Faite cliente

Hipoteca Dixital ABANCA: A túa hipoteca comeza en liña

Consegue a túa hipoteca desde onde esteas.

Simula a túa cota, sube a documentación desde o teu móbil e solicita a túa aprobación co acompañamento dun xestor dixital de ABANCA sen pisar a oficina ata a sinatura.

Un xestor especializado acompañarate nos seguintes pasos e poderás consultar en liña o estado da túa solicitude. A concesión da hipoteca está suxeita á análise e aprobación de ABANCA. A formalización do préstamo realízase ante notario.

Fai unha primeira simulación en poucos minutos

Introduce os datos da vivenda e responde a unhas preguntas sobre a túa situación. En pouco tempo poderás coñecer:

  • A cota mensual orientativa.
  • O importe que poderías solicitar.
  • O prazo de devolución.
  • As condicións das distintas opcións hipotecarias.
  • As túas posibles bonificacións no tipo de xuro

Escolle a hipoteca que encaixa contigo

En ABANCA podes valorar distintas opcións segundo a cota que buscas e como queres organizar os teus pagos.

Hipoteca Fixa

Unha cota fixa durante todo o prazo contratado, sen depender das variacións do Euríbor.

  • Sen comisión de apertura nin por modificación contractual.
  • Prazos de 15, 20, 25 ou 30 anos.
  • Ata o 80 % do menor valor entre taxación e compravenda, segundo condicións.
  • Posibilidade de bonificación do tipo de xuro ao contratar determinados produtos ou servizos.

Hipoteca Variable

Unha hipoteca cuxo tipo de xuro se revisa anualmente segundo a evolución do índice de referencia.

  • Cota fixa o primeiro ano e variable o resto do período.
  • Cota que pode subir ou baixar en función do Euríbor
  • Posibilidade de mellorar o tipo de xuro ao contratar determinados produtos ou servizos que dan acceso a bonificación.
  • Sen comisión de apertura nin por modificación contractual.

Hipoteca Mixta

Unha primeira etapa a tipo fixo e, despois, a tipo variable. Unha opción para quen busca estabilidade ao principio e flexibilidade despois.

  • Cinco primeiros anos a tipo fixo. O resto do prazo, a tipo variable.
  • Ata o 80 % do menor valor entre taxación e compravenda, segundo condicións.
  • Posibilidade de mellorar o tipo de xuro a partir do primeiro ano, contratando produtos seleccionados.
  • Sen comisión de apertura nin por modificación contractual.

Así é o proceso dixital de contratar unha hipoteca con ABANCA

1- Simula a túa hipoteca en poucos minutos

Calcula a túa cota orientativa introducindo os datos da túa futura vivenda e a información requirida.

2- Continúa a túa solicitude de forma inmediata

Sen perder os datos da túa simulación, inicia a solicitude 100% en liña ao instante.

3- Accede ao teu Espazo Dixital Seguro

Sube a túa documentación (DNI, nóminas…) desde o móbil ou o teu ordenador nun entorno protexido e consulta o avance dos teus trámites.

4- Recibe asesoramento personalizado

Resolve dúbidas ao momento mediante o noso asistente virtual ou conéctate cun xestor especializado para calquera dúbida durante o proceso.

5- Dispoñibilidade de oficina próxima

Asignamos o teu expediente á oficina de ABANCA máis próxima ao teu fogar para ofrecerche soporte local sempre que o precises.

6-. Asina ante o notario

Unha vez aprobada a túa solicitude, a formalización final do préstamo realízase ante notario.

Unha xestión en liña, co acompañamento que precisas

Inicia a túa solicitude desde casa coa axilidade da banca en liña e o respaldo dun equipo experto ao teu servizo:

Comparativa rápida de hipotecas online ABANCA

Descubre o noso comparador de hipotecas para poder elixir o préstamo hipotecario que mellor se adapte ás túas necesidades.


HipotecaOrientada a…Tipo de IntereseXestión Dixital
Hipoteca FixaTranquilidade e cuotas fixasFixo toda a vida do préstamo hipotecario100% online ata acudir ao notario
Hipoteca MixtaEstabilidade inicial e flexibilidade despoisFixo (primeiros 5 anos) + Variable100% online ata o trámite en notario
Hipoteca VariableSegundo a evolución do EuríborRevisión periódica segundo evolución Euríbor100% online ata acudir ao notario

Calcula a túa cota antes de decidir

Antes de solicitar a túa hipoteca, compara as opcións dispoñibles e comproba como cambian a cota e o custo total segundo:

  • O importe que necesitas para a vivenda.
  • O prazo de devolución.
  • O tipo de xuro da hipoteca.
  • Os produtos ou servizos que poden aplicar bonificacións.

O resultado da simulación é orientativo e non constitúe unha oferta vinculante.

Tes preguntas sobre as Hipotecas Online? Nós temos respostas

Dúbidas

Documentación

No blog