Autónomos
En ABANCA poderás contar cun xestor especializado e cun equipo especializado dende o primeiro momento, que te acompañará no que precises. Dende abrir unha conta sen comisións, as túas xestións do día a día ou o financiamento que fará medrar o teu negocio. Tamén estamos ao teu lado para asegurar a tranquilidade da túa empresa cos nosos seguros.
Solucións para profesionais e autónomos
Goza dunha conta deseñada para autónomos e profesionais, sexan do sector que sexan. Leva 500 € por domiciliar a túa cota de autónomo. Sen comisións (0% TAE) e con todo o que precisas para xestionar as túas finanzas.
E se precisas realizar as xestións habituais da túa empresa desde o teu ordenador ou tableta, accede á banca electrónica empresas.

Solucións para Negocios
Goza dunha conta deseñada para quen xestiona o día a día dunha microempresa ou pequeno negocio, sexa do sector que sexa.


Cobranzas e pagos adaptados ás túas necesidades

Servizo Aplazos
Ofrecémosche solucións prácticas, tanto para cubrir necesidades inmediatas como proxectos a longo prazo, facilitando unha xestión sinxela e eficiente do capital do teu negocio.

Liña de crédito
- Conseguir liquidez ao momento
- O importe que necesites

Desconto comercial
- Financiación a curto prazo
- Anticipar o cobro das facturas

Un préstamo para negocios á medida
- Necesidade puntual
- Solución estrutural para a túa tesourería

Liña de financiamento de impostos
- Terás durante 12 meses unha liña marco por un importe máximo
- Poderás simplificar e axilizar o pago dos teus impostos
Se es autónomo ou tes un comercio, necesitas un seguro para protexer os teus bens, empregados e clientes ante calquera prexuízo ou sinistro. E se es autónomo tamén podes gozar dun plan para o teu futuro.

Seguro de Responsabilidade Civil
- Protección a medida segundo a modalidade
- Protección contra fraude informática
- Cobre infracción de protección de datos

Seguro de Negocios
- Todo tipo de imprevistos
- Contrata as coberturas que necesites
- Inclúe defensa xurídica e asistencia xurídica telefónica

Plans de Pensións autónomos
Un plan que che axuda a aforrar máis
- Xera un maior aforro financeiro
- Realiza achegas periódicas ou extraordinarias
- Bénéficate de vantaxes fiscais