Faite cliente
slide-banca-privada

ABANCA Privada

NON CREMOS NAS CASUALIDADES
Os comezos nunca foron doados para ninguén… Porque o éxito non se regala, trabállase.

Grandes deseñadores, arquitectos, músicos, empresarios ou deportistas conseguiron chegar ao máis alto porque, aínda que o mundo lles dicía que o fixesen, decidiron non renderse.

Por iso, en ABANCA non cremos que o éxito estea nas casualidades. O éxito está no esforzo, na esixencia, no traballo e no compromiso.

Esa é a razón pola que somos unha banca privada que deixa aos seus clientes en mans de profesionais e non do destino.

Os servizos da nosa Banca Privada

Obteña asesoramento especializado baseado en tres piares de exclusividade e solvencia técnica:

  • Banqueiros Senior con formación técnica avanzada na xestión de activos complexos.
  • Estratexia de investimento personalizada fundamentada na confianza e no seguimento continuo.
  • Catálogo Sofisticado con acceso directo a vehículos de investimento exclusivos e solucións de financiamento a medida.
card-privada-1

Solucións para cada perfil

  • Empresarios: xestión experta de patrimonios vinculados a estruturas empresariais.
  • Grupos Familiares: planificación sólida para protexer o legado da súa familia.
  • Profesionais de elite: asesoramento especializado para carreiras de alto rendemento tanto de executivos como de deportistas.
  • Non residentes: solucións internacionais para clientes que operan en varios mercados
  • Inst. Relixiosas e Entidades non Lucrativas: contamos con solucións específicas para o terceiro sector .
card-privada-02
Mapa de puntos onde ABANCA ten servizos internacionais

Alcance Internacional

Estamos presentes en 11 países. Dispoñemos dunha plataforma internacional e a posibilidade de depositar o seu patrimonio noutras xurisdicións como Luxemburgo, EEUU ou Portugal.

Recoñecemento experto

O noso excelente servizo de ABANCA Privada foi galardoado por Citywire como "Mellor proposta de investimento 2024" e "Mellor unidade de Banca Privada 2025".

card-privada-03

Tarxeta World Elite

World Elite Mastercard pon ao seu dispor servizos e vantaxes extraordinarias que a converten nunha das tarxetas de crédito máis exclusivas do mercado:

  • Concierge 24h
  • Acceso a salas VIP
  • Seguros exclusivos
card-privada-04

ABANCA Privada Wealth

Coñeza a nosa proposta de banca privada de autor definida pola máxima especialización e unha solvencia líder no mercado español. Deseñamos estratexias de investimento sofisticadas enfocadas en xestionar o legado de grandes patrimonios, grupos familiares e empresas.

A confianza nace da proximidade

Contamos cunha rede de banqueiros privados de alta especialización repartidos por todo o territorio nacional, asegurando un acompañamento presencial e constante.

card-privada-05