Información básica
As bolsas e axudas que concede o Ministerio de Educación non sempre se ingresan antes de comezar o curso. Para que poidas asumir os custos de empezar o curso, en ABANCA adiantámosche ata o 95% da cantidade que che concedeu o Ministerio de Educación, cun límite máximo de 5.000€.
O adianto non ten xuros, só terás que pagar unha comisión de apertura do 3,75% cando che concedamos o adianto. Por iso o tipo de xuro é do 0,00% TIN e do 4,69% TAE. A conta asociada ao adianto non terá comisións de mantemento nin administración mentres dure o adianto ou ata que o cliente cumpra os 30 anos*.

Exemplo para un anticipo de 5000 €
Para un préstamo de 5000€ a devolver en 10 meses, cantidade e prazo máximo que podes solicitar de anticipo no caso de que a bolsa concedida polo Ministerio sexa por un importe de 5263,16 € ou superior, terás un TIN do 0,00% fixo para toda a vida do préstamo e unha TAE do 4,69%. Deste xeito, o importe total a pagar sería de 5.187,50€ nun único pago. O custo total da financiación sería de 187,50€ (3,75%) en concepto de comisión de apertura e non pagarías ningún xuros.
O sistema de amortización deste préstamo é amortización única ao vencemento.

Se es novo, ABANCA é para ti
Unha conta corrente, a tarxeta Ti NX e a app de ABANCA é todo o que precisas para xestionar o teu diñeiro.
Ademais, se tes entre 16 e 29 anos, non pagarás as comisións de mantemento e apertura da conta e as transferencias online serán de balde. Ademais, ata os 35 anos terás a tarxeta Ti NX gratis, coa que poderás retirar diñeiro totalmente gratis en todos os caixeiros de ABANCA, e fóra de Galicia ata 5 veces ao mes en calquera caixeiro da rede Euro 6000, Euronet, Banca March, Sabadell, ING, Bankinter, Caja de Arquitectos, Caja Ingenieros y Euro Automatic Cash. Ademais, tamén é perfecta para viaxar porque non che cobra comisión por cambio de divisa e permíteche facer 5 retiradas ao mes en caixeiros fóra de España.

O banco no teu móbil
Coa app de ABANCA poderás facer todo o que precisas do teu banco no día a día, como consultar o saldo e os movementos, enviar diñeiro ou activar ou desactivar as túas tarxetas. Tamén poderás configurar alertas instantáneas para que che avisemos cando che ingresen a bolsa do Ministerio, por exemplo, ou gardar as túas operacións favoritas para telas dispoñibles cun só clic.
Tamén che permitirá empregar ferramentas de pagos de móbil a móbil como Bizum, que che permite enviar diñeiro a calquera persoa, ou ABANCA Cash para retirar diñeiro dun caixeiro sen necesidade de levar a tarxeta, só co teu móbil.

Falamos?
Axudámoste a que o financiamento non free o teu futuro.
Pide cita agora na túa oficina ABANCA máis próxima.
(*) Ten en conta que pode haber outros gastos financeiros, dependendo do teu caso. Por exemplo, se necesitas un aval ou consideramos conveniente acudir a un notario.
Só necesitamos que a conta vinculada á bolsa, é dicir, a conta que lle indiques ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para que che fagan o ingreso da axuda económica, sexa unha conta de ABANCA. Se aínda non tes conta en ABANCA e estás pensando en solicitar unha bolsa do Ministerio, podes abrir unha conta 100% online desde esta mesma web.
Para beneficiarte do adianto das bolsas do Ministerio de Educación necesitas ter os 18 anos cumpridos, independentemente do nivel de estudos que esteas cursando (universitarios, bacharelato, formación profesional, etc.).
Tes preguntas? Nós temos respostas
Dúbidas
Podes pedir o Adianto de Axudas do Ministerio de Educación e Cultura para calquera das axudas que dependen do ministerio, entre elas as bolsas para os estudos de grao, diplomatura e licenciatura, as bolsas para os estudos de mestrado, as bolsas para os estudos de doutoramento ou as axudas do programa Erasmus, entre outras.
Tamén podes optar ao adianto de axudas para o ensino de bacharelato ou formación profesional, pero lembra que tes que ter polo menos 18 anos para poder beneficiarte deste adianto.

