• 981 910 522
  • Oficinas
  • Axudámosche
  • Blog
  • Sala de comunicación
  • Banca persoal
ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Área cliente
  • Faite cliente
  • Área cliente
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • Banca persoal
  • Sala de comunicación
  • B Blog
  • Para a túa empresa
  • En castellano

Aviso legal

  • Política de privacidade web
  • Política de privacidade de clientes
  • Política de cookies
  • Aviso legal
  • Taboleiro de anuncios
  • Somos accesibles

Titularidad de la web

ABANCA Corporación Bancaria S.A. (en diante, “ABANCA”), con enderezo social en Betanzos, c/ Cantón Claudino Pita, nº 2, 15300, e CIF A-70302039, , é unha entidade de crédito suxeita á supervisión do Banco de España co número de codificación 2080, á que corresponde a titularidade da web https://www.abanca.com (no sucesivo, a web), que pon a disposición dos usuarios de internet, coa fin tanto de proporcionar información sobre os servizos, produtos e actividades ofrecidos por ABANCA, como de permitir a prestación de servizos a través da propia web, denominados "on-line".

ABANCA Corporación Bancaria S.A. está inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, no tomo 3426 da Sección Xeral, folio 1, folla C-47.803, inscrición 1ª.

Con data 17 de marzo de 2016 (data da súa publicación no BORME) modificouse a páxina web corporativa. O nuevo dominio é www.abancacorporacionbancaria.com, tal e como se acordou polo Consello de Administración do Banco, na súa xuntanza celebrada o día 29 de febreiro de 2016.

Aceptación das condicións de utilización da web

Estas condicións xerais de utilización da web, xunto coas condicións xerais de contratación dos servizos prestados a través dela, así como calquera outra condición que a tal efecto se poida establecer, teñen por finalidade a regulación e información dos usuarios da web dos servizos que presta ABANCA, e a propia regulación do uso da web.

A navegación e/ou utilización dos servizos da web supoñen a aceptación como usuario, e sen reservas de ningún tipo, de todas as condicións xerais da súa utilización, así como de todas as condicións xerais de contratación e de calquera outra condición que se poida establecer en relación coa prestación a través da web dos servizos ofrecidos por ABANCA..

Condicións xerais da web

  1. Política de privacidade

    1. Protección de datos de carácter personal: De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, ABANCA informa ao usuario de que:

      1. Os datos de carácter persoal, incluido o enderezo de correo electrónico, que o usuario lle proporcione ao encher e enviar os formularios que figuran na web, serán incorporados ao ficheiros de ABANCA para que esta poida efectuar o seu tratamento, automatizado ou non, tanto deses datos como dos que poidan xerarse pola correspondente relación negocial que, no seu caso, o usuario concerte con ABANCA.
      2. As finalidades ás que ABANCA destinará os datos referidos serán as indicadas no aviso sobre réxime do tratamento dos datos de carácter persoal e do enderezo de correo electrónico ubicado no correspondente formulario. Entre tales finalidades pode comprenderse a de enviar ao usuario, mesmo por correo electrónico ou outro medio de comunicación electrónica equivalente, informacións publicitarias ou promocionais de carácter xeral ou adaptadas ao seu perfil comercial sobre os produtos ou servizos ofrecidos ou comercializados por ABANCA ou polas empresas e entidades integrantes do Grupo Económico (segundo a definición de "grupo" contida no artigo 42º do Código de Comercio) de ABANCA, cuxas respectivas actividades comprenden as de tipo financeiro, nas súas diversas modalidades, social, asegurador, inmobiliario, informático, promoción e venda de bens e artigos de consumo, marketing, axencia de viaxes, ocio e cultura, e servizos de consultoría e asesoramento.
      3. Nos citados avisos sobre o réxime do tratamento dos datos de carácter persoal e do enderezo de correo electrónico o usuario será axeitadamente informado respecto do carácter obrigatorio ou facultativo da resposta ás cuestións que lle sexan plantexadas nos formularios respectivos, e das consecuencias da negativa a facilitar os datos que se lle soliciten.
      4. O usuario poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento, de conformidade co establecido na lexislación vixente, dirixíndose por escrito ao Servizo de Atención ao Cliente de ABANCA, entidade responsable dos ficheiros, no seguinte enderezo: San Andrés 135-137, Planta baja CP 15003 – A Coruña.
      5. Mediante o envío de calquera formulario da web, o usuario presta o seu inequívoco consentimento ao réxime de tratamento dos datos de carácter persoal e do enderezo de correo electrónico que se describa no aviso sobre dito réxime habilitado no formulario correspondente.
      6. No caso de que entre as fins ás que ABANCA destine os datos se atope a de tratar os mesmos con fins publicitarias ou promocionais indicados no epígrafe b, no momento mesmo de encher o correspondente formulario o usuario poderá oporse a recibir informacións publicitarias ou promocionais marcando a casiña habilitada a tal efecto. Deste xeito, se o usuario quixera revocar en calquera momento futuro o consentimento prestado para a recepción de informacións publicitarias ou promocionais por correo electrónico ou outros medios de comunicación electrónica equivalentes, será suficiente con que o notifique a ABANCA mediante o envío dunha mensaxe ao enderezo de correo electrónico bajas@abanca.com.
      7. ABANCA tratará de forma comercial os datos de carácter persoal que o usuario lle proporcione, axustándose ao establecido na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal e nas normas que a desenvolvan ou complementen, e con aplicación das medidas de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade de ditos datos e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

      ABANCA informa ao usuario de que Google, Inc,, unha compañía de Delaware cuxa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos ("Google"), lle presta un servizo analítico. Google Analytics utiliza "cookies", que son arquivos de texto ubicados no ordenador do usuario, para axudar á web a analizar a utilización que fai o usuario dela. A información que xera a cookie sobre esta utilización (incluindo o enderezo IP do usuario) será directamente transmitida e arquivada por Google nos seus servidores de Estados Unidos. Google usuará esta información por conta de ABANCA co propósito de rastrexar a utilización da web por parte do usuario, recompilando informes da actividade da web e prestando outros servizos relacionados coa actividade da web e o uso de internet. Google poderá transmitir dita información a terceiros cando así llo requira a lexislación, ou cando ditos terceiros procesen a información por conta de Google. O usuario pode oporse ao tratamento dos datos ou da información se rexeita o uso de cookies: para iso ten que configurar de forma apropiada o seu navegador. Sen embargo, o usuario debe saber que se o fai é posible que non pida empregar todas as funcionalidades da web. Ao utilizar a web, o usuario consinte o tratamento de información acerca do propio usuario por Google na forma e para as fins indicadas.

      Ao utilizar a web, o usuario consente o tratamento dos seus datos de carácter persoal na forma e para as fins descritas neste apartado A.

    2. Cookies:

      Para consultar a información relativa ao uso de cookies na web, que forma parte destas condicións xerais de uso da web, véxase a política de cookies.

  2. Propiedade industrial e intelectual. Política de hiperenligazóns

    Todos os contidos incluidos na web e, en particular, as marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, fotografías, gráficos, logotipos, iconas, software e calquera outro signo ou elemento susceptible de utilización industrial ou comercial están protexidos polos dereitos de propiedade industrial e intelectual de ABANCA ou de terceiros titulares dos mesmos que autorizaron a súa inclusión na web. Queda, por tanto, expresamente prohibida calquera utilización ou reproducción de tales marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, fotografías, gráficos, logotipos, iconas, software e demais signos ou elementos susceptibles de utilización industrial ou comercial, sen o consentemento expreso e por escrito de ABANCA.

    ABANCA non será responsable da infracción dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes a terceiros qeu se derivase da inclusión na web de marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, fotografías, gráficos, logotipos, iconas, software e calquera outro signo ou elemento susceptible de utilización comercial pertencente a terceiros que declararan ser titulares dos mesmos e autorizaran a súa inclusión na web. En ningún caso entenderase que o acceso á web e á navegación por ela por parte do usuario comportan renuncia, transmisión, ou cesión total ou parcial dos antes citados dereitos por parte de ABANCA ou dos titulares correspondentes, nin da concesión de dereito, expectativa de dereito, ou autorización algunha para alterar, transformar, explotar, reproducir, distribuir ou comunicar publicamente os contidos incluidos na web, cuxa alteración, transformación, explotación, reproducción, distribución ou comunicación pública requerirá, en todo caso, da previa e expresa autorización por escrito de ABANCA ou dos titulares correspondentes.

    Non se poderá establecer ningún vínculo á web dende ningunha outra páxina web sen o consentimento previo e expreso de ABANCA por escrito. As ligazóns que se establezan deberán facerse sempre á páxina principal da web ou, no seu caso, a aquela páxina que o propio ABANCA determine, sendo dita ligazón absoluta e completa de modo e maneira que leve ao usuario ao sitio de ABANCA, que deberá abarcar completamente toda a extensión da pantalla da páxina principal.

    ABANCA non será responsable do contido das páxinas web de destino que se establezan mediante vínculos na web, nin tampouco das infracción de dereitos de terceiros nas que ditas páxinas puideran incurrir.

  3. Responsabilidade de ABANCA

    O usuario recoñece e acepta que a utilización da web e dos seus servizos realízase baixo a súa enteira e exclusiva responsabilidade.

    Non obstante, ABANCA adoptará en todo momento as medidas necesarias, dentro das súas posibilidades e tendo en conta o estado da tecnoloxía, para garantir o axeitado funcionamento da WEB e evitar a existencia e transmisión do virus e outros compoñentes que puideran perxudicar ao usuario.

  4. Obligacións do usuario

    O usuario está obrigado a utilizar os contidos da web de forma dilixente, correcta e lícita, e, en consecuencia, comprométese a:

    1. Non utilizar nunca os contidos da web con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e ás boas costumes xeralmente aceptadas ou á orde pública.
    2. Nunca reproducir, copiar, distribuir, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos incluidos na web, a menos que se conte coa correspondente autorización expresa e por escrito do seu titular.
    3. Non utilizar nunca os contidos da web para remitir publicidade, comunicacións coas fins de venda directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, mensaxes non solicitados dirixidos a unha pluraliade de persoas calquera que sexa a súa finalidade, nin comercializar ou divulgar de ningunha forma dita información.

Lexislación aplicable e xurisdicción competente

En todo caso, serán de aplicación ás relacións establecidas entre o usuario e ABANCA as normas do ordeamento xurídico español. ABANCA informa o usuario de que ABANCA se basea na lexislación do Estado español para establecer relacións co consumidor antes da celebración dos contratos. Para os casos en que a normativa lles permita ás partes a posibilidade de someterse voluntariamente a un foro, ABANCA e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense ao dos Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña para a resolución de calquera litixio ou controversia que puidera xerarse con motivo das relacións establecidas entre o usuario e ABANCA.

Medios técnicos

Todos os medios técnicos que sexan necesarios para acceder á web e á prestación dos servizos ofertados nela por ABANCA serán por conta exclusiva do usuario, así como tamén calquera imposto ou gasto doutro tipo aos que a prestación destes servizos dera lugar.

  • Política de privacidade web
  • Política de privacidade de clientes
  • Política de cookies
  • Aviso legal
  • Taboleiro de anuncios
  • Somos accesibles
  • 981 910 522
  • Axudámosche
  • @somosABANCA
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Presenza Internacional
    • Sala de comunicación
    • Banesco Internacional
    • Contáctanos
    • Servizo de Atención ao Cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade web
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Seguridade
    • Outra información legal
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Cuentas Claras: Blog de ABANCA
    • Área cliente
    • Área cliente empresas
    • Bróker online
    • ABANCA Servicios financieros
    • ABANCA USA
    • ABANCA Portugal
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Open Banking
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
prb-logo-colour
© 2019 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.