacións que che poden axudar:
- Ingresando todos os meses na conta a nómina ou a pensión, ou porque con regularidade achegas diñeiro á túa conta:
- Se domicilias a túa nómina ou pensión, ou se realizas ingresos mensuais de 600 € ou máis, ou se domicilias os teus seguros sociais, a bonificación é dun -0,20% no tipo de xuro.
- Se os teus ingresos son de 2.500 € ao mes ou máis (ou 3.500 ou máis en diferentes ingresos), ou se domicilias os teus seguros socias e mantés un saldo medio de 2.000 € na túa conta, terás unha bonificación do -0,40%. Tamén se che aplicará se tendo un ingreso recurrente superior a 600 € contratas un seguro de proteción de pagos polo valor do que resta de crédito.
- Contratando un seguro de vida polo 100% do saldo pendente da hipoteca na data de revisión, descontas - 0,25%.
- Contratando un seguro de fogar vencellado á hipoteca e que teña unha cobertura cando menos igual ao valor de taxación, a bonificación é de - 0,20%.
- Realizando 24 compras ao ano coa túa tarxeta de crédito ABANCA, ou gastando con ela cando menos 2.500 € ao ano, redúceseche un -0,15%
En total poderías rebaixar até o 1% o tipo de xuro. Consulta as condicións na páxina da Hipoteca Mari Carmen ou realiza a túa propia simulación.
DOCUMENTACIÓN
- Se queres toda a información sobre a Hipoteca Fixa Mari Carmen nun documento pdf podes descargar a ficha de información precontractual (FIPRE). (En pdf)
- E, se resides en Andalucía, tes a información complementaria á FIPRE nestoutro documento (DIPREC). (En pdf)
- A nosa carta de compromiso ABANCA. (En pdf)
- O grado de cumprimento do noso compromiso (En pdf)
- Glosario con Explicacións Adecuadas sobre Préstamos (En pdf)
- Resolución alternativa de litixios online en materia de consumo da Unión Europea
NO BLOG