Tarxeta Metropolitana buruz
-
Onde podo recargar a tarxeta do bus?
A tarxeta metropolitana permíteche pagar con desconto no transporte público das áreas de Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo. Esta tarxeta forma parte do Plan de Transporte Metropolitano da Xunta de Galicia. Podes conseguir a tarxeta na maioría de oficinas de ABANCA por 2 € e recargala nos nosos caixeiros e oficinas. Consulta aquíBeste webgune batera birbideratuko zara a listaxe de oficinas con este servizo e toda a información sobre a tarxeta.
O proceso de recarga é moi sinxelo. Se o caixeiro no que vas realizar a operación admite ingresos, tan só tes que introducir a tarxeta, seleccionar a cantidade e introducir os cartos en efectivo. Se non tivese esa opción, deberías meter a túa tarxeta de débito (en caso de que fose de crédito ou doutra entidade levaría unha comisión), seleccionar “Operacións moedeiro”, inserir a tarxeta de transporte e escoller a cantidade. Ten en conta que a cantidade mínima de recarga son 10 € e a máxima 180 € se realizas a recarga dende unha tarxeta ou 60 € se o fas con efectivo.
Tamén podes recargalas desde a túa Banca Electrónica na opción Tarxetas > Tarxetas Moedeiro; ou na Banca Móbil en Contas > Operar > Tarxetas Moedeiro.
Lembra que se viaxades 2 (ou máis) podedes pagar os billetes coa mesma tarxeta.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/tarxeta-metropolitana#228 -
Como solicito a Tarxeta Xente Nova da Xunta de Galicia?
Para unha atención directa e especializada, podes pedir cita nas oficinas de ABANCA para solicitar a Tarxeta Xente NovaBeste webgune batera birbideratuko zara.
No portal da Xunta de Galicia tes toda a información sobre a Tarxeta Xente NovaBeste webgune batera birbideratuko zara.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/tarxeta-metropolitana#276 -
Como solicitar a tarxeta +65?
Se xa dispós da tarxeta metropolitana de Galicia, non tes que facer nada máis porque gozarás automaticamente das súas vantaxes.
No caso de que non a teñas, aquíBeste webgune batera birbideratuko zara poderás consultar a listaxe de oficinas de ABANCA onde a podes solicitar.
Podes obter máis información na seguinte ligazón https://www.bus.gal/es/tarifa-65Beste webgune batera birbideratuko zara
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/tarxeta-metropolitana#711