Preocupámonos por ti e as túas necesidades.
E tamén pola túa seguridade
Traballamos para desenvolver medidas de seguridade que garantan a integridade e confidencialidade da túa información, e de mecanismos para previr, detectar e bloquear cualquera fraude. Dámosche todas as facilidades para que non teñas que comprometer a túa seguridade baixo ningún concepto.
Pero lembra que ti tamén debes pór da túa parte. Se segues estes consellos tan sinxelos, non terás nada que temer. Sigue lendo!
Ademais, podes colaborar con ABANCA para evitar posibles fraudes, se detectas algo sospeitoso agradecémosche que o envíes a tuseguridad@abanca.com. Tamén te atendemos as 24 horas do día no 981 910 525!
Coñece as últimas tendencias en ciberestafas e phishing, contámoschas no noso blog Cuentas Claras.

Seguridade bancaria, prevención e recomendacións
-
Sempre atentos á túa seguridade
A nosa banca electrónica é unha das máis seguras do mercado. E seguimos a traballar para que o siga sendo.
-
Comprobacións e rutina de seguridade
-
Monitorizamos minuto a minuto as operacións para detectar movementos irregulares e previr posibles fraudes.
-
Dispoñemos dun sistema de alertas que te avisa no teu teléfono móbil de cualquera actividade inusual na túa conta ou tarxetas.
-
Empregamos protocolos de transmisión de información seguros.
-
-
Operacións por internet
-
Autenticamos as túas compras por internet.
-
Aseguramos as túas operacións coa tarxeta de coordenadas.
-
Esiximos a firma de operacións de risco a través do móbil ou un dispositivo xerador de claves.
-
-
Acceso á túa banca electrónica
-
Para acceder á túa Banca Electrónica tes que introducir o teu número de tarxeta ou usuario e o teu PIN, o cal te proporcionamos cando activas a túa banca a distancia nunha das nosas oficinas.
-
Se tes a túa sesión aberta pero non realizas ningunha acción, a túa páxina de banca electrónica desconectarase automaticamente. Para seguir utilizándoa, deberás volver identificarte.
-
Tras varios fallos consecutivos á hora de introducires as túas credenciais ou un período longo de inactividade, a túa banca electrónica quedará bloqueada. Para desbloqueala, emprega a ligazón “Non consigo acceder” dispoñible na páxina de acceso, chama ao 981 910 522 ou acode á túa oficina máis próxima para solicitar un novo PIN.
-
A túa banca electrónica incorpora un sistema de reforzo de seguridade que nos permite identificarte de xeito seguro.
-
-
Se pasa algo, como che avisamos?
-
Nunca che solicitaremos datos confidenciais nin claves para a firma de operacións por correo electrónico. Por iso, se recibes algún email no que che soliciten contrasinais da túa banca electrónica ou das túas tarxetas, ¡non respondas! Alguén podería estar enganándote.
-
Se algunha vez che ocorre algo así, agradecerémosche que nolo envíes a tuseguridad@abanca.com para evitar posibles fraudes a outros clientes.
-
Ademas, porémonos en contacto contigo por teléfono ou correo electrónico para informarte dalgún posible problema ou verificar a autenticidade dalgunha das túas operaciones.
-
-
-
As túas contas sempre protexidas
Aínda que traballamos na túa protección, sempre pode haber alguén que tente enganarte. Para evitalo dámosche uns consellos que debes seguir.
-
Que debes facer para navegar de xeito seguro?
-
Escribe o enderezo de ABANCA directamente na barra do teu navegador. Non accedas nunca á banca electrónica a través de ligazóns.
-
Cando entres na nosa web, comproba que apareza o noso indicador de seguridade, representado por un cadeado. Atoparalo na túa barra de navegación.
Ao rematar coas túas xestións, pecha a túa sesión na banca electrónica. Se non o fas, alguén que empregue a mesma computadora pode acceder á túa banca electrónica coas túas contrasinais. Aínda así, a túa sesión de banca electrónica desconéctase automaticamente se ve que levas uns minutos sen facer nada.
-
Non confías nese email? Mellor non contestes. Nunca che pediremos as túas claves de banca electrónica ou da túas tarxetas por correo electrónico. Así que se alguén o fai, non somos nós.
-
Actualiza o teu navegador de vez en cando. Manteno actualizado para que incorpore as últimas melloras de seguridade.
-
Emprega sempre unha rede segura, dende o ordenador da túa casa ou traballo, é dicir, dende unha rede na que poidas confiar e que só empregues ti ou a túa familia. Evita facelo dende cibercafés ou outros ordenadores públicos.
-
As túas claves son só túas. Nunca as reveles! Se tes dúbidas ou cres que alguén pode coñecelas, cámbiaas de forma inmediata.
-
Mantén o teu ordenador libre de virus. Evita tamén navegar en páxinas pouco seguras.
-
-
Como debes actuar en oficinas e caixeiros?
-
Non aceptes axuda de terceiras persoas para axilizar as túas transaccións. Se necesitas que te boten unha man, acode unicamente aos empregados de ABANCA.
-
Evita rutinas que permitan a outros coñecer os días nos que fas as túas operacións habituais.
-
Se detectas algunha actividade sospeitosa, comunícallelo de inmediato ao persoal da oficina.
-
Antes de introducires a túa tarxeta no caixeiro comproba que non existan elementos estraños. No caso de detectar elementos sospeitosos (silicona, a ranura da tarxeta está manipulada, teclado, etc.), por favor, avisa de inmediato ao noso servizo de atención ao cliente (981 910 525).
-
Cobre o teclado cando introduzas a clave para evitar que alguén a vexa.
-
Antes de abandonar o caixeiro, verifica que finalizaches a operación. Garda a tarxeta, os cartos e o recibo!
-
-
Como podes protexer as túas tarxetas?
-
Memoriza o teu número secreto (PIN) e non llo digas a ninguén.
-
Non o escribas en ningún papel da túa carteira, nin na tarxeta. Deste xeito, evitas que outras persoas a empreguen en caso de perda ou roubo.
-
Asegúrate de que o teu PIN non coincide cun número sinxelo de adiviñar: a túa data de nacemento, a matrícula do teu coche, combinacións de números habituais.
-
Adapta sempre o límite das túas tarxetas en función das túas necesidades e operacións habituais.
-
Se non atopas a túa tarxeta, podes apagala de forma rápida a través da túa banca móbil. Se pola contra, estás seguro de que cha roubaron ou a perdeches, contacta coa nosa banca telefónica (981 910 522) para bloqueala canto antes.
-
Destrúe as túas tarxetas antigas.
-
-
-
Podes estar aínda máis seguro
ABANCA pon á túa disposición unha serie de produtos e servzos para que non corras riscos nin coas túas tarxetas nin mercando online.
-
Dáche reparo dar o número da túa tarxeta cando mercas por Internet?
O noso sistema de seguridade está preparado para non comprometer nin a túa información nin os teus cartos cando realizas compras online.
Se aínda así non queres asumir riscos o simplemente desexas mercar nalgunha páxina que non che transmite moita confianza, podes xerar unha tarxeta virtual directamente dende o teu móbil. Asígnaslle un límite de diñeiro que ti decidas e listo! É sinxelo, rápido e gratuíto.
Tamén tes á túa disposición as tarxetas prepago. Con elas, limitas o risco ao saldo da tarxeta e podes empregala como unha tarxeta ao uso: retirar diñeiro, pagar en comercios ou facer compras online. Pódela recargar de xeito rápido e cómodo cantas veces necesites.
-
Cres que esqueciches a túa tarxeta na casa pero non estás 100% seguro?
A app de ABANCA dáche a posibilidade de apagar e acender as túas tarxetas. Imaxina que non atopas a túa tarxeta na carteira e non estás seguro de se a deixaches na casa ou se a perdiches.
Agora, en vez de dala de baixa e ter que esperar a que che enviemos unha nova só porque dubidas do seu paradoiro, podes apagala dende a túa banca móbil. Así, ninguén poderá empregala.
Se finalmente tela na casa, actívala de novo e lista para empregar! Sen baixas, sen chamadas e sen complicacións.
-
Queres recibir unha notificación cada vez que detectemos movementos inusuais?
O que pasa na túa conta, o teu móbil cho conta.
Recibe un correo cada vez que haxa un movemento maior da cantidade que decidas. Se detectamos actividade inusual, poñémonos en contacto contigo por teléfono ou correo electrónico para informarte dalgún posible problema ou verificar a autenticidade dalgunha das túas operacións.
Lembra que nunca che solicitaremos datos confidenciais nin claves para a firma de operacións por correo electrónico!
-
-
E se ves algo sospeitoso...
Se ocorre algo coas túas compras, tarxetas ou contas… avísanos canto antes e axudarémosche a solucionalo.
-
Máis vale unha consulta a tempo que unha lamentación
Os nosos mecanismos de seguridade no estarían completos sen a túa colaboración. Por iso, se detectas algunha actividade estraña, agradecerémosche que nolo fagas saber:
-
Se ocorre algo coas tus compras, tarxetas ou contas…
-
Se atopas algunha web que se parece á de ABANCA pero non o é…
-
Se ao acceder á túa banca a distancia che solicitan máis claves das habituais…
-
ABANCA nunca che mandará correos dende os que teñas que acceder á web de banca electrónica. Así que se alguén o fai, non somos nós.
Cando detectes algún destes supostos, ponte en contacto connosco por escrito, por teléfono (981 910 525) ou en cualquera das nosas oficinas.
-
-