Información financeira:
Acceda á información completa e detallada que certifica a excelencia e o sólido desempeño de ABANCA. Facilitámoslle toda a documentación para que poida analizar os nosos últimos fitos financeiros.

Ratings do emisor: máxima solidez no mercado
O noso rating de entidade sitúase amplamente en Investment Grade (Grao de Investimento), cun posicionamento que avala a consolidación da nosa estrutura financeira e modelo de negocio.
A mellora continua nas cualificacións de ABANCA recoñece a boa evolución da entidade en todos os ámbitos, especialmente en rendibilidade, solvencia, liquidez, calidade dos activos e fortaleza do balance. As axencias premian tamén a estratexia de crecemento levada a cabo pola entidade nos últimos anos, así como a solidez da súa franquía de ámbito ibérico.
| Axencia | Data de modificación | Longo prazo | Curto prazo | Perspectiva | Fortaleza financeira | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Fitch Ratings* | mai/26 | BBB+/A- | F2 | Estable/N.A | bbb+ | bbb+ | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Moody's* | abr/26 | A3/A3 | P-2 | Estable/Positiva | baa1 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| DBRS | feb/25 | A (low) | R-1 (low) | Estable | A (low) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| *Rating a longo prazo Fitch: BBB+ Long term IDR, perspectiva estable / A- Long term Deposit, sen perspectiva asignada. Rating a longo prazo Moody's: A3 Long Term Debt (Senior Unsecured), perspectiva estable / A3 Long Term Deposit (LT Bank Deposits), perspectiva positiva. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ratings ESG
Mantemos un compromiso firme coa sustentabilidade, avalado polas avaliacións das principais axencias de cualificación ESG do mercado. Entre elas, Sustainalytics sitúanos no nivel de 'Risco inapreciable' ('Negligible Risk'), a súa categoría de máxima excelencia, consolidándonos como a segunda entidade financeira a nivel mundial na nosa categoría polo noso desempeño na xestión de riscos ambientais, sociais e de gobernanza.
A entidade mantén un firme compromiso coa sustentabilidade, avalado polas avaliacións das principais axencias de cualificación ESG do mercado.

| Axencia | Rating |
|---|---|
| Sustainalytics | 8.7 (Negligible) |
| ISS ESG Ratings | C+ (Prime Category) |
Podes contactar coa Oficina de Relación con Investidores de ABANCA Corporación Bancaria, S.A. no correo electrónico ir@abanca.com, ou tamén por teléfono (981 188 006) ou por correo postal en Rúa Nova 30, 4ª, 15003 A Coruña (España).
