Perdín a tarxeta buruz
-
Que fago se me chega unha mensaxe para confirmar unha operación que eu non fixen?
Se che chega unha mensaxe ao móbil avisándoche de que instalaches a túa banca móbil ou indicando que asines unha operación de banca electrónica pero non es ti o que está a facer a xestión, chámanos o máis rápido que poidas ao 900 815 522 (ou ao +34 981 910 522 se nos chamas desde o estranxeiro) para que realicemos todas as xestións necesarias para bloqueala. Este servizo está dispoñible as 24 horas do día.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/perdin-a-tarxeta#538 -
Creo que me roubaron a tarxeta ou pode ser que a perdera, que fago?
Se non estás seguro de que pasou coa túa tarxeta, podes apagala na túa banca electrónica ou a túa app móbil para impedir que se realicen operacións con ela. Se finalmente atopas a túa tarxeta, poderás volver acendela e volver usala.
Cando esteas seguro de que perdiches ou che roubaron a tarxeta, podes bloqueala e solicitar un duplicado. É moi sinxelo:
- Desde a túa banca móbil, accede á tarxeta que necesitas bloquear pulsando en 'Más' > 'Personalizar tarxeta'. No apartado Para a túa seguridade, selecciona 'Perdiches a tarxeta?' e aquí poderás elixir o motivo e se queres un duplicado.
- Desde a banca electrónica, terás que ir á opción 'Tarxetas' > 'Aviso perda ou roubo".
Lembra que cando pidas unha nova tarxeta a antiga deixará de funcionar inmediatamente.se posteriormente a atopas non a poderás utilizar. Recibirás a tarxeta nova na túa casa ou, se prefires, na oficina que nos indiques.
No caso que non a poidas bloquear ti mesmo, chámanos o máis rápido que poidas ao 900 815 524 (ou ao +34 981 910 524 se nos chamas desde o estranxeiro).
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/perdin-a-tarxeta#96 -
Canto tempo tardades en enviarme unha tarxeta nova?
Recibirás a túa nova tarxeta nun prazo estimado máximo de entre cinco e sete días laborables tanto se elixes recollela na túa oficina coma se elixes recibila por correo postal no teu domicilio.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/perdin-a-tarxeta#97 -
Perdín ou roubáronme o DNI, que teño que facer?
O primeiro que debes facer é denunciar o roubo na Policía Nacional ou na Garda Civil e tamén avisarnos. É importante, xa que a persoa que teña o teu DNI podería suplantarche a identidade e tratar de facer operacións no teu nome. Para avisarnos tes as seguintes opcións:
- Por teléfono.
- Por correo electrónico. Escríbenos a tuseguridad@abanca.comLeiho berri batean irekiko da, co asunto ‘DNI PERDIDO’ e mais o teu nome e o número do DNI.
- En calquera das nosas oficinas. Podes solicitar unha Cita Previa se che resulta máis cómodo.
Mentres non teñas o novo DNI, por motivos de seguridade poderías ver restrinxidas certas operacións en liña e por teléfono. Tamén podes pedir unha Cita Previa na oficina se necesitas axuda.
Ademais, cando teñas o novo DNI, necesitaremos que nos avises. Poderás atopar máis información sobre este tema na web do Banco de EspañaBeste webgune batera birbideratuko zara.Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/perdin-a-tarxeta#571