- Descarbonización: Compromiso activo baixo os estándares da Net-Zero Banking Alliance para acadar o obxectivo de cero emisións netas atribuíbles tanto á nosa carteira crediticia como de investimentos en 2050.
- Mobilización de negocio sostible: promovemos unha alternativa sostible aplicable a liñas de negocio e familias de produtos financeiros.
- Acompañamento aos nosos clientes: activamos o diálogo con clientes para coñecer os seus obxectivos e plans para acompañalos na súa futura traxectoria de transición.
- Mitigación no impacto da operativa interna: manter a nosa pegada operativa neutra a través de accións de redución de emisións e compensación.
Podes consultar en detalle o marco corporativo normativo que guía as nosas actuacións.
Ambiental
Trata a contribución activa do banco á descarbonización da economía e á redución do impacto da súa propia actividade.

Negocio sostible
- Impulsamos a transición sostible ofrecendo préstamos enfocados no fomento das enerxías renovables, a mobilidade híbrida ou eléctrica, e reformas de eficiencia enerxética para fogares e empresas. No ámbito das empresas, contamos con unidades especializadas ABANCA Mar, Agro e Energy, dirixidas á atención de clientes que operan ao longo da cadea de valor destes sectores, permitindo unha xestión integral das necesidades de financiamento e investimento, tamén no ámbito sostible.
- Na área de investimento, ABANCA conta cun modelo que integra factores ESG como unha variable no proceso de toma de decisións. Os fondos ABANCA e estratexias de GDC integran os riscos ESG seguindo os criterios da nosa política de investimento responsable. En 2020, ABANCA foi o primeiro banco español en adherirse aos Principios de Investimento Responsable.
Xestión ambiental e eficiencia
Medimos, xestionamos e implementamos medidas para reducir a nosa propia pegada a través de accións para consumir enerxía dun modo eficiente, mecanismos de xestión ambiental e redución do consumo de recursos.
Contamos co selo de Calculo, Reduzo e Compenso da Oficina Española de Cambio Climático e co Selo Residuo Cero de AENOR. Para as emisións de CO2 que non podemos reducir, realizamos unha compensación a través de créditos de absorción. Apoiamo a plantación de especies autóctonas en áreas forestais degradadas que necesitan ser restauradas.
Promovemos boas prácticas entre os nosos clientes, como a recollida e reciclaxe das súas tarxetas financeiras caducadas ou que as tarxetas estean producidas con materiais reciclados.
Gobernanza
Este piar garante que a sustentabilidade está integrada na toma de decisións, unha responsabilidade supervisada pola alta dirección, asegurando que a estratexia de negocio e a de sustentabilidade converxan.
ABANCA conta cunha certificación do Índice de Bo Goberno Corporativo (IBGC) de AENOR coa máxima cualificación posible pola eficacia dos seus mecanismos de gobernanza e control interno.

Compromisos
Manter e construír alianzas e a relación cos grupos de interese, é un elemento clave da estratexia e da cultura corporativa, que nos permite achegar solucións, accións e foros que procuren un desenvolvemento sostible e contribúan ao progreso.
Adheridos desde os inicios ao Pacto Mundial das Nacións Unidas, sifnatarios fundadores dos Principios de Banca Responsable e comprometidos coa Carta da Diversidade, impulsando activamente a protección da biodiversidade e o desenvolvemento social.
Ratings ESG e certificacións
O noso desempeño en sustentabilidade é avaliado polas axencias internacionais de ratings ESG, como Sustainalytics, que mantén a ABANCA como a 1ª entidade bancaria española e TOP 15 entre máis de 1000 entidades analizadas de todo o mundo.
Tamén contamos con diversos certificados en ámbitos como a xestión ambiental, de persoas e talento ou o goberno corporativo, onde intentamos promover as mellores prácticas, fomentando a implicación de todo o persoal.

